Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 21 de decembro de 1999 Páx. 14.918

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 319/1999, do 3 de decembro, polo que se aproba o Programa Estatístico Anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000.

O Plan Galego de Estatística é, conforme o artigo 6 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, o instrumento de ordenación e planificación

da actividade estatística da Comunidade Autónoma de Galicia. Para o seu desenvolvemento e a súa execución, o Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, aprobará un programa estatístico que terá a vixencia dun ano natural conforme establece o artigo 9 da citada lei.

O obxecto deste decreto é aproba-lo Programa Estatístico Anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2000, para dar continuidade á execución do Plan Galego de Estatística 1998-2001, iniciada co Decreto 472/1997, do 12 de decembro, polo que se aproba o Programa Estatístico da Comunidade Autónoma galega para 1998.

En virtude de todo o anterior, de acordo co disposto no artigo 46.2º da citada Lei 9/1988, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, oído o Consello Galego de Estatística e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na reunión do día tres de decembro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o Programa Estatístico Anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2000. Este programa está integrado polo conxunto das actividades estatísticas recollidas no anexo do presente decreto.

Artigo 2º

As actividades estatísticas incluídas neste programa están sometidas ás seguintes regras xerais:

a) A súa execución farase con criterios obxectivos e de conformidade cos principios científicos que aseguren a súa corrección técnica.

b) Cumprirán algún obxectivo operativo de información, instrumental ou de colaboración institucional contido no Plan Galego de Estatística 1998-2001.

c) Manterán o segredo estatístico no que respecta a datos individuais utilizados nas ditas actividades.

d) As actividades estatísticas e os seus resultados serán homologadas polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

e) Os resultados e productos estatísticos obtidos difundiranse adecuadamente.

Artigo 3º

As actividades estatísticas incluídas neste programa están sometidas ás seguintes regras específicas:

a) Deberán explicita-lo obxectivo operativo do plan estatístico ó que fai referencia a actividade.

b) Designarán o organismo responsable de executa-la actividade.

c) Determinarán as persoas físicas ou xurídicas e os entes de dereito público obrigados a subministra-la información requirida.

d) Establecerán o prazo no que os resultados estarán dispoñibles para a súa difusión.

e) Designarán o organismo obrigado a difundi-los resultados da actividade estatística.

f) Establecerán o orzamento estimado destinado á realización da actividade estatística.

Artigo 4º

Para a homologación á que se refire o artigo 2º d) deste decreto as actividades estatísticas deben cumpri-los seguintes requisitos, facéndose constar nas publicacións que se fagan:

1. Os anuarios deben cita-la fonte de procedencia dos datos en cada un dos cadros que conteñan.

Se a fonte fose unha estatística homologada farase constar expresamente a súa homologación polo IGE.

2. As actividades estatísticas que teñan por fonte de información unha enquisa deben incluír unha metodoloxía na que se recollerá explicitamente:

a) O directorio de unidades que se van investigar.

b) O procedemento de selección da mostra.

c) O procedemento de elevación de resultados.

A clasificación das unidades que se van investigar farase conforme a que corresponda das que estean en vigor.

3. As actividades que teñan por fonte de información un rexistro administrativo deben conter:

a) A normativa legal aplicable ó rexistro utilizado.

b) A metodoloxía da elaboración de resultados estatísticos.

c) A coherencia dos datos obtidos e

d) A clasificación de unidades segundo corresponda das que estean en vigor.

4.a) As actividades estatísticas de síntese deben recolle-los directorios utilizados, de xeito detallado, así como a relación das estatísticas empregadas xa sexan estatísticas homologadas polo IGE, estatísticas oficiais contidas no Plan Estatístico Estatal ou Europeo, ou calquera outra, procedéndose neste último caso á súa detallada descrición.

b) As estatísticas de síntese deben seguir, de se-lo caso, a metodoloxía e criterios de valoración contidos no Sistema Europeo de Contas Nacionais e Rexionais (S.E.C. 1995) e os seus desenvolvementos oficiais. Se non fose procedente deberá especificarse a metodoloxía aplicada.

5. Nos censos debe describirse a metodoloxía de elaboración, na que se indicará a aplicada ó proceso de recollida da información e deixar constancia da clasificación de unidades conforme a que corresponda das que estean en vigor.

Artigo 5º

De acordo co previsto no artigo 30 da Lei 6/1997, do 31 de xullo, os organismos e entidades responsables da execución das actividades estatísticas descritas anteriormente remitiranlle os resultados das ditas actividades ó IGE.

Este emitirá un informe sobre o grao de cumprimento das normas reguladoras aplicables ás actividades estatísticas citadas e, se dito informe é favorable, aprobará os resultados e daralle conta da aprobación ó Consello Galego de Estatística.

Ademais, as actividades estatísticas que sexan obxecto de difusión están sometidas ás normas técnicas contidas na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 27 de novembro de 1998.

Artigo 6º

O Instituto Galego de Estatística, como organismo responsable da elaboración do Plan Galego de Estatística e os programas estatísticos anuais, coordinará a execución do presente programa e levará a cabo cantas actuacións sexan necesarias no cumprimento do artigo 30 da Lei 6/1997, do 31 de xullo, do Plan Galego de Estatística 1998-2001.

Disposición adicional

As actividades estatísticas incluídas no presente programa levaranse a efecto dentro das dispoñibilidades orzamentarias existentes no estado de gastos do orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2000.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o titular da Consellería de Economía e Facenda para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución da presente norma.

Segunda.-A presente disposición entrará en vigor o día un de xaneiro do ano 2000.

Santiago de Compostela, tres de decembro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO

Actividades estatísticas, recollidas na Lei 6/1997, do 31 de xullo, do Plan Galego de Estatística 1998-2001 e incluídas no Programa Estatístico Anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2000.

Obxectivos operativos de información relativos a operacións estatísticas en curso.

1. Área de estatísticas demográficas.

2.

Nome.-Estructura da poboación.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-los cambios na estructura da poboación galega.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

3.

Nome.-Movemento natural da poboación: nacementos.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística

Obxectivo.-Coñece-lo número e as características dos nacementos ocorridos en Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

4.

Nome.-Movemento natural da poboación: defuncións.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-lo número e as características das defuncións ocorridas en Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

5.

Nome.-Movemento natural da poboación: matrimonios.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-lo número e as características dos matrimonios celebrados en Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

6.

Nome.-Movementos migratorios. Galicia.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-lo número e as características das migracións ocorridas en Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

2. Área de estatísticas sociolaborais, culturais e ambientais.

a) Estatísticas sociolaborais.

8.

Nome.-Enquisa de poboación activa en Galicia.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Explotar exhaustivamente e difundir trimestralmente os datos sobre a enquisa de poboación activa en Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

9.

Nome.-Mercado de traballo en Galicia.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Elaborar información de síntese sobre o mercado de traballo en Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

b) Estatísticas de educación, cultura e investigación.

10.

Nome.-Directorio de centros de ensino privado.

Organismo responsable.-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo.-Identifica-lo enderezo e as demais características dos centros de ensino privado en Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

c) Estatísticas sanitarias.

12.

Nome.-Análise da mortalidade en Galicia.

Organismo responsable.-Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo.-Coñece-la mortalidade en Galicia e as súas causas.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moderado.

Dispoñibilidade.-Prazo medio.

3. Área de estatísticas económicas.

a) Estatísticas básicas.

13.

Nome.-Enquisa de bovino.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-la producción, a man de obra, os custos e os ingresos das explotacións de ruminantes en Galicia.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

14.

Nome.-Censo da flota pesqueira.

Organismo responsable.-Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obxectivo.-Coñece-la estructura da flota pesqueira galega.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

15.

Nome.-Comercio exterior de Galicia.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-los fluxos de mercadorías de Galicia co estranxeiro segundo as nomenclaturas arancelarias e de actividade económica.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

16.

Nome.-Intercambio de mercadorías co norte de Portugal.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-los fluxos de mercadorías de Galicia co norte de Portugal.

Grao de dificultade.-Moi complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

17.

Nome.-Estatística de edificación e vivenda.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-la actividade do sector de edificación e vivenda.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

18.

Nome.-Directorio de aloxamentos hoteleiros.

Organismo responsable.-Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo.-Coñece-la estructura e a localización territorial dos centros de aloxamento hoteleiros.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

19.

Nome.-Directorio de casas de turismo rural.

