Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 06 de agosto de 1996 Páx. 7.510

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de xullo de 1996 pola que se resolve provisionalmente a convocatoria de axudas económicas para o curso 1996-1997 a unidades que escolaricen alumnos de educación infantil de 4 ou 5 anos en centros docentes privados.

A Orde do 19 de marzo de 1996 (DOG do 9 de maio) establece o Regulamento para a concesión de axudas económicas para o curso 1996-1997 a unidades que escolaricen alumnos de educación infantil de 4 ou 5 anos en centros docentes privados.

Avaliadas polas correspondentes comisións as solicitudes presentadas cómpre proceder a resolver provisionalmente a devandita convocatoria e á vista da proposta formulada pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros. Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver provisionalmente a convocatoria de axudas económicas para o curso 1996-1997, concedendo as que se indican no anexo da presente orde.

Segundo.-Segundo o establecido no punto décimo cuarto da Orde do 19 de marzo de 1996, os titulares dos centros que figuran no anexo desta orde remitirán ó Servicio de Inspección, entre o 16 e o 30 de setembro de 1996, certificación do número de alumnos definitivamente matriculados en cada unha das unidades subvencionadas. O Servicio de Inspección, feitas as oportunas comprobacións, remitirá, antes do 11 de outubro de 1996 e xunto co seu informe, á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros a devandita certificación.

Terceiro.-Á vista das certificacións e dos informes sinalados no punto anterior, a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros formularalle ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución definitiva, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

5785