Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 18 de maio de 2000 Páx. 7.784

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 106/2000, do 27 de abril, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en saúde ambiental.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 540/1995, do 7 de abril, establece o título de técnico superior en saúde ambiental e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades

profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresaíntes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades productivas do sector ó que corresponda o título e, ó mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno productivo en que radica o centro, non puideron ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintesete de abril de dous mil,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativo ó título de técnico superior en saúde ambiental, regulado polo Real decreto 540/1995, do 7 de abril, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no número 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no número 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no número 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no número 4.1. do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no número 4.2.1. do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste título son as que se expresan no número 4.2.2. do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no número 4.2.3. do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición deste ciclo formativo son os que se determinan no número 4.3. do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos números 4.4.1. e 4.4.2. do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder ós estudios universitarios que se indican no número 4.4.3. do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no número 4.5. do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste número serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposición derradeira

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintesete de abril de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: saúde ambiental.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

* Realiza-las operacións de inspección necesarias para identificar, controlar, vixiar, avaliar e, se é o caso, corrixi-los factores de risco ambiental para a saúde, desenvolvendo programas de educación e promoción da saúde das persoas na súa interacción co medio, baixo a supervisión correspondente.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Realizar, ó seu nivel, a xestión da unidade ou gabinete, xestionando o ficheiro de clientes ou inspeccións, a adquisición, almacenamento, reposición e mantemento do instrumental e material, e obtendo os informes técnicos e resumos das actividades necesarias para a operación.

* Pór en servicio e utilizar correctamente o material e aparellos, controla-lo seu bo funcionamento, detectar anomalías puntuais e realiza-lo seu mantemento de primeiro nivel.

* Tratar estatisticamente os datos obtidos; detectar desviacións e emiti-los informes técnicos orientados a informar sobre os factores de risco en saúde ambiental; e desenvolver propostas de intervención para o control dos ditos factores, enmarcadas no cumprimento da normativa vixente.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Actuar en todo momento con atención ás normas de seguridade e prevención de riscos en persoas, máquinas e instalacións.

* Resolver problemas e tomar decisións, dentro do ámbito da súa competencia, e consulta-las ditas decisións cando as súas repercusións na coordinación con outras áreas (económicas, laborais ou de seguridade) sexan importantes.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Posuír unha visión global e integrada das distintas técnicas de inspección e análise in situ dos compoñentes físicos, químicos e biolóxicos que poden constituír un risco para a saúde da poboación, asociados a contaminantes ambientais no aire, auga, solo, residuos e alimentos.

* Organizar e/ou programar, ó seu nivel, o traballo da unidade ou gabinete; adaptar procedementos; producir información ou instruccións; e previr, asignar ou distribuír tarefas, recursos e materiais.

* Potencia-lo coñecemento, actitudes e hábitos preventivos e hixiénico-sanitarios da poboación, na súa relación co contorno ambiental.

* Interpretar, comprender e transmiti-la información técnico-científica, plans de traballo e manuais de operacións para pór a punto, realizar e controla-los distintos procesos da unidade de saúde ambiental.

* Interpretar información sobre os procesos, normativa e medidas de protección na saúde ambiental, analizando e localizando os factores ou axentes e puntos susceptibles de intervención e control.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:

* Participar na posta a punto de novas técnicas, proxectos de investigación e programas formativos, e propor melloras relacionadas coa eficiencia e coa seguridade.

* Adaptarse ás novas situacións laborais xeradas como consecuencia das innovacións tecnolóxicas e organizativas introducidas na súa área laboral.

* Colaborar cos membros do equipo de traballo, asumi-las responsabilidades conferidas a el, cumpri-los obxectivos asignados e mante-lo fluxo de información adecuado.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos e/ou profesionais de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos e ocupacións concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Organización administrativa da unidade de saúde ambiental.

* Programación do traballo (intervencións) e previsión, ó seu nivel, das necesidades materiais da unidade de saúde ambiental.

* Recepción, información e rexistro de datos das actuacións realizadas na unidade de saúde ambiental.

* Participar no desenvolvemento do programa de mantemento e posta en marcha dos equipos da unidade de saúde ambiental.

* Obtención e identificación de mostras asociadas a posibles contaminantes ambientais.

* Desenvolvemento das técnicas de identificación, control e vixilancia (inspección) dos riscos nocivos para a saúde da poboación, asociados a contaminantes ambientais no aire, auga, solo, residuos e alimentos.

* Realización de análises in situ dos posibles contaminantes ambientais.

* Tratamento estatístico dos datos obtidos para controla-los factores de risco en saúde ambiental (epidemiolóxicos).

* Participar no deseño, planificación e aplicación de programas de educación ambiental.

2.4. Unidades de competencia:

1. Organizar e xestiona-la unidade de saúde ambiental.

2. Identificar, controlar e vixia-los riscos para a saúde da poboación xeral asociados ó uso da auga.

3. Identificar, controlar e vixia-los riscos para a saúde da poboación xeral asociados ó aire e distintas fontes de enerxía.

4. Identificar, controlar e vixia-los riscos para a saúde da poboación xeral asociados a productos químicos e vectores de interese en saúde pública.

5. Identificar, controlar e vixia-los riscos para a saúde da poboación xeral asociados á xestión de residuos sólidos e de medio construído.

6. Identificar, caracterizar, controlar e vixia-los riscos para a saúde da poboación xeral asociados á contaminación dos alimentos.

7. Fomenta-la saúde das persoas mediante actividades de educación ambiental.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: organizar e xestiona-la unidade de saúde ambiental:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Organiza-los recursos materiais, inventariar e controlar existencias, segundo as normas de réxime interno.* Compróbase que os recursos materiais recibidos son os correspondentes ó pedido realizado, tanto en calidade como en cantidade.

* As altas e baixas de material son rexistradas, manual ou informaticamente, axustándose ós procedementos e códigos establecidos.

* Na conservación, almacenamento, distribución e colocación dos materiais, reactivos, mostras e aparellos da unidade cúmprense as normas de seguridade do fabricante e da unidade.
* Ó realiza-lo inventario e control de existencias do material, tanto en uso como no almacén, séguese o procedemento da unidade.
* Compróbase a correcta conservación e o mantemento do material inventariable e funxible da unidade.

1.2.Realiza-lo mantemento preventivo e de uso, controla-las reparacións, comproba-lo funcionamento e realizar calibracións de rutina dos equipos ó seu cargo, seguindo o procedemento establecido e a ficha de mantemento.* Realízase o mantemento preventivo do equipo e aparellos de medida axustándose ó procedemento recomendado polo fabricante e á ficha de mantemento.

* Realízanse as operacións necesarias de substitución de pezas e pequenas reparacións dos aparellos ó seu cargo.

* Despois de que os técnicos de mantemento efectúen reparacións nos equipos, compróbase o seu adecuado funcionamento.

* Verifícase que as calibracións de rutina efectuadas nos equipos se axustan ós protocolos normalizados de traballo.
* Compróbase que todo o material está preparado para o seu uso inmediato.

1.3.Organizar e desenvolve-los arquivos e a documentación técnica da unidade, segundo as normas e os procedementos establecidos.* Defínense as fichas tipo adecuadas ás distintas necesidades da unidade.

* Efectúase a depuración e actualización periódica dos arquivos e da documentación técnica.

* Clasifícase e codifícase a documentación científico-técnica (libros e revistas) e de uso laboral (manual de procedementos), manténdoa actualizada e procedendo ó arquivo da previa.

1.4.Obte-los informes e resumos de actividades mediante o tratamento da información da base de datos.* O rexistro de actuacións está axustado ós procedementos e códigos establecidos.

* Anótanse os resultados obtidos nas correspondentes follas de traballo, realizando as operacións de cálculo necesarias para expresa-los resultados obtidos nas unidades habituais, trala súa validación polo responsable da unidade.

