Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Monterroso.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: concesión do servicio de explotación do vertedoiro de residuos da construcción.

b) Lugar de execución: Cumbraos. Monterroso.

c) Prazo de execución: ata a saturación e selaxe do vertedoiro cun máximo de 25 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

A retribución do concesionario será o importe das tarifas cobradas ós usuarios, nas condicións que se establecen na ordenanza fiscal reguladora desta e na base XII do prego de condicións.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 6.010,12 euros.

6. Obtención de información: Concello de Monterroso-Praza de Galicia 1. Teléfono: 982 37 70 01-Fax: 982 37 76 17.

a) Data límite para obtela: ata que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica financeira e técnica: será acreditada polos medios que se establecen na base décimo sétima, parágrafos 7 e 8 (sobre A).

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Lugo, tomando como data para o comezo do cómputo o seguinte ó da derradeira publicación que se produza.

b) Documentación que integrará as ofertas:

-Sobre A: denominado «proposición económica e técnica», comprenderá todos e cada un dos documentos que se sinalan na base 16.2.

-Sobre B: denominado «documentos xerais» comprenderá a documentación que se sinala na base 16.2, parágrafos 1 ó 9 respectivamente.

-Sobre C: comprenderá a proposición económica segundo o modelo que se establece na base décimo sétima.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Monterroso. Praza de Galicia nº 1. C.P. 27560 Monterroso (Lugo).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes contado desde a data en que remate o prazo de presentación das ofertas.

9. Apertura de ofertas: na Casa do Concello de Monterroso o quinto día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación, ás doce horas.

10. Gastos dos anuncios: será por conta do adxudicatario o aboamento de cantos anuncios se publiquen con ocasión deste contrato.

Monterroso, 21 de maio de 2003.

Antonio Edelmiro Gato Soengas

Alcalde-presidente