Organismo responsable.-Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo.-Coñece-la estructura e a localización territorial das casas de turismo rural en Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

b) Estatísticas de síntese.

20.

Nome.-Macromagnitudes agrarias.

Organismo responsable.-Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo.-Coñece-las principais macromagnitudes do sector agrario en Galicia.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

21.

Nome.-Contas do sector pesqueiro.

Organismo responsable.-Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obxectivo.-Coñece-las principais macromagnitudes do sector pesqueiro en Galicia.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

22.

Nome.-Contas da industria agroalimentaria.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-las principais macromagnitudes da industria agroalimentaria en Galicia.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

24.

Nome.-Contas das administracións públicas galegas.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-la actividade económica do sector público de Galicia.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

25.

Nome.-Contas económicas de Galicia.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-la actividade económica de Galicia.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

26.

Nome.-Táboa input-output de Galicia.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-las relacións intersectoriais da economía de Galicia.

Grao de dificultade.-Moi complexo.

Custo estimado.-Extraordinario.

Dispoñibilidade.-Prazo longo.

c) Estatísticas de conxuntura.

27.

Nome.-Producción e prezos do leite.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-la evolución da cantidade entregada polos productores de leite e a evolución do prezo percibido por estes.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Alto.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

28.

Nome.-Prezos agrarios.

Organismo responsable.-Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo.-Seguimento da evolución dos prezos percibidos e pagados polos agricultores.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moderado.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

29.

Nome.-Índice de producción industrial.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-la evolución da actividade industrial en Galicia.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

30.

Nome.-Enquisa continua de ocupación hoteleira.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-lo número de viaxeiros aloxados en hoteis e hostais, as pernoitas e o grao de ocupación.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

31.

Nome.-Informe da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma.

Organismo responsable.-Consellería de Economía e Facenda.

Obxectivo.-Coñece-los principais resultados económico-financeiros da execución orzamentaria da Administración xeral da Comunidade Autónoma.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

32.

Nome.-Recadación de tributos cedidos.

Organismo responsable.-Consellería de Economía e Facenda.

Obxectivo.-Coñece-la evolución da recadación por tributos cedidos na Comunidade Autónoma.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

33.

Nome.-Contabilidade trimestral de Galicia.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-la evolución trimestral das principais macromagnitudes da economía de Galicia a través dunha síntese dos indicadores máis significativos.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

4. Área de difusión.

34.

Nome.-Anuario de estatísticas agrarias.

Organismo responsable.-Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo.-Difundir nunha única fonte de consulta a información estatística máis relevante sobre o sector agrario en Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

35.

Nome.-Galicia en cifras.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Difundi-la información básica de carácter demográfico, social e económico de Galicia, con ordenación temática e sistemática.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

36.

Nome.-Anuario Galicia-rexión norte de Portugal.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística e Dirección Rexional INE Norte de Portugal.

Obxectivo.-Difundi-la información básica de carácter demográfico, económico e social de forma comparable para ambos territorios.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

38.

Nome.-Boletín trimestral de indicadores de conxuntura.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Difundi-las principais series de indicadores sobre a economía de Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

39.

Nome.-Difusión por Internet.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Subministrarlle ó público un volume elevado de datos mediante un servidor en Internet.

Grao de dificultade.-Moi complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

Obxectivos operativos de información relativos a operacións estatísticas de nova implantación

2. Área de estatísticas sociolaborais, culturais e ambientais.

a) Estatísticas sociolaborais.

40.

Nome.-Rexistro de ofertas e demandas de traballo.

Organismo responsable.-Consellería da Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo.-Coñece-lo número e as características das ofertas e demandas de traballo realizadas a través do Servicio Galego de Colocación.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

41.

Nome.-Folgas e peches patronais.

Organismo responsable.-Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo.-Obter información sobre as folgas e os peches patronais en Galicia.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

42.

Nome.-Regulación de emprego.

Organismo responsable.-Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo.-Coñece-lo número de traballadores afectados por medidas de regulación de ocupación en Galicia e as causas polas que se presentaron os expedientes.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

43.

Nome.-Conciliacións individuais e colectivas.

Organismo responsable.-Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo.-Obter información sobre as conciliacións individuais e colectivas levadas a cabo en Galicia por motivo de despedimentos, reclamacións de cantidades e outros motivos.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

44.

