Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2017 pola que se fai pública a formalización da subministración dun tractor con guindastre e remolque para o Centro Integrado de Formación Profesional Santiago, dependente desta consellería (expediente 2017_005_SXT_OPL).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2017_005_SXT_OPL.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante:

http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición: subministración dun tractor con guindastre e remolque para o Centro Integrado de Formación Profesional Santiago, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

c) División por lotes: non.

d) CPV: 16700000-2 (tractor).

e) Acordo marco: non.

f) Tipo de fondo: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma correspondentes á Consellería de Economía, Emprego e Industria.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

h) Data de publicación do anuncio de licitación: 4 de xullo de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado: cento trinta e nove mil seiscentos cincuenta euros (139.650,00 €).

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18 de setembro de 2017.

b) Data de formalización: 27 de setembro de 2017.

c) Contratista: Agrícola Castelao, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: 136.940,00 € + 28.757,40 € (IVE 21 %) = 165.697,40 €.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2017

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria