Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 21 de decembro de 1999 Páx. 14.931

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de novembro de 1999 pola que se autoriza definitivamente ó centro privado París de Pontevedra, para imparti-los ciclos formativos de grao medio perruquería e estética persoal decorativa da familia profesional de Imaxe Persoal, así como o cambio de titularidade.

Examinado o expediente que presenta Miguel Barcia Moreira, no que solicita autorización para poder imparti-los ciclos formativos de grao medio perruquería e estética persoal decorativa da familia profesional de Imaxe Persoal, así como o cambio de titularidade.

Resultando que mediante escritura pública notarial os herdeiros de Miguel Barcia Franco lle ceden a súa titularidade, para tódolos efectos, á entidade Barcia Moreira, S.L.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Real decreto 629/1995 (BOE do 21 de setembro) polo que se establece o título de técnico en perruquería, Real decreto 630/1995 (BOE do 22 de setembro) polo que se establece o título de técnico en estética persoal decorativa, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes pri

vados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro para poder imparti-los ciclos formativos de grao medio que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-Autoriza-lo cambio de titularidade a favor de Barcia Moreira, S.L. con tódolos dereitos e obrigas contraídas polos herdeiros de Miguel Barcia Franco, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre a anterior titularidade do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Cuarto.-O centro que por esta orde se autoriza, deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.- Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Sexto.-Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.

Enderezo: Castelao nº 7-Entreplanta.

Código do centro: 36016747.

Denominación: Centro Privado de Formación Profesional Específica París.

Titular: Barcia Moreira, S.L.

Ensinanzas que se autorizan:

Familia profesional: Imaxe Persoal.-1 ciclo formativo de grao medio perruquería (2 unidades para 30 alumnos/unidade).-1 ciclo formativo de grao medio estética persoal decorativa (1 unidade para 20 alumnos).