Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 9 de maio de 2018 Páx. 23798

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fai pública a relación de persoas declaradas aptas para formar parte das bolsas para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.

Con data do 2 de abril de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 28 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se aprobaban as listas definitivas do persoal que superara a proba tipo test e a de galego, no procedemento para selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, e se convocaba para a realización do curso de formación.

Finalizado o 30 de abril o curso de formación práctica en liña, convocado pola Escola Galega de Administración Pública, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a relación de persoas declaradas aptas no curso práctico de formación pola Escola Galega de Administración Pública no portal de servizos web Eidolocal e na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal/tramitar/PR410A

Segundo. Publicar a relación de persoas integrantes das listas correspondentes ás subescalas de Secretaría-Intervención, Secretaría e Intervención-Tesouraría para a selección de persoal interino para a cobertura de postos de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional das citadas subescalas, no portal de servizos web Eidolocal e na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal/tramitar/PR410A

Terceiro. Estas bolsas entrarán en vigor o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de exposición das persoas declaradas aptas tras a realización do curso de formación.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2018

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local