Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 04 de xullo de 1996 Páx. 6.588

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se convoca un curso de diplomados en enfermería de empresa.

A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia, deacordo coas previsións legais

e coa finalidade de potencia-la formación e capacidade dos profesionales sanitarios, no ámbito da saúde laboral, convoca un curso de diplomado en enfermería de empresa, en colaboración coa Escola Universitaria de Enfermería de Ferrol (Universidade da Coruña), en execución das previsións contidas no convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e a Universidade da Coruña, o 14 de xuño de 1996 e de acordo cos criterios da Escola Nacional de Medicina do Traballo.

Polo tanto, esta secretaría xeral, no exercicio das atribucións conferidas polo Decreto 63/1996, da estructura orgánica dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG nº 41, do 27 de febreiro de 1996), convoca o citado curso para a formación en ATS/DUE con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria.

I.-Normas xerais.

1.1. Convócase un curso de diplomados en enfermería de empresa en colaboración coa Universidade da Coruña a través da Escola de Enfermería de Ferrol, que se celebra nesta mesma cidade.

1.2. O número de prazas que se convocan para este curso é de 30, que se cubrirán por concurso de méritos se o número de solicitudes excede da citada cifra.

1.3. Os méritos valorables no concurso serán os que se establecen no baremo que figura como anexo I da presente convocatoria.

1.4. Non serán valorables os méritos que non sexan debidamente acreditados.

1.5. A presentación de documentación acreditativa dos méritos alegados distinta á requirida ou a non presentación dela, producirá a non valoración dos correspondentes méritos, pero non será causa de exclusión do aspirante para participar no proceso de selección.

II.-Requisitos.

2.1. Será requisito común para tódolos aspirantes posuí-lo título de diplomado en enfermería ou axudante técnico sanitario, ou practicante ou enfermeira, que se acreditará mediante a presentación do título orixinal ou fotocopia compulsada.

2.2. Os aspirantes ás prazas haberán de posuí-la nacionalidade española, que se acreditará coa presentación dunha copia compulsada do documento nacional de identidade.

2.3. Os requisitos establecidos nas bases 2.1 e 2.2 deberanse cumprir no momento de remata-lo prazo de presentación de instancias.

III.-Solicitudes.

3.1. A solicitude para tomar parte no curso axustarase ó modelo oficial, que figura como anexo II da presente convocatoria.

3.2. Xunto coa solicitude, os aspirantes presentarán a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos específicos da base II, así como a documentación acreditativa dos méritos achegados.

3.3. As solicitudes serán dirixidas ó director do curso de diplomados de enfermería de empresa. Universidade da Coruña. Escola Universitaria de Enfermería de Ferrol. Rúa San Ramón s/n. Campus Universitario de Esteiro. 15403 Ferrol (A Coruña).

3.4. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, que se contarán a partir do seguinte á ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

3.5. Rematado o prazo de presentación de instancias, a dirección do curso e os respectivos organismos competentes farán públicas as listas de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión.

3.6. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación das listas, para emenda-lo defecto que motivase a súa exclusión.

IV.-Comisión de selección.

4.1. O proceso de selección será levado a cabo pola comisión de selección, que será presidida polo secretarío xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou persoa en quen expresamente delegue estas funcións.

4.2. A comisión de selección, ademais do presidente, contará con catro vocais. Dous deles serán representantes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e os outros dous en representación da Escola de Enfermería de Ferrol. Actuará como secretario un representante da Universidade da Coruña. Cada membro da comisión de selección terá un suplente.

4.3. A composición da comisión de selección, determinarase por resolución do secretario xeral, dando coñecemento á Escola Nacional de Medicina do Traballo da composición dela. Esta resolución publicarase nos taboleiros de anuncios da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Escola Universitaria de Enfermería de Ferrol.

V.-Proceso de selección.

5.1. A comisión de selección á que fai referencia a base IV procederá a valora-los méritos que, debidamente acreditados, sexan achegados polos solicitantes, aplicando para iso o baremo que figura como anexo I da presente convocatoria.

