Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 1995 Páx. 1.154

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 27 de xaneiro de 1995 pola que se clasifica como científico-sanitaria a Fundación Galicia Clínica.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Galicia Clínica, con domicilio na Coruña, As Xubias, 84, Hospital Juan Canalejo, piso 9º, Servicio de Medicina Interna B.

Supostos de feito.-

1.-Que José Domingo Pedreira Andrade, na condición de presidente do padroado da fundación, en escrito do 29 de agosto de 1994, formulou solicitude de clasificación dela para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2.-Que a fundación foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña o día 29 de xullo de 1994 ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña Pablo Valencia Ces, co número dous mil cento dezaseis do seu protocolo, por Alfonso Castro Beiras, María de los Ángeles Castro Iglesias e José Domingo Pedreira Andrade. Interveñen no seu propio nome e dereito. O 9 de decembro de 1994 outórgase na Coruña escritura de adoptación e formalización de

acordos e complementaria de carta fundacional ante o mesmo notario e polos mesmos comparecentes.

3.-Que, segundo consta no artigo segundo dos seus estatutos, o obxecto da fundación é a edición, publicación e distribución da revista médico-científica denominada Galicia Clínica.

4.-Que o padroado da fundación estará constituído por José Domingo Pedreira Andrade como presidente, María de los Ángeles Castro Iglesias como secretaria e Alfonso Castro Beiras como vocal.

5.-Que a comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevou ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación cómo científico-sanitaria da Fundación Galicia Clínica, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1 e 2 do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese sanitario e a súa adscrición á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.-

1.-Que o artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e que o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía para Galicia lle outorga competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2.-Que, de acordo co disposto no artigo 32.2.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3.-Que, á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 23 de xaneiro de 1995.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como científico-sanitaria a Fundación Galicia Clínica, adscribíndoa á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, que exercerá plenamente sobre ela.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública