Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 28 de maio de 1998 Páx. 5.829

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 5 de maio de 1998 pola que se regula a tramitación das autorizacións de construcción e modernización de buques pesqueiros na Comunidade Autónoma de Galicia.

A normativa comunitaria -fundamentalmente o Regulamento (CEE) 3760/92, do Consello, do 20 de decembro, polo que se establece o réxime comunitario da pesca e da acuicultura e o Regulamento (CE) 3699/93, do Consello, do 21 de decembro, polo que se definen os criterios e condicións das intervencións comunitarias coa finalidade estructural no sector da pesca, da acuicultura e da transformación e comercialización dos seus productos- está orientada, no que aquí importa, á consecución dun equilibrio sostible entre os recursos e a súa explotación e isto leva consigo un control rigoroso do esforzo pesqueiro.

O Real decreto 798/1995, do 19 de maio, polo que se definen os criterios e condicións das intervencións comunitarias coa finalidade estructural no sector da pesca, da acuicultura e da transformación e comercialización dos seus productos, coas súas modificacións, establecen a normativa básica estatal aplicable ás construccións así como ás modernizacións e reconversións de buques pesqueiros, detallando os requisitos que necesariamente deben reunir para poderen ser autorizadas pola Administración pesqueira.

A tramitación e resolución destes expedientes de autorización é competencia da Comunidade Autónoma e o procedemento debe ser sinxelo e rigoroso xa que os datos contrastados que serven de base á resolución e o contido desta forman parte -a través do Censo da Flota Pesqueira Operativa- do Rexistro Comunitario de Buques Pesqueiros, instrumento esencial para a xestión da pesca marítima e a conformación, en definitiva, da política pesqueira común.

Por todo o anteriormente exposto, en virtude das facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

O obxecto desta orde é regula-lo procedemento de tramitación dos expedientes de autorización de construcción e modernización ou reconversión de buques pesqueiros con porto base na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º.-Normativa aplicable.

Son de aplicación para a resolución dos expedientes as normas de ordenación e condicionantes pre

ceptivos establecidos, como normativa básica estatal, polo Real decreto 798/1995, do 19 de maio, e as súas modificacións, e os trámites estipulados nos artigos 16 e 30 do dito real decreto.

Artigo 3º.-Resolución.

A resolución dos expedientes de autorización correspóndelle ó conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, que poderá delega-la dita competencia no director xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados. En todo caso, a dita resolución pon fin á vía administrativa.

As solicitudes de autorización de construcción de buques pesqueiros formularanse na instancia normalizada do anexo I desta orde, presentaranse nos servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou en calquera dos lugares ós que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e a ela xuntaránselle cunha copia, os seguintes documentos, sen prexuízo dos que ademais se poidan pedir para acreditar extremos concretos de cada caso:

1. Copia cotexada do DNI ou NIF do solicitante e acreditación da súa personalidade xurídica, se é o caso.

2. Formulario do anexo II debidamente cuberto.

3. Proxecto realizado por técnico competente que debe incluír cálculo de arqueo en GT e TRB e información detallada do motor que se vaia instalar.

4. Carpeta de baixas, coa que se acredite o cumprimento dos requisitos esenciais da baixa na data de presentación da solicitude, constituída polos seguintes documentos completos:

a) Folla de asento certificada e actualizada na que conste a aportación como baixa.

b) Certificación do Rexistro Mercantil acreditativa da titularidade do buque e a ausencia de cargas e gravames.

c) Certificación da capitanía marítima correspondente acreditativa da actividade pesqueira do buque nos doce meses anteriores á data do expediente, salvo que estea eximido deste requisito pola normativa básica de aplicación, o cal se acreditará.

d) Compromiso de baixa formulado en documento orixinal e por unha soa vez polo propietario do buque que se vaia substituír ante a autoridade periférica en materia pesqueira do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, polo que se compromete á inmobilización e retirada definitiva deste da actividade pesqueira no momento da entrada en servicio da nova unidade.

Cando o solicitante non sexa titular rexistral do buque aportado como baixa, no dito documento deberá figura-la cesión de dereitos do buque que se vaia substituír a favor do solicitante da nova construcción, xuntándose documento acreditativo da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

As solicitudes de autorización de modernización e/ou reconversión de buques pesqueiros formularase na instancia do anexo I, presentaranse nos servicios centrais da consellería ou nos lugares ós que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992, e a ela xuntaránselle, cunha copia, os seguintes documentos, sen prexuízo dos que ademais se poidan pedir para acreditar algún extremo:

1. Copia cotexada do DNI ou NIF do solicitante.

2. Folla de asento certificada e actualizada do buque.

3. Formularios do anexo III, cuberto nos apartados correspondentes.

4. Nos cambios de censo, caladoiro ou modalidade e nas instalacións ou modificacións dos sistemas ou equipos de detección, extracción, conservación ou tratamento da pesca: unha memoria explicativa.

5. Nas obras que impliquen unha variación das características ou disposición estructural do buque: proxecto realizado por técnico competente que debe incluír cálculo de arqueo en GT e TRB.

6. Nas instalacións ou cambios de motor catálogo coa información técnica detallada deste.

7. Carpeta de baixas, idéntica á definida no artigo 4º punto 4 desta orde, cando as obras impliquen un incremento do arqueo en GT ou da potencia propulsora do buque.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados para dicta-las resolucións de desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta disposición entrará en vigor o día seguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de mayo de 1998.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

4820