Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.852

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 420/1996, do 21 de novembro, polo que se aproba o escudo heráldico e maila bandeira do Concello de Pontedeume (A Coruña).

O Concello de Pontedeume (A Coruña) considerou conveniente adoptar unhas armas ou brasón propio no que, coa simboloxía adecuada e conforme ás tradicionais pautas de presentación dos emblemas heráldicos, se represente e perpetúe a súa propia peculiaridade. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, elevou o informe histórico-heráldico, co seu correspondente brasonamento e representación gráfica, para a súa aprobación definitiva.

A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos e bandeiras dos concellos e doutras entidades locais, correspóndelle á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto no artigo 27.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

O expediente tramitouse conforme as normas do procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, aprobado polo R.D. 2568/1986, do 28 de novembro, e no Decreto 258/1992, do 10 de setembro, da Xunta de Galicia, polo que se regula o procedemento e normas heráldicas para a adopción, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais.

Na súa virtude, visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, e por proposta do Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día do vinteún de novembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-Aproba-lo escudo heráldico do Concello de Pontedeume (A Coruña), que quedará organizado do seguinte xeito: De azur (azul), e sobre ondas de azur e prata (branco), unha ponte de prata sumada, á destra, dun oso de ouro (amarelo), pasan

te e contornado, e, á sinistra, dun xabaril pasante, do mesmo, e surmontado no centro dunha torre de prata. Ó timbre, coroa real pechada.

Artigo segundo.-Aproba-la bandeira do Concello de Pontedeume (A Coruña), que quedará organizada do seguinte xeito: sobre pano verde, a banda de amarelo.

Santiago de Compostela, vinteún de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

7641