* Efectúase o rexistro dos resultados e actividades realizadas en cada unha das unidades (campo, laboratorio e administrativa), permitindo avalia-la xestión humana do proceso e o seu control.
* A emisión de informes está dentro do tempo establecido nos protocolos, dependendo da actividade realizada e da área de traballo.
* Introdúcense na base informática os resultados xerados, cos criterios de periodicidade establecidos, segundo criterios do sistema de vixilancia e trala súa confirmación.
* Obtéñense, co tratamento de datos, os indicadores estatísticos (censos sobre instalacións e fontes de risco para a saúde, gráficos, táboas e gráficos sobre a evolución da calidade e/ou indicadores controlados) que permiten avalia-lo grao de cumprimento de obxectivos, actividades e programas da unidade.

RealizaciónsCriterios de realización

1.5.Interpretar información científico-técnica (procesos de análise, de calidade, manuais de procedementos e equipos...) e adaptar procedementos producindo información oral ou escrita que permite a execución da actividade cos niveis de calidade establecidos, optimizando os recursos asignados.* A información ou instruccións escritas son claras, precisas e adaptadas ós medios da unidade.

* A información producida concreta, nun caso:-Técnica que se debe empregar.-Equipos e instrumentos que interveñen.-Secuencia e operacións precisas.-Parámetros que cómpre controlar.-Material auxiliar.-Necesidade de calibracións.

1.6.Organizar, preparar e programa-lo traballo prevendo, asignando ou distribuíndo tarefas, equipos, recursos e/ou tempos de execución.* A programación permite cumpri-los obxectivos asignados á unidade e/ou as demandas de intervención.

* A programación asigna eficazmente e optimiza os recursos.

* A programación integra tódalas fases e obxectivos, conxugando adecuadamente as necesidades e situacións operativas de medios, recursos humanos e materiais.

* O material preparado e os protocolos e/ou normas de inspección adoptadas son os necesarios e adecuados ó traballo.
* Realízase a verificación do funcionamento e calibraxe dos equipos de medida e toma de mostras segundo as normas establecidas, permite detecta-los erros e queda rexistrada adecuadamente.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Redes locais, ordenadores persoais e programas de aplicación informáticos. Libros de rexistro, arquivos e ficheiros. Fichas de inspección e seguimento. Equipos portátiles e fixos de mostraxe e medida.

-Resultados e/ou productos obtidos:

Pedidos de equipos, material e/ou reactivos. Cronograma de traballo. Folla de ruta. Boletíns analíticos, informes analíticos. Resumo de actividades.

-Procesos, métodos e procedementos:

Proceso de datos. Programa informático e/ou manual.

-Información:

Solicitudes analíticas. Ficha. Protocolos técnicos de traballo. Normas de mantemento de equipos. Normas para o control de calidade e normas de seguridade. Albarás de material e/ou reactivos.

-Persoal e/ou organización destinataria:

Persoal técnico das diferentes unidades. Provedores. Subministracións centrais. Servicios técnicos de equipos. Titulados superiores das distintas unidades e áreas.

2.5.2. Unidade de competencia 2: identificar, controlar e vixia-los riscos para a saúde da poboación xeral asociados ó uso da auga:

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Inspeccionar sistemas de abastecemento e producción de auga potable, detectando e caracterizando as deficiencias técnico-sanitarias existentes e vixiando o cumprimento das normas legais establecidas.* Os protocolos e normas de inspección adoptadas son os correctOs para cada tipo de sistema e/ou puntos estudiados, xa que se seleccionan os puntos críticos do sistema, tendo en conta:-Requisitos hixiénico-sanitarios dos sistemas de abastecemento (protección da captación, arqueta de bombeo e sistema de conducción).-Sistemas de captación de auga e calidade da auga en orixe: manancial, pozo, río, encoro, outros.-Procesos de tratamentos de auga de consumo: osixenación, coagulación, floculación, decantación, filtración, desodorización e fluoración.-Requisitos hixiénico-sanitarios do depósito regulador e depósito distribuidor.-Requisitos hixiénico-sanitarios da rede de distribución das augas de consumo público (chave de toma e chave do

consumidor).

RealizaciónsCriterios de realización

* Selecciónanse os métodos de desinfección de augas de consumo público que permitan clasifica-las augas como potables, non potables e excepcionadas, a partir de:-Obxectivos da desinfección.-Vantaxes e inconvenientes dos diferentes sistemas de desinfección: métodos físicos e químicos (cloración e ozonización).
* Valóranse os métodos de protección e corrección das augas de bebida envasada segundo a súa cualificación: mineral natural, manancial e preparada.
* As alteracións detectadas son comunicadas á entidade xestora e/ou autoridade competente con carácter inmediato, incluíndo as recomendacións sobre as correccións que hai que introducir no caso de risco inminente para a saúde colectiva.
* Realízase a recollida de datos e cobertura de protocolos de forma obxectiva, permitindo a caracterización hixiénico-sanitaria e o posterior tratamento estatístico dos datos.
* Séguense as normas técnicas e legais no levantamento de actas que permiten, se procede, a incoación de expedientes.

2.2.Inspeccionar zonas de baños naturais (continentais e mariñas) e recintos pechados (piscinas), detectando e caracterizando as deficiencias técnico-sanitarias existentes e vixiando o cumprimento das normas legais establecidas.* Os protocolos e as normas de inspección adoptadas son os correctos para cada tipo de uso recreativo da auga, xa que se seleccionan os puntos críticos nas redes de vixilancia, dependendo de se se trata de zonas de baños naturais (continentais e mariñas) ou de recintos pechados (piscina cuberta e de temporada).

* Verifícase a calidade e idoneidade das instalacións, segundo requisitos hixiénico-sanitarios do vaso, solario, vestiarios, servicios, depuradora e sistemas de desinfección en recintos pechados, que permiten identifica-la calidade da auga de baño tendo en conta os caracteres estéticos, transparencia, cor e hixiene.

* Identifícase o grao de desinfección da auga de cada un dos vasos e o seu poder desinfectante, segundo o valor do contido en desinfectante e pH.
* As alteracións detectadas son comunicadas á entidade xestora e/ou autoridade competente con carácter inmediato, incluíndo as recomendacións sobre as correccións que hai que introducir no caso de risco inminente para a saúde colectiva.
* Realízase de forma obxectiva a recollida de datos e cobertura de protocolos, permitindo a caracterización hixiénico-sanitaria e o posterior tratamento estatístico dos datos.
* Séguense as normas técnicas e legais no levantamento de actas, permitindo a incoación de expedientes.

2.3.Inspeccionar sistemas de recollida, evacuación, tratamento e vertido de augas residuais e de rega, detectando e caracterizando as deficiencias técnico-sanitarias existentes e vixiando o cumprimento das normas legais establecidas.* Os protocolos e as normas de inspección adoptadas son os correctos. Selecciónanse os puntos críticos nas redes de vixilancia para determina-lo potencial contaminante en orixe das augas residuais, dependendo de que se trate dun pozo negro ou dunha fosa séptica e dos sistemas de recollida, evacuación e depuración.

* Determínase a calidade sanitaria da rede de sumidoiros e do sistema de depuración de augas en función da colectividade á que lle dan cobertura (número de habitantes) e do sistema de depuración empregado (filtro verde, leito de turba, estanque de estabilización e oxidación total por turbina).

* Realízase o control das augas residuais mediante a utilización de test de ecotoxicidade.
* Realízase a verificación do funcionamento da depuradora mediante o control, in situ, dos parámetros estéticos, fisicoquímicos e microbiolóxicos da auga bruta e depurada: pH, conductividade, turbidez, OD, temperatura, DQO, STS, STD, DBO5, CT, CF e salmonela, que figuran nos rexistros da empresa ou entidade xestora.
* As alteracións detectadas son comunicadas á entidade xestora e/ou autoridade competente con carácter inmediato, incluíndo as recomendacións sobre as correccións que hai que introducir no caso de risco inminente para a saúde colectiva.
* Realízase de forma obxectiva a recollida de datos e cobertura de protocolos, permitindo a caracterización hixiénico-sanitaria e o posterior tratamento estatístico dos datos.
* Séguense as normas técnicas e legais no levantamento de actas, permitindo a incoación de expedientes.