5.2. No caso de posible empate, terá prioridade o aspirante que conte con maior puntuación no capítulo 2 do baremo establecido que figura no anexo I «Méritos profesionais en saúde laboral», e no caso de novo empate, o aspirante de maior idade.

5.3. Rematado o proceso de valoración, a comisión de selección elaborará unha lista provisional dos

aspirantes por orde correlativa da puntuación obtida por cada un deles.

5.4.As listas provisionais publicaranse no taboleiro de anuncios da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e na Escola Universitaria de Enfermería do Ferrol.

5.5. Contra as listas provisionais, os interesados poderán formular reclamación ante o secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da súa publicación nos taboleiros de anuncios indicados na base 5.4. Estas reclamacións serán resoltas mediante resolución do secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

5.6. Rematado o prazo de reclamacións, e tendo en conta as resolucións recaídas nelas, elaboraranse as listas definitivas de admitidos a cada curso, ás que se lles dará a mesma publicidade cás listas provisionais.

5.7. Ó se publica-las listas de admitidos, especificaranse os prazos para formaliza-la matrícula, o lugar en que deberá facerse, seu importe da mesma, a data de comezo do curso e o centro onde se desenvolverá.

VI.-Desenvolvemento do curso.

6.1. O curso desenvolverase por medio de ensinanzas teóricas e prácticas de trescentas horas e nas materias establecidas no anexo III.

6.2. Os alumnos matriculados estarán obrigados a asistir ás clases teóricas e prácticas. A ausencia superior a un 10 % das horas lectivas dará lugar á perda de tódolos dereitos do alumno incluído o importe da matrícula.

6.3. A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e a Escola Universitaria de Enfermería de Ferrol, de acordo coa comisión de seguimento, determinarán o tipo de probas que terán que supera-los aspirantes ó diploma que será expedido pola Escola Nacional de Medicina do Traballo.

VII.-Comisión de seguimento.

7.1. Co fin de establece-la necesaria coordinación, vixilancia e arbitraxe da convocatoria e determina-los criterios para o desenvolvemento e avaliación dos cursos, crearase unha comisión de seguimento.

7.2. A comisión de seguimento constituirase na Escola Universitaria de Enfermería de Ferrol e será presidida polo director do curso, e dela formarán parte os coordinadores dos módulos correspondentes ó programa do curso.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1996.

Carlos Negreira Souto

Secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Baremo de méritos académicos e profesionais

1. Méritos académicos correspondentes ós estudios de diplomado en enfermería ou axudante técnico sanitario ou practicante ou enfermeira.

Cualificación por curso, nota media:

Sobresaliente con matrícula de honra: puntos.

Sobresaliente1,00 punto.

Para a obtención da nota media non se terá en conta as cualificacións obtidas nas materias de relixión, moral profesional, deontoloxía e ética, educación física, formación política, ensinanza de fogar e idiomas.

Estes méritos acreditaranse mediante certificación académica oficial orixinal ou fotocopia, debidamente legalizada ou compulsada.

2. Méritos profesionais en saúde laboral.

2.1. Cursos de saúde laboral: valoraranse os desenvolvidos na Escola Nacional de Medicina do Traballo, Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, Escolas Profesionais de Medicina do Traballo da Universidade e da Escola Nacional de Sanidade, así como aqueles organizados por institucións privadas acreditadas pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia.

Avaliaranse as horas lectivas acreditadas por diploma ou certificado (especificando a duración total do curso), con 0,2 puntos cada dez horas, ata un máximo de 2 puntos.

2.2. Traballos científicos en saúde laboral. Valoraranse os traballos científicos sobre saúde laboral publicados en revistas científicas españolas ou estranxeiras, así como comunicacións sobre saúde laboral aceptados e presentados en congresos. Para a súa valoración deberanse presentar separatas ou fotocopias legalizadas ou compulsadas dos traballos xa publicados.