Nome.-Sancións e demais actuacións públicas en materia laboral.

Organismo responsable.-Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo.-Obter información sobre as actas de infracción levantadas pola inspección de traballo en Galicia.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

45.

Nome.-Sinistralidade laboral.

Organismo responsable.-Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo.-Coñece-la incidencia da sinistralidade laboral en Galicia a través dos comunicados das mutuas laborais ós centros de seguridade e hixiene no traballo e as condicións de saúde no traballo.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

46.

Nome.-Eleccións sindicais.

Organismo responsable.-Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo.-Coñecer de forma detallada os resultados das eleccións sindicais en Galicia.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

47.

Nome.-Directorio de sociedades cooperativas e de sociedades anónimas laborais.

Organismo responsable.-Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo.-Coñece-la estructura e a localización das sociedades cooperativas e anónimas laborais en Galicia.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

48.

Nome.-Directorio de centros de traballo.

Organismo responsable.-Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo.-Coñece-la estructura e a localización dos centros de traballo en Galicia.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

49.

Nome.-Directorio das oficinas de información xuvenil e para o emprego.

Organismo responsable.-Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo.-Coñece-la localización, o número e as características desas dependencias.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

50.

Nome.-Estatísticas de persoal.

Organismo responsable.-Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Obxectivo.-Coñece-lo número e as características do persoal empregado na Administración autonómica.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

51.

Nome.-Afiliacións á Seguridade Social.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-las variacións de afiliacións á Seguridade Social.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

52.

Nome.-Estatística de pensións e outras prestacións.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-la estructura e as características das pensións e outras prestacións sociais.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

53.

Nome.-Salarios nas administracións públicas.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-los salarios pagados polas administracións públicas en Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

b) Estatística de educación, cultura e investigación.

55.

Nome.-Directorio de centros de ensino público.

Organismo responsable.-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo.-Coñece-la estructura e a localización dos centros de ensino público de Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

56.

Nome.-Mapa do sistema educativo non universitario.

Organismo responsable.-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo.-Coñece-las características e a evolución do sistema educativo non universitario de Galicia.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

57.

Nome.-Mapa do sistema universitario de Galicia.

Organismo responsable.-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo.-Coñece-las características e a evolución do sistema universitario de Galicia.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

58.

Nome.-Estatística do gasto público en educación.

Organismo responsable.-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo.-Coñece-las principais características do gasto público en educación.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

59.

Nome.-Directorio de bibliotecas.

Organismo responsable.-Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo.-Coñece-la estructura e a localización das bibliotecas de Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

61.

Nome.-Directorio de cines e teatros.

Organismo responsable.-Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo.-Coñece-la estructura e a localización dos cines e teatros de Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

62.

Nome.-Directorio de fundacións e de asociacións.

Organismo responsable.-Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo.-Coñece-la localización, o número, a estructura e as características desas institucións.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

63.

Nome.-Carné xove.

Organismo responsable.-Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo.-Coñece-lo número e as características dos usuarios deste carné e das súas familias (idade, nivel de estudios, localización, etc.).

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

c) Estatísticas sanitarias.

65.

Nome.-Directorio de establecementos sanitarios.

Organismo responsable.-Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo.-Coñece-la estructura e a localización dos establecementos sanitarios de Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

66.

Nome.-Estatística de establecementos sanitarios en réxime de internado.

Organismo responsable.-Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo.-Coñece-las principais características dos establecementos sanitarios en réxime de internado en Galicia.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

67.

Nome.-Enfermidades de declaración obrigatoria.

Organismo responsable.-Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo.-Coñece-la incidencia en Galicia das enfermidades infecciosas.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

68.

Nome.-Morbilidade hospitalaria.

Organismo responsable.-Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo.-Coñece-la morbilidade atendida nos hospitais de Galicia en función do diagnóstico definitivo ou de saída e determina-la estadía media en hospital por tipo de diagnóstico.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo medio.

69.

Nome.-Estructura do sector sanitario.

Organismo responsable.-Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo.-Coñece-la estructura do sector sanitario.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moderado.

Dispoñibilidade.-Prazo medio.

d) Indicadores sociais e condicións de vida.

71.