2.4.Tomar mostras de auga para controlar e vixia-la súa calidade, en condicións e cantidade adecuadas e cos medios e instrumental precisos.* Identifícase correctamente o punto de mostraxe en piscinas, zonas de baño, puntos de vertido e depuradoras de augas residuais, aplicando criterios técnico-legais e permitindo a avaliación da calidade da auga en orixe e planta envasadora.

RealizaciónsCriterios de realización

* Tómanse as mostras segundo as normas establecidas, en función da súa natureza e das análises (inicial, contradictoria ou diaria) e ensaios a que se someterán.
* Utilízanse os instrumentos, material de recolleita e conservantes normalizados e recomendados polo laboratorio para cada tipo de mostra, en función dos parámetros que hai que identificar e logo da desinfección do material utilizado para a mostraxe en cada punto.
* As mostras son identificadas e etiquetadas univocamente de acordo coas normas e os códigos establecidos.
* Realízase a conservación e o transporte das mostras conforme as normas establecidas.
* Fanse chega-las mostras ó laboratorio de control, cos volantes de solicitude correspondentes, logo do seu rexistro.

2.5.Realizar análises in situ para determina-las características hixiénico-sanitarias das distintas augas que permitan determina-la calidade da auga de consumo, baño, control de vertidos e vixilancia dos sistemas de tratamento e depuración.* Os equipos medidores e laboratorios portátiles son os idóneos para determina-lo grao de desinfección e potabilización da auga de consumo público en orixe (temperatura, pH, conductividade e turbidez) ou na rede de distribución (temperatura, pH, conductividade, turbidez e concentración do desinfectante).

* Os equipos medidores e laboratorios portátiles son os idóneos para as determinacións que hai que realizar en piscinas (pH, transparencia, cor, aceites e desinfectante), baño (pH, turbidez, aceites, cor e materias orgánicas) e residuais (pH, conductividade, turbidez e osíxeno disolto).

* Efectúanse as análises e medidas de acordo con protocolos normalizados e manuais operativos, dependendo de que a análise que hai que realizar sexa inicial, ocasional, mínima, normal ou completa en augas de consumo público.
* Os valores das medicións efectuadas e as características organolépticas, fisicoquímicas, microbiolóxicas e biolóxicas analizadas quedan correctamente determinados e rexistrados nos cadernos de traballo e impresos normalizados.
* Fánselle chega-los boletíns analíticos e impresos cubertos á unidade de rexistro, tratamento e avaliación e/ou técnico de supervisión, no prazo previsto.
* Elabóranse informes sinxelos a partir das observacións visuais e dos resultados das medicións analíticas in situ, segundo o protocolo normalizado.
* As recomendacións efectuadas axústanse a criterios técnicos e normas legais.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Equipos para a toma, conservación e transporte de mostras. Equipos de mostraxe de auga (rede de fitoplancto, botella Rutter), envases para mostra (PVC, PE e vidro), equipos medidores portátiles (pH-metro, turbidímetro, termómetro, conductivímetro, medidores de osíxeno disolto, caudalímetro), equipos portátiles de medición de caracteres físicos e químicos (clorómetro, kits de amoníaco, nitritos, nitratos...). Mostradores descontinuos (frascos de vidro ó baleiro, cilindros de presión e bolsas de plástico). Mostradores que concentran o contaminante (filtros, burbulladores e tubos absorbentes). Mostradores puntuais (conímetro e tubos colorimétricos). Medidores de lectura directa. Neveiras portátiles e recipientes de conservación e transporte de mostras. Impresos estándar e actas normalizadas de inspección, boletíns analíticos e informes estandarizados.

-Resultados e/ou productos obtidos:

Actas de inspección cubertas, informe sinxelo e estandarizado. Boletín analítico (parámetros in situ). Mostras de auga.

-Procesos, métodos e procedementos:

Cronograma de traballo. Protocolos normalizados de traballo de campo (inspección, mostraxe e análise).

Técnicas manuais e automáticas de mostraxe. Técnicas de análises cualitativas e cuantitativas, instrumentais e manuais.

