Xunta de Galicia

Xeración e presentación de solicitudes para as listas de contratación temporal

Esta aplicación permitiralle xerar todas as solicitudes normalizadas para as listas de contratación temporal e presentar telematicamente as solicitudes que teñan habilitada esta funcionalidade.

Actualmente están en vigor tres decretos distintos de xestión de listas de contratación. Cada un dos decretos define un comportamento moi distinto do funcionamento das listas, e para cada un deles hai unha aplicación de xestión.

Inclusión nas listas. Decreto 37/2006

Documentación que se debe presentar

Os documentos que deberán presentar os interesados para a inscrición nas listas de contratación temporal son os seguintes:

Solicitude de inscrición debidamente cuberta. O modelo de solicitude de inscrición nas listas de contratación temporal e nomeamento de persoal interino estará a disposición dos interesados, a partir do 1 de marzo deste ano, na páxina web da Xunta de Galicia, no apartado de listas de contratación temporal. Esta solicitude deberá ser presentada nos rexistros da Xunta de Galicia ou demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, xunto co resto da documentación requirida.

Impreso de pagamento da taxa. Segundo o disposto no anexo I da Lei 6/2003, do 9 de decembro de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, modificada pola Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, o importe da taxa por inscrición nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo na Administración da Comunidade Autónoma é para o ano 2014 de 16,98 €.

De acordo co establecido no artigo 23 da Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia estarán exentos do pagamento da taxa para a inscrición nas listas de contratación:

  • Persoas con minusvalía igual ou superior ao 33%. Esta circunstancia acreditarase coa copia compulsada do certificado de discapacidade ou da resolución pola que se declara a incapacidade permanente total.
  • Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. No caso de membros de categoría xeral terán unha bonificación do 50%. Este extremo acreditarase coa copia compulsada do título de familia numerosa.
  • Persoas que figuraren como demandantes de emprego dende, polo menos 6 meses antes á data de convocatoria. Será requisito para o goce da exención do 50% do importe da taxa que non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego. A acreditación desta situación farase coa certificación expedida pola oficina de emprego no que conste que a/o aspirante figura como demandante de emprego dende, polo menos, o 1 de setembro de 2013 ata a data da súa solicitude e que na data da solicitude non percibe prestación ou subsidio por desemprego.

Certificado debidamente compulsado do grao de coñecemento do idioma galego.

Fotocopia, debidamente compulsada, que acredite a titulación requirida e os demais requisitos da lista.

De conformidade co Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, non será necesaria a presentación da fotocopia do DNI xunto coa instancia de inclusión nas listas, sempre e cando o interesado manifeste o seu consentimento expreso, que deberá constar na mesma solicitude, para que o órgano competente poida acceder á comprobación dos seus datos de identidade.

LISTAS ABERTAS


Información importante para o correcto funcionamento da aplicación

Para que a aplicación funcione correctamente en Internet Explorer debe escollerse o nivel de seguridade Medio-Alto. (Accedendo ao menú Ferramentas>Opcións de Internet>Escoller a solapa "Seguridade">En "Nivel de seguridade para esta zona" escoller Medio-Alto.

Para presentar telematicamente a solicitude con validación por SMS debe empregar algún teléfono móbil proporcionado nalgunha das súas solicitudes de inclusión, reinclusión ou modificación de datos persoais. O sistema non lle pode proporcionar a información dos seus teléfonos por restricións impostas pola LOPD (Lei Orgánica de Protección de Datos). O teléfono debe pertencer a algunha destas compañías: Movistar, Vodafone, Orange ou Yoigo.

Xeración de solicitudes

Outras funcionalidades:

Modificación de datos persoais

A solicitude pode presentarse en calquera momento, producindo efectos na xestión das listas transcorridos 15 días naturais contados desde a data de solicitude de modificación.

Xeración de solicitudes

Suspensión de chamamentos

A solicitude poderán presentala os integrantes das listas que non se atopen prestando servizos polo Decreto 37/2006. A dita solicitude, que será irrenunciable, terá efectos suspensivos nas citacións en todas as listas en que estea inscrito o solicitante. Os seus efectos produciranse desde o décimo día natural seguinte contado desde a presentación da solicitude de suspensión no rexistro do órgano competente. O tempo de duración desta, a elección da/o interesada/o, será de dous, seis ou doce meses computados desde a data de efectos da suspensión.

Xeración de solicitudes

Modificación de ámbitos

A solicitude pode presentarse no mes de xaneiro de todos os anos, tendo efectos na xestión das listas a partir do 1 de marzo seguinte.

Xeración de solicitudes

Modificación do concello de empadroamento

Só para as categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga. A solicitude pode presentarse no mes de xaneiro de cada ano, tendo efectos na xestión das listas a partir do 1 de marzo seguinte. Deberá achegarse coa solicitude a copia compulsada do certificado de empadroamento. Esta solicitude poderá afectar a baremación segundo se establece no artigo 9. bis letra b) do Decreto 5/2007.

Xeración de solicitudes

Actualización de méritos

Só para as categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga. A solicitude de actualización dos méritos referidos a servizos prestados en concellos e mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables, pode presentarse no mes de xaneiro de cada ano e deberá acompañarse do certificado de servizos prestados no concello ou mancomunidade de municipios.

Xeración de solicitudes

Contactos relacionados

  • Dúbidas técnicas sobre a aplicación informática

    Teléfono: 881 999 883 ; Fax: 981 545 225
    Correo-e: soporte.rrhh@xunta.es

  • Información e resolución de dúbidas

    Teléfono: 981 545 236; 981 541 574; 981 957 659; 881 999 367; 981 545 254