Nome.-Enquisa de condicións de vida das familias.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-los datos básicos sobre a evolución das situacións de familia, residencia e vivenda e de formación e actividade e coñecemento e uso do idioma galego, experimentadas pola poboación de Galicia.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Alto.

Dispoñibilidade.-Prazo medio.

72.

Nome.-Directorio de centros de infancia, de menores, da xuventude e da muller.

Organismo responsable.-Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo.-Coñece-la localización, o número, a estructura e as características desas institucións.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

73.

Nome.-Estatística de familias numerosas.

Organismo responsable.-Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo.-Coñece-la composición, a localización, o número, a situación profesional, o nivel de estudios, etc., deste colectivo.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

74.

Nome.-Estatística de adopcións e acollementos.

Organismo responsable.-Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo.-Coñece-la composición, a localización, o número, a situación profesional, o nivel de estudios, etc., destas familias.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

e) Estatísticas ambientais.

75.

Nome.-Estatística de calidade ambiental.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-lo volume e as características da contaminación ambiental en Galicia.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Baixo

Dispoñibilidade.-Prazo medio.

76.

Nome.-Incendios forestais.

Organismo responsable.-Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo.-Coñece-lo número e a superficie afectada polos incendios forestais en Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

77.

Nome.-Espacios naturais protexidos.

Organismo responsable.-Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo.-Coñece-las características de espacios protexidos en Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo

Dispoñibilidade.-Inmediata.

3. Área de estatísticas económicas.

a) Estatísticas básicas.

78.

Nome.-Censo de maquinaria agraria.

Organismo responsable.-Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo.-Coñece-las características e a evolución dos parques de maquinaria agraria.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

79.

Nome.-Censo de explotacións gandeiras galegas.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-las características e o número de explotacións gandeiras galegas.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

80.

Nome.-Estatística de permisos de explotacións de marisqueo e acuicultura.

Organismo responsable.-Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obxectivo.-Coñece-lo número, as características e a duración das autorizacións para exercer estas actividades.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

85.

Nome.-Directorio de cámpings.

Organismo responsable.-Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo.-Coñece-la estructura e a localización dos cámpings de Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

86.

Nome.-Directorio de axencias de viaxe.

Organismo responsable.-Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo.-Coñece-la estructura e a localización das axencias de viaxe en Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

87.

Nome.-Estatística de gasto do turismo que pernoita en establecementos hoteleiros.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-lo gasto efectuado por este tipo de turismo.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moderado.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

b) Estatísticas de síntese.

91.

Nome.-Contas económicas do sector industrial.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-las principais macromagnitudes do sector industrial en Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

92.

Nome.-Contas económicas da enerxía.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-las principais macromagnitudes do sector enerxético en Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

93.

Nome.-Análise económico-financeira das corporacións galegas.

Organismo responsable.-Consellería de Economía e Facenda.

Obxectivo.-Coñece-la estructura económico-financeira das corporacións locais galegas a través dos orzamentos e das liquidacións orzamentarias.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

c) Estatísticas de conxuntura.

95.

Nome.-Avance de superficies e producción agrarias.

Organismo responsable.-Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo.-Obter estimacións sobre as superficies sementadas e as principais produccións agrarias.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

96.

Nome.-Estatística de sacrificio de gando.

Organismo responsable.-Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo.-Coñece-lo volume mensual da carne sacrificada das principais especies gandeiras.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

97.

Nome.-Licencias de cortas de madeira.

Organismo responsable.-Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo.-Coñece-lo volume de cortas de madeira autorizadas en Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

98.

Nome.-Prezos da terra.

Organismo responsable.-Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo.-Medi-la evolución dos prezos da terra de usos agrarios.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

99.

Nome.-Pesca: Estatística de vendas en primeira comercialización.

Organismo responsable.-Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obxectivo.-Coñece-lo volume e o valor da pesca comercializada a través das lonxas galegas.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

100.

Nome.-Índice de prezos industriais.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Coñece-la evolución dos prezos industriais en Galicia.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

101.

Nome.-Índice de vendas de comercio polo miúdo.

Organismo responsable.-Consellería de Industria e Comercio.

Obxectivo.-Coñece-la evolución temporal das vendas no comercio minorista.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

4. Área de difusión.

103.