-Información:

Listaxes de traballo. Manual operativo de cada un dos equipos. Documentación técnica e lexislación sobre criterios e normas de calidade.

-Persoal e/ou organización destinataria:

Usuarios. Propietarios. Persoal de entidades xestoras. Técnicos de control de calidade. Autoridades locais. Titulados superiores e persoal das unidades de epidemioloxía, saúde ambiental e laboratorio.

2.5.3. Unidade de competencia 3: identificar, controlar e vixia-los riscos para a saúde da poboación xeral asociados ó aire e distintas fontes de enerxía:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Detecta-los niveis de contaminación do aire e o cumprimento das normas legais establecidas.* Os protocolos e as normas de inspección adoptadas son os correctos para cada tipo de sistema e/ou puntos estudiados, seleccionados nas redes de vixilancia existentes.
* Determínanse os niveis de contaminación atmosférica.-Química: partículas, halóxenos, gases e vapores.-Radiacións ionizantes: electromagnéticas, raios X e raios gamma.-Radiacións non ionizantes: microondas, láser e ultrasónicas.-Radiacións corpusculares: partículas alfa, beta e fotóns.-Fontes emisoras de ruídos.-Biótica: microbiolóxicos e aeroalérxenos.
* Selecciónanse os puntos críticos próximos ás posibles fontes de emisión, en función dos seus efectos somáticos (fisiolóxicos e patolóxicos), xenéticos e psicofisiolóxicos sobre a saúde e tendo en conta os factores meteorolóxicos, climáticos e topográficos que modifican a dispersión dos contaminantes.
* Comunícanse as alteracións detectadas á entidade xestora e/ou autoridade competente con carácter inmediato, incluíndo as recomendacións sobre as correccións que hai que introducir no caso de risco inminente para a saúde colectiva.
* Realízase de forma obxectiva a recollida de datos e cobertura de protocolos, permitindo a caracterización hixiénico-sanitaria e o tratamento estatístico dos datos.
* Séguense as normas técnicas e legais no levantamento de actas que permiten, se procede, a incoación de expedientes.

3.2.Tomar mostras, substituír elementos captadores e obter rexistros de contaminantes atmosféricos en estacións sensoras manuais e/ou automáticas, segundo protocolos normalizados de traballo e normas legais.* Selecciónanse os puntos de mostraxe necesarios en función da fonte emisora, zona de inmisión, denuncia e normas legais reguladoras.

* Realizouse de forma obxectiva e normalizada a recollida de datos sobre fontes de emisión e condicións climáticas, segundo protocolos definidos de actuación.

* Substituíronse os elementos dos equipos medidores/captadores segundo os protocolos normalizados de traballo.

* Utilízanse os instrumentos, material de recolleita e conservantes normalizados e recomendados polo laboratorio para cada tipo de mostra, en función dos parámetros que hai que identificar.
* As mostras son identificadas e etiquetadas univocamente de acordo coas normas e os códigos establecidos.
* Realízase a conservación e o transporte das mostras conforme as normas establecidas.
* Fanse chega-las mostras ó laboratorio de control, cos volantes de solicitude correspondentes, logo do seu rexistro.

3.3.Realizar análises in situ e medicións de contaminantes atmosféricos para vixia-los niveis de inmisión prexudiciais para a saúde.* Os equipos captadores e medidores manuais e automáticos de contaminantes atmosféricos, radiación, ruídos e vibracións, e laboratorios portátiles son os idóneos para as determinacións que hai que realizar, en función do espacio e/ou instalación obxecto de estudio.

