Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 06 de agosto de 1996 Páx. 7.497

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ratifican os estatutos da Federación Galega de Ximnasia.

Visto o estatuto da Federación Deportiva Galega de Ximnasia e a acta de aprobación da súa asemblea xeral extraordinarida do 9-3-1996.

Visto o informe da sección de Rexistro de Clubs e Asuntos Xurídicos, a Orde do 28 de xullo de 1994, de desenvolvemento do Decreto 228/1994, do 14 de xullo, reguladora das federacións deportivas galegas, a Lei 10/1990, xeral do deporte, e demais normativa aplicable,

RESOLVO:

Ratificar con efectos desde a aprobación da súa asemblea os estatutos aprobados de conformidade co artigo 8 da Orde do 28 de xullo de 1995 e autoriza-la publicación dos estatutos no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 1996.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario para o Deporte

TÍTULO I

Disposicións xerais

Capítulo I

Denominación, natureza xurídica, obxeto social e domicilio

Artigo 1º

A Federación Galega de Ximnasia é unha entidade privada, con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro, o seu ámbito de territorialidade comprende a Comunidade Autónoma de Galicia no desenvolvemento das competencias que lle son propias, que está integrada polas entidades deportivas, deportistas, técnicos, adestradores, xuíces-árbitros e outros colectivos dedicados á práctica do deporte de ximnasia, nas seguintes modalidades gimnásticas: ximnasia artística masculina, ximnasia artística feminina, ximnasia rítmica deportiva, aerobic e trampolín, afiliada a Federación Internacional de Trampolín.

A Federación Galega de Ximnasia, ademais das competencias que lle son propias, exerce por delegación funcións públicas de carácter administrativo e actúa como axente colaborador da Administración pública.

Artigo 2º

A Federación Galega de Ximnasia organízase orgánica e funcionalmente de forma democrática e representativa, con personalidade xurídica e patrimonio propio e independente do dos seus asociados, e plena capacidade de obrar, coas limitacións sinaladas por lei e disposicións vixentes, e pode adquirir, para os seus propios fins bens de toda clase, mobles e inmobles, contratar e obrigarse para o cumprimento das súas finalidades, e está suxeita ás suas propias responsabilidades.

A Federación Galega de Ximnasia encóntrase integrada na Real Federación Española de Ximnasia, ostenta de maneira exclusiva a representación desta dentro da Comunidade Autónoma de Galicia no referente ó deporte da ximnasia, e conserva en tal integración a súa personalidade xurídica, o seu patrimonio propio e diferenciado, o seu orzamento e o seu réxime xurídico particular.

Artigo 3º

A Federación Galega de Ximnasia ten como obxecto social promocionar, dirixir e ordenar exclusivamente dentro de Galicia, sen prexuízo das competencias concorrentes das distintas administracións públicas, as actividades propias da súa modalidade deportiva, en coordinación cos organismos correspondentes da Xunta de Galicia, e rexerase por estes estatutos e os seus regulamentos, polos da Real Federación Española de Ximnasia, no que lle sexan aplicables, e polas disposicións que dicte a Xunta de Galicia e, supletoriamente, a Administración do Estado.

A Federación Galega de Ximnasia é a única entidade competente dentro da Comunidade Autónoma de Galicia para promocionar, regulamentar, organizar, xestionar e controla-las competicións oficiais de ximnasia artística masculina, ximnasia artística feminina, ximnasia rítmica deportiva, trampolín e aerobic.

Artigo 4º

A Federación Galega de Ximnasia, dentro da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, ademais das súas funcións propias de promoción, goberno, administración, xestión e organización da ximnasia, exercerá, baixo a coordinación e tutela da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, as seguintes funcións públicas de carácter administrativo:

a) A promoción e divulgación da ximnasia en tódalas súas facetas.

b) Encamiña-los deportistas á práctica da ximnasia mediante os oportunos cursos de iniciación, formación e perfeccionamento.

c) Respaldar técnica e administrativamente a práctica da ximnasia velando ante os organismos competentes polo apoio a este deporte dentro de Galicia.

d) Cualificar e organiza-las actividades e competicións deportivas oficiais de ámbito autonómico galego.

e) Exerce-la potestade disciplinaria sobre os integrantes da federación nos termos previstos pola lei.

f) Exerce-lo control das subvencións que asignen ás asociacións e entidades deportivas nas condicións que fixe a Secretaría Xeral para o Deporte.

g) Executar, se é o caso, as resolucións do Comité Galego de Disciplina Deportiva.

h) Calquera outra que lle sexa atribuídas pola lexislación vixente ou que acorde no ámbito da súa competencia a asemblea xeral.

Os actos realizados pola Federación Galega de Ximnasia no exercicio das funcións públicas de carácter administrativo, son susceptibles de recurso ante o conselleiro da Presidencia e Administración pública; as súas resolucións esgotan a vía administrativa.

Artigo 5º

O domicilio social da Federación Galega de Ximnasia (FGX) establécese en Ourense, Avda. Habana, 105, 6º.

A comisión delegada, por maioría dos seus membros e cando as circunstancias o aconsellen, poderá acorda-lo cambio de domicilio social dentro da mesma localidade. Para o traslado do domicilio a outra localidade, que deberá ser sempre dentro do territorio da Comunidade Autónoma galega, será nece

sario o acordo maioritario da asemblea xeral, reunida en asemblea extraordinaria. En ámbolos casos, o traslado do domicilio social deberá ser notificado ós afiliados e a Secretaría Xeral para o Deporte.

La asemblea xeral, e para efectos puramente de organización interna, establecerán 4 delegacións da FGX, unha por cada provincia.

Capítulo II

Requisitos para ser membro da federación, dereitos e deberes

Artigo 6º

As entidades deportivas poderán integrarse, por petición propia, na Federación Galega de Ximnasia sempre que teñan o seu domicilio social e desempeñen a súa actividade en Galicia e se encontren constituídos conforme os requisitos esixidos para cada modalidade pola lexislación vixente e inscritos no Rexistro de Clubes, Federacións e Asociacións Deportivas da Xunta de Galicia, debendo comprometerse a cumpri-los estatutos e regulamentos da Federación Galega de Ximnasia e someterse á autoridade dos órganos federativos, en relación coas materias da súa competencia.

Os mesmos criterios e requisitos, no que sexa de aplicación, rexerán para a, integración na FGX dos deportivas, técnicos, adestradores, xuíces e árbitros e outros colectivos interesados, se os houbese.

Artigo 7º

Todo o que se integre na FGX poderá integrarse para tódolos efectos na Real Federación Española da mesma especialidade deportiva.

Artigo 8º

A integración na FGX producirase mediante a expedición por parte desta da correspondente licencia federativa ou documento de afiliación ou inscrición. A dita expedición será acordada pola xunta directiva da FGX.

Contra a denegación, que deberá ser motivada, caberá recurso ante a asemblea xeral.

En todo caso, para a participación en actividades ou competicións deportivas oficiais de ámbito autonómico será preciso estar en posesión de licencia ou documento de afiliación expedido pola FGX.

Artigo 9º

Tódolos membros da FGX teñen dereito a recibi-la tutela dela con respecto ós seus intereses deportivos comúns e individuais, asi como o de participar nas súas actividades e no funcionamento dos seus órganos, de acordo cos presentes estatutos e cos regulamentos internos daquela. Os membros da FGX teñen, pola súa vez o deber de acata-los acordos dos seus órganos, sen que isto obste ó seu dereito de recorrer, ante as instancias federativas

competentes e, se é o caso, ante os tribunais de xustiza ou Secretaría Xeral para o Deporte, segundo proceda, aqueles que considere contrarios a dereito, e sen prexuízo de acudir a conciliación extraxudicial ou arbitraxe nos termos previstos nas leis.

Capítulo III

Estructura territorial

Artigo 10º

A FGX estructúrase territorialmente en 4 delegacións provinciais.

Cada delegación quedará integrada polas entidades deportivas, deportistas, adestradores e xuíces-árbitros e outros colectivos, que correspondan ó ámbito territorial fixado pola asemblea xeral para cada delegación provincial.

Artigo 11º

As delegacións axustarán a súa actividade ás normas dictadas pola FGX a través dos órganos que correpondan e, directamente, do seu presidente.

Artigo 12º

Os titulares das delegacións serán nomeados o cesados polo presidente da FGX, de acordo co artigo 32º dos presentes estatutos.

A composición do equipo directivo da delegación e a competencia del, será de libre facultade do titular da delegación, o cal dará conta ó presidente da FGX.

TÍTULO II

Dos órganos de goberno e representación

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 13º

Son órganos de goberno e representación da FGX a asemblea xeral e o presidente.

No seo da asemblea xeral deberá constituírse unha comisión delegada de asistencia a ela.

Artigo 14º

l. Serán órganos electivos da FGX o presidente, a asemblea xeral e a comisión delegada no ámbito das súas respectivas competencias.

Os membros dos demais órganos e comités serán designados e revogados libremente polo presidente coas excecións previstas nos presentes estatutos.

2. O nomeamento ou a renovación dos membros dos órganos de goberno e representación, dos órganos complementarios, e dos comités que puidesen crearse dentro da federación, deberán ser comunicados a tódolos membros da asemblea xeral e a Secretaría Xeral para o Deporte nun praxo máximo de l5 días a partir da data do nomeamento.

3. Os órganos de goberno e representación reuniranse na forma e termos establecidos nestes estatutos; os seus acordos, salvo disposición expresa que dispoña o contrario, adoptaranse por maioría simple; en caso de empate, o presidente terá voto de calidade. Os acordos poderán ser impugnados de conformidade co disposto na lexislación aplicable e nos presentes estatutos.

4. A responsabilidade dos membros dos órganos da federación no exercicio da súas funcións será exisida no ámbito disciplinario de conformidade co disposto no Real decreto l59l/l992, do 23 de decembro, e nos ámbitos civil e penal de acordo coa lexislación xeral de aplicación.

5. Son requisitos xerais para ser membro de calquera órgano da Federación Galega de Ximnasia, sen prexuízo do establecido regulamentariamente, os seguintes:

a) Te-la condición de cidadán de Galicia, segundo o disposto no artigo 3 da Lei orgánica l/l98l, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.

b) Ser maior de idade e estar en pleno uso dos dereitos civís.

c) Non estar suxeito á corrección disciplinaria de carácter deportivo que o inhabilite.

d) Non ter sido condenado mediante sentencia penal firme que leve anexa pena principal ou accesoria de inhabilitación absoluta ou especial para cargo público.

e) Non estar incurso en ningunha causa de incompatibilidade establecida legalmente ou nos presentes estatutos.

f) Reuni-los requisitos específicos propios de cada estamento deportivo.

Capítulo II

Da asemblea xeral

Sección primeira

Natureza, composición, nomeamento e cesamento

Artigo 15º

A asemblea xeral é o órgano superior de goberno e representación da Federación Galega de Ximnasia.

Artigo 16º

A asemblea xeral estará constituída polo presidente da FGX e polos representantes das entidades deportivas, os deportistas, técnicos-adestradores, os xuíces de cada unha das cinco modalidades da ximnasia: ximnasia artística feminina, ximnasia artística masculina, ximnasia rítmica deportiva, trampolín e aerobic.

As entidades deportivas non poderán ser membros da asemblea xeral se, no momento da convocatoria de eleccións non figuran inscritos no Rexistro de

Clubs, Federacións e Entidades Deportivas da Xunta de Galicia e no Rexistro de Clubs da FGX.

Os compoñentes da xunta directiva, por este só carácter poderán asistir ás reunións da asemblea, con dereito a voz pero sen voto.

Artigo 17º

Na asemblea xeral estaran representados os estamentos de clubs deportivos, ximnastas, técnicos, xuíces e outros colectivos que houbese, gardando as seguintes proporcións:

-Clubs (70%) membros.

-Deportistas (10%) 2% por modalidade.

-Técnicos (5%) 1% por modalidade.

-Xuíces (5%) 1% por modalidade.

-Outros colectivos (l0%)

Artigo 18º

A convocatoria de eleccións deberá indicar expresamente o número de membros da asemblea xeral e o de cada un dos estamentos.

Artigo 19º

Os membros da asemblea xeral e a comisión delegada cesarán polas seguintes causas:

a) Defunción.

b) Disolución da entidade á que representan.

c) Expiración do mandato para o que foron elexidos.

d) Renuncia voluntaria ou demisión.

e) Estar incurso en causa de inelixibilidade ou incompatibilidade legal ou estatutaria.

f) Sanción disciplinaria imposta en forma regulamentaria que implique o cesamento no cargo que ostenta.

g) Perda dos requisitos polos que foron elixidos no seu respectivo estamento.

