Medallas de Galicia

Medallas de Galicia 1997

Medallas de Ouro 1997

Citroën Hispania, S.A.

Empresa automobilística

En 1958, nuns antigos almacéns da aduana en Vigo, inicia a súa actividade Citroën Hispania. Buscando fórmulas para entrar no restritivo mercado español da época autárquica, a empresa francesa decídese pola cidade de Vigo.

Dispor dunha Zona Franca, que simplificaba os trámites administrativos; a situación da  cidade, que facilitaba a exportación cara a América e África, pero sobre todo a comunicación coa cidade bretoa de Lorient; e dispor de enerxía eléctrica garantida; son as claves da elección da cidade viguesa. O mesmo día que se ensambla o primeiro vehículo, unha furgoneta AZU derivada do 2 CV, ponse a primeira pedra das instalacións definitivas: a planta de Balaídos.

Dos 400 vehículos producidos aquel primeiro ano, ata os case 600.000 anuais de comezos do século XXI, Citroën Hispania viviu fondas transformacións, desde a chegada de Peugeot, ata a súa conversión en Centro Piloto do Grupo PSA. Todo isto sen deixar de ser en todo momento un revulsivo e dinamizador económico e social, un referente de desenvolvemento e innovación, para Vigo e a súa comarca. Neste longo camiño modelos históricos como o 2 CV, Dyane 6, C15, Berlingo, Peugeot Partner ou Picasso.

Julio María Sanguinetti

Montevideo, 1936

Presidente da República Oriental do Uruguai

Membro dunha familia de extracción burguesa e orixes italianas, realiza estudos de Dereito e Ciencias Sociais na Universidade de Montevideo. A súa traxectoria móvese a cabalo entre o xornalismo e a política.

Como colaborador, redactor ou fundador, participa en diversos medios, tanto uruguaios, Acción, El Día, Correo de los Viernes…; coma españois, Axencia EFE e El País.

Afíliase ao Partido Colorado, formación liberal en que conviven sensibilidades progresistas e conservadoras, e en 1963 é elixido deputado por primeira vez. Nos anos previos ao golpe de 1973, ocupa varios ministerios en diversos gobernos. Encabeza a delegación do Partido Colorado nas negociacións cos militares para a transición pacífica á democracia que culminan en 1984 co Pacto do Club Naval.

Nas primeiras eleccións tras a ditadura cívico-militar, é elixido presidente (1985-1990), cargo para o que consegue ser reelixido en 1995, algo bastante insólito na historia uruguaia. Sanguinetti desenvolve uns mandatos progresistas no político, aínda que con polémicas como a Lei de Punto Final, e máis conservadores no económico.

Desde 1996 impulsa o Círculo de Montevideo como foro de debate sobre Iberoamérica, co apoio de personalidades como Belisario Betancur, Ricardo Lagos, Felipe González ou Fernando Cardoso.

Autor de múltiples artigos xornalísticos e varios libros, é doutor honoris causa polas universidades de Brasilia, Asunción, Moscú, Xénova e Bucarest. Distinguido coa Medalla de Ouro de Galicia, tamén recibiu, entre outras, a Orde do Sol peruana e a de Isabel A Católica española. 

Medallas de Prata 1997

Hijos de Rivera, S.A.
José Carlos del Álamo Jiménez
Fernando Aldana Mayor
Michael Bowman
Centro Español y Repatriación de Santos (Brasil)
Congregación de las Hermanitas de los Ancianos Desamparados de Galicia
Mª de los Ángeles de la Gándara Barrio
Carlos Hernández Sande
Siro López Lorenzo
Vicente Quinta Alfaya
José Rodríguez López
Xulia Vaquero Sousa
Toñi Vicente
Eulogio Gestal Varela

Medallas de Bronce 1997

Adega Cooperativa Sta. Mª dos Remedios
Adega Cooperativa Virxe das Viñas
Enrique Cal Pardo
José Luis Guillín Pérez
Francisco Martínez Cortiña
Manuel Moreira Carrascal
María Neyra González
Restaurante Loliña
Manuel Robla Riesco
José María Salgado López
Francisco José Traspuesto Miguel
Maximino Viaño García
Juan Zapata Cubeiro

Discursos