Nome.-Datos básicos de Galicia.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Dar a coñece-los datos máis salientables de Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

104.

Nome.-Indicadores municipais e comarcais.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Elaborar e difundir información básica dos concellos e comarcas de Galicia.

Grao de dificultade.-Complexo

Custo estimado.-Baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

105.

Nome.-Anuario de pesca.

Organismo responsable.-Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obxectivo.-Difundir nunha única fonte de consulta a información estatística máis relevante sobre o sector pesqueiro en Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

106.

Nome.-Recadación por tributos. Galicia.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Difundi-los resultados da recadación por tributos en Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

107.

Nome.-Atlas electoral de Galicia.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Difundi-los resultados das consultas electorais realizadas en Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

109.

Nome.-Enquisa sobre a estructura das explotacións agrarias.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística

Obxectivo.-Difundi-los resultados do censo de locais en Galicia.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo medio.

111.

Nome.-Biblioteca do Instituto Galego de Estatística.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Poñer á disposición dos distintos usuarios os fondos documentais do Instituto Galego de Estatística.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

112.

Nome.-Boletín de actualidade estatística.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Dar a coñece-la información publicada, a dispoñible e a de próxima publicación polo IGE.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

113.

Nome.-Memoria anual de actividades do Instituto Galego de Estatística.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Realizar un balance sobre a actividade realizada polo Instituto Galego de Estatística ó longo do ano.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

Obxectivos operativos instrumentais

5. Área de metodoloxía, formación e organización.

114.

Nome.-Documentación técnica de operacións estatísticas.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Sistematiza-la documentación técnica de operacións estatísticas.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

115.

Nome.-Aproveitamento estatístico dos rexistros administrativos.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Potencia-lo aproveitamento estatístico da información de orixe administrativa de Galicia, subministrando a asistencia técnica necesaria para a súa correcta utilización estatística.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moderado.

Dispoñibilidade.-Prazo medio.

116.

Nome.-Elaboración de mostras estatísticas.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Profundar no estudio da estatística matemática e as súas aplicacións concretas ó deseño de mostras estatísticas e na súa análise.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

117.

Nome.-Deseño de cuestionarios.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Facilita-la aplicación de criterios de idoneidade técnica dos cuestionarios, subministrando o apoio técnico e metodolóxico necesarios a fin de preserva-la súa corrección.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

118.

Nome.-Análise de necesidades estatísticas e elaboración dos programas anuais.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística

Obxectivo.-Estudiar e concreta-lo cumprimento dos obxectivos do Plan estatístico.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

119.

Nome.-Seguimento do Plan estatístico e dos programas anuais.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Supervisa-lo cumprimento dos compromisos adquiridos polas distintas institucións en virtude do Plan estatístico e dos programas anuais que o desenvolven.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

120.

Nome.-Formación en procedementos estatísticos.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Organizar programas de formación, cursos e actividades orientadas á reciclaxe do persoal estatístico en técnicas e métodos estatísticos.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

121.

Nome.-Optimización do sistema de recollida de información.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Facilita-la recollida de información directa así como evitar no posible as duplicidades.

Grao de dificultade.-Sinxelo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo medio.

123.

Nome.-Bases de datos.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Creación e mantemento de bases de datos estatísticos para o seu uso interno, automatización de publicacións e alimentación dos servicios de difusión telemática.

Grao de dificultade.-Moi complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Inmediata.

124.

Nome.-Adaptación de sistemas de información xeográfica.

Organismo responsable.-Secretaría Xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal.

Obxectivo.-Facilita-la obtención, a xestión, a manipulación, a análise, a modelaxe, a representación e a saída de datos referenciados espacialmente para resolver problemas complexos de planificación e xestión.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moderado.

Dispoñibilidade.-Prazo medio.

125.

Nome.-Colaboración estatística con centros de investigación.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Promove-la colaboración institucional cos centros de investigación radicados en Galicia.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo curto.

126.

Nome.-Adaptación ó S.E.C./95.

Organismo responsable.-Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo.-Adapta-los sistemas de estimación de macromagnitudes ó marco metodolóxico do sistema europeo de contas na súa revisión de 1995.

Grao de dificultade.-Complexo.

Custo estimado.-Moi baixo.

Dispoñibilidade.-Prazo medio.