Artigo 20º

As vacantes que se produzan na asemblea xeral antes das seguintes eleccións xerais a ela, serán cubertas, dentro de cada estamento e de maneira sucesiva, polos candidatos que no proceso electoral obtivesen maior número de votos despois dos que resultaron electos e, na falta destes, mediante a realización de eleccións parciais sempre que, neste último caso, as vacantes superen o 20% dos membros da asemblea.

Os elixidos para ocupa-las vacantes ás que se refire o apartado anterior ostentarán o seu mandato polo tempo que falte para a celebración das seguientes elección xerais.

Sección segunda

Réxime de funcionamento

1. Competencias.

Artigo 21º

A asemblea xeral, en canto órgano máximo de goberno e representación da federación, pode adoptar calquera acordo ou decisión sobre ela, con sometemento ás regras de competencia e procedemento. Especialmente son competencias da asemblea xeral, as seguintes:

l. A aprobación e modificación dos estatutos da Federación Galega de Ximnasia.

2. A elección mediante sufraxio libre, igual, directo o secreto do presidente e da comisión delegada da Federación Galega de Ximnasia, así como o cesamento e a moción de censura ó presidente.

3. Aprobación e liquidación do orzamento anual da Federación Galega de Ximnasia.

4. Aprobación do programa ou calendario deportivo anual a desenvolverá a Federación Galega de Ximnasia e das bases ou regulamentos que rexerán a competición.

5. Aprobación da creación de órganos territoriais da FGX.

6. Aprobación do Regulamento de eleccións á asemblea, presidente e da comisión delegada da Federación Galega de Ximnasia.

7. Aprobación do Regulamento sobre conciliación extraxudicial ou arbitraxe.

8. Aprobación do Regulamento de disciplina deportiva.

9. Calquera outra competencia da FGX que non esta expresamente atribuída polos presentes estatutos a outro órgano.

10. Establece-los criterios que terá que observa-la comisión delegada na aplicación do proyecto do calendario deportivo, dos orzamentos e dos regulamentos.

2. Convocatoria.

Artigo 22º

A asemblea xeral será convocada polo presidente da Federación Galega de Ximnasia, cun mínimo de 10 días naturais de antelación á data da súa celebración, no taboleiro de anuncios da FGX, debendo incluír necesariamente os puntos da orde do día a tratar, ademais da notificación individual a cada un dos membros á dirección que deberá constar na FGX. A notificación remitirase por calquera medio que permita ter constancia da recepción cunha antelación mínima de corenta e oito horas. Os defectos formais na convocatoria non darán lugar a nulidade da asemblea sempre e cando

os membros dela recibisen a convocatoria coa orde do día no prazo establecido e, en todo caso, a asemblea será válida, sen necesidade de ningún outro requisito, sempre que concurran a totalidade dos membros dela.

A orde do día das asembleas ordinarias derá ser modificada, no sentido de incorporar novos puntos, por petición fundada dunha quinta parte dos membros da asemblea xeral e sempre que esta incorporación se solicite cunha marxe de tempo suficiente para que poida ser notificada a tódolos membros da asemblea xeral mediante a notificación e a publicación no taboleiro de anuncios da Federación Galega de Ximnasia cunha antelación mínima de 3 días á data de celebración.

Artigo 23º

O presidente da Federación Galega de Ximnasia deberá convocar unha asemblea xeral ordinaria anualmente antes do inicio da nova tempada deportiva para trata-los asuntos propios da xestión e, como mínimo, para aprobación da memoria anual de actividades, a aprobación do novo orzamento e a liquidación do anterior, aprobación do calendario deportivo e das regras que rexerán a competición e o exames e consideración das propostas que formulen os membros da asemblea, da comisión delegada, da xunta directiva e o presidente.

Tódalas demais asembleas terán carácter extraordinario e serán convocadas polo presidente da Federación Galega de Ximnasia sempre que o coide oportuno, ou por petición dun número de membros que integran a asemblea non inferior ó 25%. Neste caso, os solicitantes deberán formular unha petición por escrito dirixida ó presidente da FGX, indicando os puntos que compoñerán a orde do día. O presidente, no prazo máximo de l0 días naturais desde a entrada da petición no rexistro da Federación Galega de Ximnasia, deberá convoca-la asemblea xeral con carácter extraordinario, cos requisitos de forma sinalados nestos estatutos, e coa orde do día solicitada, sen incluír ningún outro punto, que se celebrará nun prazo non superior a 20 días naturais desde a convocatoria. No caso de negativa expresa do presidente a efectua-la convocatoria, ou pasados l0 días desde que a solicitude fose efectuada sen ter sido respondida, os solicitantes poderán facer uso dos dereitos que a lexislación vixente

establece, ante a Secretaría Xeral para o Deporte para a convocatoria dos órganos colexiados de goberno.

Cando o presidente da FGX aprecie a existencia dunha situación urxente que non permita demora na convocatoria da asemblea extraordinaria, poderá convocala sen suxeición a prazo nin requisito de forma ningunha salvo a citación persoal dos asambleístas que poidan ser localizados nos domicilios que consten na FGX. En todo, caso a asemblea requerirá como mínimo a presencia de 2/3 dos seus membros e antes de analiza-la orde do día pronunciarase previamente, por maioría de asistentes,

sobre a urxencia da convocatoria e a necesidade ou non da súa celebración. En todo caso, unha asemblea convocada desta forma non poderá modifica-los estatutos.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ou órgano que a substituirá, convocará a asemblea xeral ou a comisión delegada, para debate e resolución, se procede, de asuntos e cuestións determinadas, cando aquelas non se convocasen por quen ten a obriga estatuaria ou legal de facelo en tempo regulamentario.

Artigo 24º

A asemblea xeral quedará validamente constituída en primeira convocatoria, cando a ela concorran a maioría dos seus membros.

En segunda convocatoria será válida sexa cal sexa o número de asistentes sen que en ningún caso poida ser inferior a tres. Deberá mediar un mínimo de media hora entre a primeira e a segunda convocatoria.

3. Adopción de acordos.

Artigo 25º

Non será admisible en modo ningún para a formación da vontade dos órganos colexiados da FGX nin para o establecemento do seu quórum o voto por correo nin a delegación de voto, e será por tanto, necesaria a presencia física dos seus membros. Exceptúanse as eleccións dos membros da asemblea xeral, se así se aprobase no Regulamento electoral.

Con carácter excepcional as entidades poderán ser representadas de conformidade cos seus propios estatutos, pero o representante non poderá ser membro da asemblea xeral.

