Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 04 de xullo de 1996 Páx. 6.588

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 18 de xuño de 1996 (DOG do 21) pola que se establecen os postos de traballo docentes dos centros de educación infantil e primaria e educación primaria, así como as vacantes do primeiro ciclo de educación secundaria que corresponde prover por funcionarios do corpo de mestres.

Advertidos erros na orde que se indica, cómpre efectua-las correspondentes rectificacións.

Así, na páxina 6.105, onde di: «Localidade: A Coruña-Colexio de Educación Infantil e Primaria San Pedro de Visma 1 posto de traballo de AL», debe dicir, «2 postos de traballo de AL», total postos de traballo 25.

Na páxina 6.105, onde di: «Localidade: A Coruña-Colexio de Educación Infantil e Primaria Juan Fernández Latorre 1 posto de traballo de AL», debe dicir, «2 postos de traballo de AL», total postos de traballo 25.

Na páxina 6.106, onde di: «Localidade: Ferrol-Colexio de Educación Infantil e Primaria de Pazos, 1 posto de traballo de AL», debe dicir, «2 postos de traballo de AL», total postos de traballo, 12.

Na páxina 6.123, onde di: «Localidade: Verín-Colexio de Educación Infantil e Primaria Amaro Refojo, 1 posto de traballo de AL», debe dicir: «2 postos de traballo de AL», total postos traballo 26.

Na páxina 6.135, onde di: «Concello: Coristanco. Localidade: Esfarrapada. Centro: Colexio Rural Agrupado», debe dicir: «Colexio Rural Agrupado Novo Mencer».

Na páxina 6.144, onde di: «Localidade: Bande. Instituto Secundaria de Bande, total de unidades de 1º e 2º ciclo da ESO 4; postos de traballo para funcionarios do corpo de mestres 1 de PT», debe dicir: «total de unidades de 1º e 2º ciclo da ESO 8; postos de traballo para funcionarios do corpo de mestres 1 de LG, 1 de LC, 1 de FI, 1 de CS, 1 de MT, 1 de CN, 0 de EF, 0 de EM e 1 de PT. Total 7».

5073