Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

EDICTO.

A Comisión de Goberno municipal de Meis, en sesiín do 7 de xuño de 1999, aprobou o prego de condicións xurídicas económico-administrativas que rexerá a contratación, mediante concurso por procedemento aberto e tramitación urxente, das obras de rehabilitación da casa do concello, quedando expostos ó público os ditos pregos durante catro días hábiles, con obxecto de presentación de reclamacións.

Así mesmo anuncio concurso público, se ben a licitación aprazarase no caso de se presentaren reclamacións ós pregos de cláusulas administrativas.

a) Obxecto: rehabilitación da Casa do Concello de Meis.

b) Prezo: 6.770.000 pesetas.

c) Tramitación do expediente: urxente.

d) Garantías:

-Provisional: 2% do tipo de licitación.

-Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

e) Prazo de execución: dous meses.

f) Obtención de documentación e información:

O modelo de proposición, pregos de cláusulas administrativas e demais documentación están á disposición dos interesados nas oficinas municipais tódolos días hábiles de 9 a 14 horas.

g) Presentación de proposicións: nas oficinas deste concello das 9 ás 14 horas, no prazo de trece días naturais a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP o no DOG.

h) Criterios de adxudicación: melloras no proxecto técnico. Melloras no prezo. Experiencia en obras de natureza análoga.

g) Apertura de proposicións: no salón de sesións do concello, ás doce horas do cuarto día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación das propostas, excepto sábados.

Meis, 14 de xuño de 1999.

O alcalde

Rubricado