Ninguén poderá ostentar na asemblea xeral máis dunha delegación de voto.

Artigo 26º

As votacións no seo da asemblea xeral realizaranse de acordo co que decida a maioría, respectando a solicitude de voto secreto.

Artigo 27º

A asemblea xeral será presidida polo presidente da FGX, e o seu voto será de calidade en caso de empate. Os acordos adoptaranse por maioría simple dos asistentes, agás as excepcións previstas nos presentes estatutos ou noutras normas legais ou regulamentarias.

Para os efectos de cómputo de quórums e maiorías, cando estes se conformen cun número impar de asambleístas, computaranse sempre por exceso e con referencia ó número daqueles efectivamente existentes como membros da asemblea, descontadas as vacantes.

Os membros da asamblea poderán votar afirmativamente, ou negativamente ou ben vota-la abs

tención. Cando o voto sexa de abstención, non se computará para a obtención da maioría; teranse en conta os votos afirmativos e os negativos.

Artigo 28º

De tódolos acordos adoptados na asemblea xeral e comisión delegada levantarase acta polo secretario delas, especificando os datos seguintes:

a) Lugar e data da reunión.

b) Día, mes e ano.

c) Hora en que comeza e finaliza a sesión.

d) Nome e apelidos do presidente, do secretario e dos restantes membros asistentes.

e) Carácter ordinario ou extraordinario da sesión e se se celebra en primeira ou segunda convocatoria.

f) Asuntos que se examinen e acordos que sobre deles recaian.

g) Resultados das votacións e, se é o caso, os votos particulares contrarios ó acordo adoptado e as abstencións motivadas.

h) Cantos incidentes se produzcan durante o acto e fosen dignos de indicar ó xuízo do secretario.

Os votos contrarios ó acordo adoptado ou as abstencións motivadas eximirán a quen os emita de calquera responsabilidade derivada de tales acordos.

Artigo 29º

Os acordos da asemblea xeral e da comisión delegada serán vinculantes e de obrigatorio cumprimento para a totalidade dos órganos, persoas e entidades que integran a FGX e terán forza executiva a partir da data da súa adopción.

Artigo 30º

A asemblea xeral non poderá adoptar ningún acordo ou realizar ningún acto que poida comprometer de forma irreversible o seu patrimonio ou a actividade que constitue o obxecto propio da FGX.

Capítulo III

Da comisión delegada

Natureza, constitución, composición e funcionamento

Artigo 31º

l. No seo da asemblea xeral deberá constituírse unha comisión delegada que terá carácter electivo e será un órgano de goberno e representación da FGX.

2. A comisión delegada será elixida pola asemblea xeral na primeira reunión que esta celebre despois da súa constitución mediante sufraxio entre os membros dela. O seu mandato coincidirá co da asemblea xeral. No caso de producirse algunha vacante cubrirase co seguinte candidato máis votado.

3. A comisión delegada estará composta por cinco membros, representantes cada un de eles dos estamentos sinalados con anterioridade: entidades deportivas (2), técnicos-adestradores (1), xuíces (1) e deportistas (1).

4. O presidente da FGX convocará á comisión delegada, que se reunirá como mínimo cada 4 meses para os fins da súa competencia e polo menos para realiza-lo seguimento da xestión deportiva e económica da FGX.

5. Corresponde á comisión delegada da asemblea xeral:

a) A elaboración dun informe previo á aprobación dos orzamentos.

b) A modificación do calendario deportivo.

c) A modificación dos orzamentos e dos regulamentos.

d) O seguimento da xestión deportiva e económica da FGX.

As modificacións non poderán exceder dos límites e criterios que a propia asemblea xeral estableza.

A proposta sobre os temas que se van tratar na comisión delegada corresponde ó presidente ou a tres dos cinco membros da comisión delegada.

6. Os membros da comisión delegada cesarán polas mesmas causas que os da asemblea xeral, e tamén por deixar de ser membro desta última.

7. A convocatoria da comisión delegada corresponderalle ó presidente da FGX, debendo ser notificada ós seus membros cunha antelación de sete días naturais, e os acordos adotaranse por maioría simple, agás que estatutariamente se dispoña outro quórum.

8. Para o non previsto nos parágrafos anteriores, aplicaranse as previsións establecidas para a asemblea xeral, en canto non sexan incompatibles coa natureza da comisión delegada.

Capítulo IV

Do presidente

Artigo 32º

O presidente da FGX é o órgano de goberno e representación que desempeña a súa representación legal, convoca e preside os órganos de goberno e representación e executa os acordos deles. O presidente nomeará delegados nas localidades aprobadas pola asemblea xeral, que actuarán seguindo as instruccións daquel e por delegación nas funcións que se lle encomenden. Os ditos delegados poderán ser cesados ou substituídos polo presidente segundo o seu criterio.

Artigo 33º

A duración do cargo de presidente será de 4 anos.

No caso de que, excecionalmente, quede vacante a presidencia antes de que transcorra o prazo para o que foi elixido, considerarase dimisionaria toda a xunta directiva, constituíndose a comisión delegada en comisión xestora, presidida polo membro de maior idade. Convocará á asemblea xeral, e esta acordará unha nova elección do presidente para cubri-la vacante polo tempo que falte ata a terminación do prazo correspondente ó mandato ordinario. Se a vacante se produce por prosperar unha moción de censura, haberá que aterse ó disposto no artigo 36 destes estatutos.

Artigo 34º

O desempeño do cargo de presidente será causa de incompatibilidade coas seguintes actividades:

a) Ocupación de cargos directivos noutras federacións deportivas; agás a Real Federación Española de Ximnasia.

b) Desenvolvemento de actividades ou desempeño de cargos en asociacións deportivas, ou clubs dependentes integrados na FGX.

c) A persoa que resulte elixida como presidente da FGX deberá cesar en todo tipo de actividades directivas no deporte específico e no ámbito territorial da federación.

Non existirá incompatibilidade, en ningún caso, coa práctica activa do deporte fóra do ámbito federativo.

Artigo 35º

O presidente cesará por:

a) Transcurso do prazo polo que foi elexido.

b) Demisión.

c) Incapacidade física ou psíquica para continuar no exercicio do seu cargo.

d) Aprobación dunha moción de censura pola asemblea xeral.

e) Por incorrer en causa de inelixibilidade, ou incompatibilidade, se ben, neste último caso disporía dun prazo dun mes para cesar no posto que resulte incompatible co de presidente.

