Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 2000 Páx. 2.821

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan Parcial B-10, predio A Corva-San Brais do Plan Xeral de Ordenación Urbana con publicación de normativa.

O Pleno da Corporación, en sesión do 30-10-1999, aprobou definitivamente o plan parcial do polígono B-10 predio A Corva-San Brais do vixente plan xeral de ordenación urbana, formulado, mediante iniciativa particular por Corvona, Sociedad Cooperativa Limitada e redactada polos arquitectos José Vicente Rodríguez Pagán e Daniel Gómez Ayuso, con visado da Delegación en Pontevedra do COAG con data do 20-5-1999, sendo publicado o texto da normativa deste documento no BOP número 247, do 28-12-1999.

O que se fai público para a súa executividade significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer directamente por quen se considere lexitimado o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte o establecido nos artigos 10.1º 6) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme a dereito, significándolle que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2000.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral