Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2000 Páx. 4.797

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión paritaria do convenio colectivo do sector de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Ourense, co fin de actualiza-los salarios para o ano 2000.

Visto o texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo do sector do transporte de viaxeiros

por estrada de Ourense (código convenio nº 3200315), co fin de actualiza-los salarios para o ano 2000, con entrada nesta delegación provincial o día 23-2-2000, subscrita en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Transporte de Viaxeiros por Estrada de Ourense, e, da parte social, polas centrais sindicais CC.OO, UGT e CIG, o día 21-2-2000, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 29 de febreiro de 2000.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo do sector de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Ourense para os anos 1999 e 2000

Asistentes:

Pola parte sindical:

CC.OO., José Gómez Gómez.

UGT, Juan José Mateos Galache.

CIG, Xan Losada González.

Pola parte empresarial:

Asociación de Empresarios de Transporte de Viajeros por Carretera de Ourense, Antonio Pérez González, Ángel Villalón del Río, Manuel Maneiro, Fidel Martínez.

En Ourense, ás 19 horas do día 21 de febreiro de 2000, reúnense os membros da comisión paritaria do convenio colectivo do sector de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Ourense para os anos 1999 e 2000, co fin de actualiza-los salarios para o segundo ano de aplicación do convenio.

A representante empresarial di que, de acordo co establecido no parágrafo segundo do artigo 16 do

convenio colectivo vixente, o incremento que se aplicará é o IPC ó 31 de decembro máis 0,75%. Tendo en conta que o IPC o 31 de decembro foi do 2,9%, isto fai que o incremento salarial aplicable sexa do 3,65%.

Tendo isto en conta, chégase ós seguintes acordos:

1. Modificación do artigo 31 do convenio colectivo, actualizando a contía da gratificación de actividade:

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá unha gratificación de actividade equivalente a 556 pesetas por día efectivamente traballado.

2. Modificación do artigo 39 do convenio colectivo, actualizando a contía da gratificación polo transporte de correo:

Os cobradores de liñas interurbanas que sexan portadores de correo percibirán unha gratificación de 66 pesetas os días que efectivamente presten tal servicio.

3. Modificación da táboa salarial, actualizando a súa contía nun 3,65%.

ANEXO I

Táboa salarial 2000

E, sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión cando son as 20 horas, no mesmo lugar e data establecido ó inicio, levantándose para o efecto esta acta que, en proba de conformidade, asinan os presentes por sextuplicado exemplar.

Grupos e categorías profesionaisSalario baseGratificación de

actividade

Grupo I. Persoal superior e técnico

Xefe de servicio120.965556 ptas./día

Enxeñeiros e licenciados118.784556 ptas./día

Enxeñeiro técnico e Aux. titulado106.920556 ptas./día

ATS106.920556 ptas./día

Grupo II. Persoal administrativo

Xefe de sección88.932556 ptas./día

Xefe de negociado88.587556 ptas./día

Oficial de 1ª88.211556 ptas./día

Oficial de 2ª87.011556 ptas./día

Auxiliar administrativo86.414556 ptas./día

Aspirante86.387556 ptas./día

Grupo III. Persoal de movemento

Xefe de estación 1ª88.934556 ptas./día

Xefe de estación 2ª87.734556 ptas./día

Xefe de administración 1ª88.934556 ptas./día

Xefe de administración en ruta88.211556 ptas./día

Empregado despacho billetes84.483556 ptas./día

Factor84.483556 ptas./día

Grupo IV. Transporte de viaxeiros en autobuses e microbuses

Xefe de tráfico de 1ª88.934556 ptas./día

Xefe de tráfico de 2ª88.934556 ptas./día

Xefe de tráfico de 3ª87.734556 ptas./día

Grupos e categorías profesionaisSalario baseGratificación de

actividade

Inspector2.875 ptas. día natural556 ptas./día

Conductor-chofer2.875 ptas. día natural556 ptas./día

Conductor-perceptor2.875 ptas. día natural556 ptas./día

Cobrador2.875 ptas. día natural556 ptas./día

Grupo V. Persoal de servicios de talleres e auxiliares

Xefe de taller88.947556 ptas./día

Encargado contramestre87.767556 ptas./día

Encargado xeral87.767556 ptas./día

Encargado almacén87.767556 ptas./día

Xefe de equipo2.900 ptas. día natural556 ptas./día

Oficial de 1ª2.900 ptas. día natural556 ptas./día

Grupo VI. Persoal de talleres auxiliares

Oficial de 2ª2.871 ptas. día natural556 ptas./día

Oficial de 3ª2.815 ptas. día natural556 ptas./día

Conductor mecánico2.952 ptas. día natural556 ptas./día

Mozo de taller2.798 ptas. día natural556 ptas./día

Aprendiz de primeiro anoSegundo lexislación vixente

Aprendiz de 2º ou 3º anoSegundo categoría profesional

Grupo VII. Persoal subalterno

Cobrador de facturas84.831556 ptas./día

Telefonista84.831556 ptas./día

Porteiro84.831556 ptas./día

Vixilante84.831556 ptas./día

Limpadora84.831556 ptas./día