Artigo 36º

A moción de censura ó presidente poderá ser presentada polos membros da asemblea xeral que constituán polo menos á maioría legal da mesma mediante escrito presentado no rexistro da FGX. Na dita petición deberán solicitar do presidente a convocatoria dunha asemblea xeral extraordinaria coa dita moción como único punto da orde do día así como propoñer un candidato alternativo á presidencia.

Para a convocatoria da asemblea xeral extraordinaria a que se refire este artigo, haberá que aterse ó disposto no artigo 22º destes estatutos. A sesión da asemblea xeral en que se debata a moción de censura, estará presidida polo membro de maior idade. Non será válido o voto por correo nin a asistencia por representación.

Se a moción de censura non prosperase, non poderá presentarse unha nova dentro do mesmo período de mandato, como tampouco poderá presentarse, no caso de prosperar, contra o candidato investido na dita moción polo tempo que falte para concluí-lo período ordinario, dun ano.

TÍTULO III

Órganos complementarios dos de goberno e representación

Artigo 37º

Son órganos complementarios dos de goberno e representación da FGX para asistir ó presidente:

a) A xunta directiva.

b) O secretario xeral.

c) O tesoureiro.

Artigo 38º

l. A xunta directiva é o órgano colexiado de xestión da FGX os seus membros designados e revogados libremente polo presidente.

O número de membros será establecido polo presidente e non poderá ser inferior a 5 nen superior a l5.

O presidente elixirá entre os membros da súa xunta directiva un vicepresidente, que o será tamén da FGX, quen substituirá ó presidente por delegación, imposibilidade física ou ausencia temporal; un secretario que, pola súa vez, o será da FGX, así como un tesoureiro. Tales cargos, por estaren baseados na confianza, poderán ser removidos polo presidente cando o considere conveniente.

Os membros da xunta directiva que non o sexan da asemblea xeral, terán acceso ás sesións dela, con dereito a voz pero sen voto.

Tódolos cargos son honoríficos e, no caso de establecerse unha compensación económica a favor dalgún dos membros da xunta directiva, deberá ser expresamente acordada pola asemblea xeral e constar dunha maneira diferenciada no orzamento. En ningún caso a compensación económica poderá ser satisfeita con cargo ás subvencións públicas que reciba a federación.

2. A xunta directiva reunirase en sesión ordinaria, cando menos, unha vez cada tres meses. As demais sesións serán extraordinarias.

A convocatoria correspóndelle ó presidente, que a notificará cunha antelación mínima de 48 horas.

Non será esixible o transcurso do tempo citado cando tódolos membros da xunta directiva estivesen presentes e unanimemente decidisen convocar e celebrar unha sesión.

Para o previsto neste parágrafo, aplicarase o disposto para o funcionamento da comisión delegada.

3. O presidente da FGX nomeará un secretario, o cal exercerá as funcións de fedatario e asesor, e máis especificamente:

a) Levantar actas das sesións dos órganos de goberno e representación da FGX, co contido determinado no artigo 28.

b) Expedi-las certificacións oportunas das actas dos órganos de goberno e representación.

c) Remitir á Secretaría Xeral para o Deporte as actas das reunións da asemblea xeral e da comisión delegada no prazo de l5 días dende a data da súa celebración, así como as convocatorias delas.

d) Leva-los libros de actas individualizados para cada órgano colexiado, os libros de rexistro e os arquivos da FGX.

e) Prepara-las reunións dos órganos colexiados nos que actúa como secretario e a documentación correpondente.

f) Prepara-la memoria anual da FGX.

g) Velar polo cumplimento dos acordos adpotados.

h) Cantas funcións lle encomenden os estatutos e regulamentos da FGX, ou lle sexan delegados polo presidente.

4. O tesoureiro da federación é o seu órgano de Administración.

Exercerá como funcións propias:

a) Leva-la contabilidade da federación.

b) Exerce-la inspección económica de tódolos órganos da FGX.

c) Elaborar e presenta-los balances e informes á comisión delegada do estado contable da FGX, e confeciona-la liquidación do orzamento.

d) Calquera outra función que lle encomenden o presidente, os estatutos ou os regulamentos da FGX.

No suposto de que non se nomease tesoureiro, o presidente será o responsable de exerce-las funcións anteriores, poderá delegalas na persoa que considere oportuna.

Artigo 39º

Para ser membro da xunta directiva non será necesario formar parte da asemblea xeral nin da FGX.

Artigo 40º

1. Os membros da xunta directiva cesarán polas seguintes causas:

a) Vacancía na presidencia, sen prexuízo da súa conversión en comisión xestora nos casos previstos nos estatutos.

b) Demisión.

c) Falecemento ou incapacidade física ou psíquica para continuar no exercicio do seu cargo.

d) Por incorrer en causa de inelixibilidade ou incompatibilidade.

e) Destituílos directamente polo presidente co cumprimiento das comunicacións a que se refiren os presentes estatutos.

f) Por ter prosperado unha moción de censura contra o presidente.

2. O secretario e ou tesoureiro continuarán no desempeño das súas funcións, se ben o novo presidente deberá, dentro dos 15 días seguintes ó da toma de posesión do seu cargo, confirmarlos ou removidos nos seus cargos.

Artigo 41º

A xunta directiva, como órgano colaborador do presidente non terá competencias propias e exercerá por delegación as que lle encomende o presidente, que poderá avogar e revogar en calquera momento.

Artigo 42º

Os asuntos ordinarios de trámite serán despachados polo presidente e o secretario.

Capítulo IV

Dos órganos técnicos e asesores

Capítulo I

Comisións en xeral

Artigo 43º

1. A federación creará, logo de aprobación pola asemblea xeral, polo menos as seguintes comisións:

a) Os comités de disciplina deportiva: Comité de Competición ou Xuíz Único e Comité de Apelación.

b) Comité de Xuíces Árbitros.

c) Un comité técnico por cada modalidade ximnástica, coa función de elaborar e presenta-los programas técnicos para a sua aprobación pola asemblea xeral:

-Comité Técnico de Ximnasia Rítmica deportiva.

-Comité Técnico de Ximnasia Artística masculina.

-Comité Técnico de Ximnasia Artística feminina.

-Comité Técnico de Trampolín.

-Comité Técnico de Aerobic.

Tódalas comisións rexeranse polos seus respectivos regulamentos internos e, se é o caso, pola normativa nacional unificada e emanada da federación española da mesma modalidade, pola lexislación aplicable e polo disposto nos presentes estatutos.

