O Concello de Sanxenxo (Pontevedra), en sesión celebrada o día 30 de marzo de 1990, acordou aprobar inicialmente o proxecto de apertura e urbanización das rúas 20 e prolongación da nº 8 (entre rúa 20 e Ourense) da vila de Sanxenxo e na sesión celebrada o día 25 de marzo de 1994 acordou apro
bar definitivamente o proxecto e solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O Concello remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 30 de outubro de 1996 baixo o número 2764.
Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.
A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 16 de decembro 1994, nº 13119.
Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque as obras de urbanización da rúa núm. 20 de Sanxenxo están incluídas e aprobadas dentro do Plan Provincial de Obras e Servicios de 1989, e gozan da declaración de utilidade pública, segundo o determinado na disposición derradeira primeira do R.D. 1673/1981, do 3 de xullo.
Considerando que o propio R.D. 1673/1981 establece un prazo perentorio para a contratación e execución das obras incluídas en plans provinciais de obras e servicios, imposible de cumprir se se acude ó procedemento normal de expropiación forzosa.
Considerando que, de seguirse o trámite normal do procedemento expropiatorio, poderían chegarse a impedir, pola demora que implica, a execución das obras, de utilidade pública notoria, tanto pola imposibilidade de contratalas dentro do prazo legalmente establecido, canto polo evidente desfase dos prezos calculados no proxecto, ó dilatar temporalmente a súa contratación, obrigada polo posible esgotamento das instancias legais establecidas para acada-lo prezo xusto e pagamento previos á ocupación.
A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.
Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de novembro de mil novecentos noventa e seis.
DISPOÑO:
Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Sanxenxo
(Pontevedra) para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de apertura e urbanización das rúas 20 e prolongación da nº 8 (entre rúa 20 e Ourense) da vila de Sanxenxo.
Santiago de Compostela, vinteún de novembro de mil novecentos no venta e seis.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jesús C. Palmou Lorenzo
Conselleiro de Xustiza, Interior
e Relacións Laborais
8854