Concederase unha puntuación de 0 a 1 punto por traballo publicado, a criterio da comisión de selección, ata un máximo de 3 puntos.

2.3. Servicios prestados en servicios de prevención das empresas, como ATS, diplomado en enfermería ou pertenza ó corpo de ATS, visitador da seguridade social, sistemas automáticos de saúde ou do Instituto Social da Mariña.

Valoraranse os servicios prestados en servicios médicos de empresa, ou en actividades de prevención en mutuas de accidentes de traballo e enfermidade profesional con caracter interino, eventual ou contratado, que se desempeñen na data en que se publica a presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Os devanditos servicios acreditaranse con certificación oficial, na que conste de xeito expreso os anteriores requisitos, ou coa demostra

ción dun vínculo laboral fidedigno (TC2, nómina oficial, etc.), e a súa validez será determinada pola comisión de selección.

Os aspirantes que pertenzan ó corpo de ATS-visitadores da Seguridade Social (Insalud ou Instituto Social da Mariña ou sistemas autonómicos de saúde), deberán de atoparse en activo no desempeño da súa praza e realizando funcións relacionadas coa saúde laboral, o que acreditará perante a presentación de certificación expedidas pola autoridade correspondente, que asuma as competencias en saúde laboral en cada ámbito territorial.

Valorarase con 0,1 punto por mes traballado, ata un máximo de 4 puntos.

ANEXO II

Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Universidade da Coruña

Don/anacido/a

natural deprovincia de

con domicilio enprovincia

derúa, nº...., CP...........

En posesión do título de diplomado en enfermería (axudante técnico sanitario/practicante/enfermeira,

EXPÓN:

Que desexa participar no curso de diplomado en enfermería de empresa, que se celebrará na Escola de Enfermería de Ferrol, polo que acepta todas e cada unha das condicións expresadas nas bases da súa convocatoria, polo que

SOLICITA:

Que lle sexa admitida a presente solicitude e documentación adxunta, co fin de tomar parte no devandito curso.

Sr. Director do Curso de Diplomado de Enfermería de Empresa

Escola Universitaria de Enfermería

Rúa San Ramón s/n. Campus Universitario de Esteiro. 15403 Ferrol. (A Coruña)

Baremo de méritos

Puntos

BaremoAuto valoraciónComprobación

Cualificación por expediente académico (nota media)
Sobresalinte con matrícula de honor2,00
Sobresalinte1,00
Méritos profesionais en saúde laboral

Baremo de méritos

Puntos

BaremoAuto valoraciónComprobación

Horas lectivas en cursos de saúde laboral0 a 2
Traballos científicos en saúde laboral0 a 3
Servicios prestados en saúde laboral0 a 4

Total

ANEXO III

Temario do curso

(300 horas lectivas)

I.-Saúde pública aplicada ó eido laboral.

Saúde pública aplicada ó eido laboral.

Atención primaria.

Estatística.

Epidemioloxía.

II.-O medio laboral como factor de risco.

Seguridade do traballo.

Hixiene do traballo.

Ergonomía.

Mapa de riscos e danos.

Riscos físicos, químicos, biolóxicos e psicosociais.

Análises do posto de traballo.

III.-Patoloxías relacionadas coa actividade laboral.

Fisioloxía do traballo.

Psicoloxia do traballo.

Principais patoloxías laborais.

Incapacidades laborais.

Enfermidades profesionais.

IV.-Normativa en saúde laboral. Organización. Estructura e deseño.

Normativa e actividades do servicio das empresas.

Coordinación con outras estructuras.

Atención directa de enfermería no eido laboral.

Dereito laboral.

Estructuras implicadas na saúde laboral.

V.-Métodos de intervención para a prevención no marco dos servicios de saúde laboral.

Eduación sanitaria no medio laboral.

Rehabilitación e readaptación laboral.

Prevención postural e cinética.

Promoción de saúde no eido laboral.

3479