Tódolos presidentes dos comités serán nomeados polo presidente da FGX, agás os dos comités técnicos, que serán nomeados polos seus respectivos colectivos.

Capítulo II

Comité de Xuíces-Árbitros

Artigo 44º

No seo da federación constituirase, de maneira obrigatoria, un Comité de Xuíces ou Árbitros, no cal o presidente será designado polo presidente da FGX.

Este comité poderá adopta-la estructura territorial da FGX.

Serán funciones deste comité:

a) Establece-los niveis de formación de xuíces.

b) Clasificar tecnicamente os xuíces, en función de criterios prefixados pola asemblea xeral, propoñendo á xunta directiva a adscrición ás categorías correspondentes. Estas clasificacións comunicaránse á asemblea xeral.

c) Propoñer ós candidatos a xuíces ou árbitros nacionais.

d) Propoñer á xunta directiva as normas administrativas que regulan a arbitraxe, para a súa posterior aprobación pola asemblea xeral.

e) Designa-los xuíces nas competicións oficiais de ámbito galego.

f) Colaborar cos órganos competentes da federación.

Capítulo V

Réxime electoral

Capítulo I

Os censos

Artigo 45º

Compoñerán os censos correspondentes a cada estamento electoral tódolos membros da FGX que reúnan os requisitos establecidos para cada estamento nos presentes estatutos e no Regulamento electoral.

Capítulo II

Regulamento electoral

Artigo 46º

Os procesos electorais desenvolveranse conforme ó Regulamento electoral que deberá ser aprobado pola asemblea xeral, a proposta do presidente, e regulará as seguientes cuestións:

l. Número de membros da asemblea xeral; circunscrición electoral e número de representantes que por cada circunscrición electoral corresponda a cada un dos estamentos.

2. Circunscricións electorais.

3. Calendario electoral.

4. Censo electoral.

5. Composición, competencias e funcionamento da xunta electoral.

6. Requisitos para presentación e proclamación de candidatos. O termo para a presentación de candidatos a presidente e membros da asemblea xeral non poderá ser inferior a l0 días.

7. Procedemento de resolución de conflictos, impugnacións e reclamacións, así como os recursos electorais.

8. Regulación de voto por correo nas eleccións á asemblea xeral.

Non se admitirá esta clase de voto nas eleccións á comisión delegada e presidente.

9. Composición, competencia, funcionamento e localización das mesas electorais.

10. Elección de presidente.

11. Elección da comisión delegada.

O Regulamento electoral deberá ser ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Capítulo III

A comisión xestora

Artigo 47º

Acordada a convocatoria de eleccións pola asemblea xeral e aprobado o Regulamento electoral, o presidente procederá no prazo sinalado nel á convocatoria de eleccións á asemblea xeral. A partir dese momento, a xunta directiva, e o presidente constituiranse en comisión xestora, e someterán o Regulamento electoral á ratificación pola Secretaría Xeral para o Deporte.

A comisión xestora garantirá a máxima difusión e publicidade das convocatorias de eleccións á asemblea xeral e presidente, así como do Regulamento electoral coas medidas previstas nas disposicións federativas a través dun medio que permita asegura-la recepción de dita notificación. Deberá expoñerse o Regulamento electoral en cada circunscrición electoral o mesmo día da convocatoria.

A comisión xestora administrará a federación e convocará e realizará novas eleccións no prazo máximo de tres meses no caso de que non se presentase ningunha candidatura ou non fose válida ningunha das presentadas.

Capítulo IV

Circunscrición electoral

Artigo 48º

A circunscrición electoral será única para toda a Comunidade Autónoma galega.

Capítulo V

Xunta electoral

Artigo 49º

A xunta electoral estará composta por tres membros que figuren no censo electoral, mediante elección libre, directa, igual e secreta. Designarase así mesmo os membros suplentes, en igual número e condición que os titulares.

De entre os membros designados o presidente será o de maior idade, e actuará como secretario o que o sexa da FGX, con voz pero sen voto.

Os membros da xunta electoral non poderán figurar como candidatos á asemblea xeral e a presidencia da FGX.

A xunta electoral controlará todo o proceso electoral e terá competencia para coñecer e resolve-las incidencias que se produzan sobre o censo electoral, presentación e proclamación de candidatos, proclamación de membros da asemblea xeral e comisión delegada e do presidente da FGX, así como a decisión de calquera outras cuestións que afecten directamente á celebración das eleccións e ós seus resultados. Unha vez proclamados definitivamente os candidatos, levantará acta da votación e o reconto e remitirá a acta á Secretaria Xeral para o Deporte no prazo máximo de tres días.

Capítulo VI

Mesas electorais

Artigo 50º

Para a elección dos distintos estamentos da asemblea xeral, constituiranse unha ou varias mesas electorais na forma establecida no Regulamento electoral. Os membros destas mesas non poderán ser candidatos; no seu funcionamento axustaranse ás normas que se establezan no Regulamento electoral.

Capítulo VII

Recursos

Artigo 51º

As reclamacións e impugnacións que se presenten contra calquera acto electoral dirixiranse á xunta electoral e contra o que esta resolva caberá recurso

ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva. Así mesmo caberá recurso ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva, contra tódolos actos, acordos o resolucións da xunta electoral ou calquera outro órgano ou membros da federación en materia electoral.

Capítulo VIII

Elección da asamblea xeral

Artigo 52º

l. Os membros da asemblea xeral serán elixidos cada catro anos coincidindo cos Xogos Olímpicos de inverno mediante sufraxio libre, secreto, igual e directo entre e polos compoñentes dos distintos estamentos da FGX.

2. As eleccións á asemblea xeral serán acordadas por ela que aprobará a convocatoria con tódolos requisitos que se establecerán no Regulamento electoral, que así mesmo se aprobe.

3. Acordada pola asemblea xeral a convocatoria de eleccións, o acordo será formalmente executado polo presidente da federación, quen asinará a ela.

4. Desde a convocatoria para a celebración desta asemblea xeral a xunta directiva e o presidente constituiranse en comisión xestora, de acordo co disposto no artigo 47 dos presentes estatutos.

Artigo 53º

Para ser candidato a membro da asemblea xeral requírese o cumprimento dos requisitos establecidos con carácter xeral no artigo 14.5º deste estatutos. O tempo dedicado a actividade de presidente será computable para cumpri-lo requisito de dous anos esixidos para ser elector e elixible.

Os requisitos esixigos para ser electores ou elixibles deberán terse cumpridos no día no que se publique a convocatoria de eleccións.

Artigo 54º

As eleccións á asemblea xeral realizaranse para cada un dos postos correspondentes ós estamentos integrantes dela de acordo co previsto nestes estatutos e no Regulamento electoral.

Artigo 55º

Os representantes dos deportistas na asemblea xeral serán elixidos por e entre os representantes dos que integran o censo de entidades deportivas inscritas no rexistro público da FGX e no Rexistro de Clubs, Federacións e Asociacións Deportivas da Xunta de Galicia, no momento da convocatoria das eleccións e estivesen igualmente inscritos durante a tempada deportiva anterior, participasen en competicións ou actividades de carácter ofical organizadas pola FGX ou pola Real Federación Española

da mesma modalidade coa aprobación ou intervención daquela.

Artigo 56º

Os representantes dos deportistas na asemblea xeral serán elixidos por e entre os maiores de l8 anos dos que teñan licencia en vigor expedida pola FGX no momento da convocatoria das eleccións sempre que tamén a tivesen, polo menos, durante a tempada deportiva anterior, sempre que participasen en competicións ou actividades de carácter oficial organizadas pola FGX ou pola Real Federación Española da mesma especialidade, coa aprobación ou intervención daquela.

Artigo 57º

Os representantes dos técnicos-adestradores e impartidores de curso e dos xuíces-árbitros na asemblea xeral serán elixidos por e entre os pertencentes a cada estamento, que teñan licencia en vigor no momento da convocatoria das eleccións e tamén a tivesen, como mínimo, na tempada deportiva inmediatamente anterior.

Capítulo IX

Elección de presidente

Artigo 58º

Unha vez concluídas as eleccións á asemblea xeral, o presidente da comisión xestora, previo acordo dela, procederá inmediatamente á convocatoria da dita asemblea para elixilo presidente e a comisión delegada da FGX.

O presidente será elixido para un período de catro anos, coincidindo cos anos en que se celebren Xogos Olímpicos de inverno, pola asemblea xeral, mediante sufraxio libre, directo, igual e secreto po tódolos membros da dita asemblea xeral previa a presentación e aceptación das candidaturas correspondentes, que deberán estar avaladas polo menos polo l0% dos membros da asemblea xeral. Os candidatos a presidente poderán non ser membros da asemblea xeral.

Artigo 59º

Será elixido presidente o candidato que obteña a maioría absoluta dos votos emitidos. No caso de que ningún candidato alcance esta maioría procederase a unha segunda votación entre os dous candidatos máis votados; resultará elixido o que obteña a maioría de votos.

No suposto de que se presentase un só candidato, non se efectuará votación; será proclamado presidente o único candidato pola Secretaría Xeral para o Deporte.

O presidente electo deberá tomar posesión ante a mesa de idade na mesma sesión en que fose nomeado e, se non estivese presente, a mesa deberá notificarlle fidedignamente e de forma inmediata o nomeamento, e daralle un prazo de tres días hábiles

para que compareza en forma no domicilio da FGX e, ante a citada mesa, tome posesión do seu cargo. No suposto de que non se leve a cabo tal posesión no prazo e forma sinalados, a presidencia quedará vacante e o presidente da mesa de idade convocará urxentemente a asemblea xeral para a o nomeamento do seguinte candidato máis votado ou apertura dun novo proceso electoral para elección de presidente.

Artigo 60º

Para poder ser candidato a presidente da FGX, deberán reunirse as condicións seguintes:

a) Te-la condición de cidadán de Galicia, segundo o que dispón o Estatuto de autonomía.

b) Ser maior de idade e estar en pleno uso dos dereitos civís.

c) Non estar incurso en ningunha sanción deportiva que o inhabilite, dictada polos órganos disciplinarios da FGX ou polo Comité Galego de Disciplina Deportiva.

d) Non ter sido condenado mediante sentencia xudicial firme que leve anexa pena principal ou accesoria de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de cargos públicos.

e) Non ter obstentado ininterrompidamente a condición de presidente durante os dous períodos inmediatamente anteriores, calquera que fose a sua duración.

Artigo 61º

A votación será libre, secreta e directa; non se admitirá o voto por correo nin por delegación das persoas físicas.

Capítulo X

Elección da comisión delegada

Artigo 62º

Na mesma asemblea xeral convocada para a elección de presidente, e unha vez realizada ésta, procederase á elección dos membros da comisión delegada da asemblea xeral.

A comisión delegada estará composta por 5 membros, e ademais o presidente da FGX.

Os membros da comisión delegada serán elixidos por e entre os integrantes da asemblea xeral.

Serán elixidos membros da comisión delegada os que obteñan maior número de votos ata cubri-lo número de membros correspondente á comisión delegada.

Capítulo VI

Réxime económico

Artigo 63º

A FGX está sometida ó réxime de administración, orzamento e patrimonio propio e caixa única.

O tesoureiro someterá a asemblea xeral ordinaria un balance de situación e as contas de ingresos e gastos, memoria económica, así como o orzamento para a tempada seguinte, balance e orzamento que deberá ser notificado á Secretaría Xeral para o Deporte.

Non poderá aprobarse un orzamento deficitario salvo autorización da Secretaría Xeral para o Deporte. Tampouco poderán repartirse beneficios entre os seus membros.

A FGX elaborará unha memoria que analizará fielmente a súa actividade económica, a súa adecuada actuación orzamentaria, o cumprimento dos obxectivos e os proxectos que se vaian desenvolver, e informará separadamente como mínimo sobre os seguintes aspectos:

l. Diferenciación dos ingresos e contribucións segundo:

a) Subvencións públicas.

b) Subvencións, donativos ou contribucións privadas.

c) Vendas de activos.

d) Ingresos procedentes de competicións organizadas

e) Ingresos para servicios prestados pola federación, permisos, licencia e outros.

f) Ingresos financeiros.

2. Tamén constará o destino da totalidade dos recursos, distinguindo como mínimo os grupos de custo ou investimentos seguintes:

a) Administración da federación.

b) Dirección e servicios da directiva, incluíndo viaxes.

c) Competicións.

d) Axudas a clubs e outras entidades.

e) Axudas para actos deportivos.

f) Construccións e outros inmobilizados.

g) Formación de deportistas e técnicos.

h) Deportes de elite e profesional.

i) Árbitros.

j) Órganos xurisdiccionais.

3. O importe das obligacións de pagamento que é necesario satisfacer noutros exercicios que non esten previstos no balance.

4. O importe das garantías e os avais comprometidos.

5. A liquidación do orzamento, que explique as variacións en relación co orzamento aprobado na asemblea anterior.

As contas anuais e os orzamentos estarán no domicilio social da FGX cunha antelación mínima de l5 días á data da celebración da asemblea xeral, á disposición das persoas ou entidades con dereito a voto, as cales poderán pedir copia que lles será entregada antes da celebración da asemblea.

Artigo 64º

Constituen os ingresos da FGX:

a) As subvencións ordinarias e extraordinarias da Xunta de Galicia ou as que outras entidades públicas poidan concederlle, así como as provenientes, se é o caso, da federación española da mesma modalidade deportiva.

b) Os bens ou dereitos que reciba por herdanza, legado ou doazión de persoas físicas ou entidades particulares, así coma os premios que lle sexan outorgados.

c) As cotas dos seus afiliados.

d) As sancións pecuniarias que se lles impoñan ós seus afiliados dentro do exercicio da potestade disciplinaria.

e) Os froitos, rendas e xuros dos seus bens patrimoniais.

f) Os préstamos ou créditos que se lle concedan.

g) Os beneficios que produzcan as actividades e competicións deportivas que organice, así como os derivados dos contratos que realice.

h) Calquera outro que poida serlle atribuído por disposición legal ou en virtude de convenio.

Artigo 65º

A FGX destinará a totalidade dos seus ingresos e patrimonio á consecución dos fins do seu obxecto social.

Artigo 66º

A xestión económica ordinaria correrá a cargo do tesoureiro, baixo a dirección do presidente, coidando das operacións de cobros e pagamentos. Autorizará coa súa sinatura, mancomunada coa do presidente, ou coa do vicepresidente autorizado, tódolos documentos de movementos de fondos. Será responsable da levanza e custodia dos libros de contabilidade. Formulará os balances que anualmente deberán presentarse á asemblea xeral para a súa aprobación.

TÍTULO VII

Réxime documental

Artigo 67º

O réxime documental da federación comprenderá, como mínimo, os seguintes libros debidamente dilixenciados:

a) Libro de rexistro de entrada e saída de documentos e comunicacións oficiais.

b) Libro de rexistro de clubs nos que constarán a denominación destes, domicilio social e número de inscrición no Rexistro de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas da Xunta de Galicia, e número de isncrición na Real Federación Española de Ximnasia, se é o caso.

c) Libros de actas que consignarán as reunións que celebren tódolos órganos colexiados da FGX, tanto de goberno e representación como complementarios e técnicos.

d) Libros de contabilidade.

e) Libro inventario de bens mobles e inmobles.

f) Rexistro dos membros da asemblea xeral e da comisión delegada no que deberán consta-los nomes dos titulares ou representantes legais e os domicilios para as citacións e comunicacións.

Artigo 68º

O réxime documental da FGX estará a cargo do secretario, a quen lle corresponde a custodia dos libros da federación, levantar actas das reunións dos órganos colexiados e, unha vez aprobadas, asinadas co visto e prace do presidente, expedir certificacións, remiti-las certificación e acordos que procedan á Secretaría Xeral para o Deporte e, en xeral, prepara-la resolución e despacho de tódolos asuntos.

No caso de ausencia ou imposibilidade física do secretario, as súas funcións serán desempeñadas polo propio presidente da federación ou pola persona en quen delegue.

TÍTULO VIII

Réxime disciplinario e xurisdiccional

Artigo 69º

A FGX, en materia de disciplina deportiva, ten potestade sobre tódalas persoas que formen parte da súa estructura orgánica, as entidades deportivas e os seus deportistas, técnicos e directivos, os xuíces e árbitros e, en xeral, todas aquelas persoas e entidades que, estando federadas, desenvolvan a actividade deportiva que constitúe o seu obxecto social no ámbito territorial da comunidade galega.

Artigo 70º

Os órganos competentes en materia disciplinaria serán:

a) En primeira instancia un Comité de Competición ou Xuíz Único.

b) En segunda instancia, un Comité de Apelación.

Ámbolos órganos se rexerán por e aplicarán o disposto no Real decreto l59l/l992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva.

O Comité de Competición ou Xuíz Único de Competición estará integrado por un número de membros

entre l e 3 nomeados pola asemblea xeral de entre membros da federación. O comité de apelación estará integrado por 3 membros, así mesmo nomeados pola asemblea xeral entre os membros da FGX.

A duración do cargo coincidirá coa da asemblea Xeral que os nomease e durante o dito período só cesarán por renuncia ou demisión, falecemento, incapacidade física ou psíquica, perda da condición de membro da FGX, e sanción que os inhabilite para o cargo.

Unha vez elixidos os membros dos comités, estes designarán os seus presidentes nas primeiras reunións que celebren.

A composición destes comités será comunicada á Secretaría Xeral para o Deporte na forma prevista nestes estatutos.

Artigo 71º

As resolucións dictadas polo Comité de Apelación dentro das súas competencias, terán carácter definitivo no ámbito da FGX e poderán ser recorridas ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva conforme a lexislación vixente.

TÍTULO IX

Da modificación dos estatutos e da disolución da Federación Galega de Ximnasia

Artigo 72º

Os estatutos da FGX só poden ser modificados pola asemblea xeral e de acordo co establecido nos presentes estatutos.

Artigo 73º

A proposta de modificación dos estatutos deberá ser acordada polo presidente ou comisión delegada da FGX, ou polo 25% dos membros da asemblea xeral; será necesarios para a sua modificación o voto favorable dos 2/3 dos membros da asemblea xeral.

Aprobada a reforma dos estatutos pola asemblea xeral deberá ser ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 74º

A FGX extinguirase polas seguintes causas:

a) Por acordo da maioría de 2/3 dos membros da asemblea xeral referendado por maioría absoluta, por tódolos membros da FGX a través de votación libre, igual, directa e secreta.

b) Polas demais causas que determinen as leis ou regulamentos que sexan de aplicación.

Unha vez producida a liquidación, o patrimonio neto destinarase ós fins de carácter deportivo que determine a Secretaría Xeral para o Deporte.

Disposición derradeira

Para o non previsto nos presentes estatutos, aplicarase o disposto no Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas, na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 28 de xullo de 1995, que desenrola o anterior decreto, e cantas outras sexan de aplicación á Real Federación Española de Ximnasia, en canto sexan compatibles co ámbito e función da Real Federación Galega de Ximnasia.

9605632