RealizaciónsCriterios de realización

* Efectúanse as análises e medidas de acordo con protocolos normalizados e manuais operativos, dependendo do contaminante e análises que hai que realizar.
* Os valores das medicións efectuadas e as características organolépticas, fisicoquímicas, microbiolóxicas e biolóxicas analizadas quedan correctamente determinados e rexistrados nos cadernos de traballo e impresos normalizados.
* Fanse chega-los boletíns analíticos e impresos cubertos á unidade de rexistro, tratamento e avaliación e/ou técnico de supervisión no prazo previsto.
* Elabóranse informes sinxelos a partir das observacións visuais e dos resultados das medicións analíticas in situ, segundo protocolo normalizado.
* As recomendacións efectuadas axústanse a criterios técnicos e normas legais.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Equipos para a toma, conservación e transporte de mostras. Equipos captadores de contaminantes atmosféricos (dióxido de xofre, partículas en suspensión, partículas sedimentables, óxidos de nitróxeno, amoníaco, chumbo, flúor...). Equipos medidores portátiles e fixos automáticos de contaminantes atmosféricos (compostos de xofre, compostos de nitróxeno, ozono, compostos de carbono...). Caudalímetros, cronómetro, envases para toma de mostras... Sonómetro, vibrómetro, medidores portátiles e fixos de radiacións ionizantes, dosímetros persoais e ambientais. Reflectómetros, balanzas. Mostradores descontinuos (frascos de vidro ó baleiro, cilindros a presión e bolsas de plástico). Mostradores que concentran o contaminante (filtros, burbulladores e tubos absorbentes). Mostradores puntuais (conímetro e tubos colorimétricos). Medidores de lectura directa. Sonómetros. Dosímetros. Termómetros. Termopares. Luxómetro. Neveiras e equipos de conservación e transporte de mostras.

-Resultados e/ou productos obtidos:

Mostras de contaminantes atmosféricos. Actas e resultados de medidas in situ. Informes estandarizados.

-Procesos, métodos e procedementos:

Cronograma de traballo. Protocolos normalizados de traballo (mostraxe, análise, conservación e transporte). Técnicas de mostraxe, análise e medidas (métodos oficiais).

-Información:

Listaxes de traballo, denuncias. Manual operativo de cada un dos equipos. Documentación técnica e lexislación sobre criterios e normas de calidade.

-Persoal e/ou organización destinataria:

Usuarios. Propietarios. Titulados superiores e persoal das unidades de saúde ambiental, laboratorio e epidemioloxía.

2.5.4. Unidade de competencia 4: identificar, controlar e vixia-los riscos para a saúde da poboación xeral asociados a productos químicos e vectores de interese en saúde pública:

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Inspecciona-los procesos de comercialización e utilización de praguicidas, detectando e caracterizando as deficiencias técnico-sanitarias existentes e vixiando o cumprimento das normas legais establecidas.* Elabórase o censo de establecementos e servicios praguicidas (fitosanitarios e DDD).

* Os protocolos e normas de inspección adoptados son os correctos para os establecementos e servicios praguicidas, verificando, para determina-la súa incidencia e impacto sobre a saúde das persoas e o ambiente, o seguinte:-Características físicas e estructurais dos productos: colocación, almacenamento, envasado e etiquetaxe.-Productos utilizados e a súa composición.-Manipulación, medios de aplicación, dosificación, lugares de utilización e normas de seguridade.-Posesión do carné de aplicador de praguicidas.

* As alteracións detectadas son comunicadas á entidade xestora e/ou autoridade competente con carácter inmediato, incluíndo as recomendacións sobre as correccións que hai que introducir no caso de risco inminente para a saúde colectiva.
* Realízase de forma obxectiva a recollida de datos e cobertura de protocolos, permitindo a caracterización hixiénico-sanitaria e o tratamento estatístico dos datos.
* Séguense as normas técnicas e legais no levantamento de actas que permiten, se procede, a incoación de expedientes.
* Compróbase a existencia e correcta cobertura do Libro Oficial de Movementos (LOM) e impresos normalizados.

4.2.Tomar mostras de praguicidas, vectores e productos químicos, en condicións e cantidade adecuadas e cos medios e instrumental precisos.* Identifícase correctamente o punto de mostraxe, aplicando criterios hixiénico-sanitarios que permitan a avaliación do risco de exposición.

* Tómanse as mostras de productos químicos, praguicidas e vectores (piollos, cascudas, roedores, chinchas, mosca doméstica e mosquitos) segundo as normas establecidas, en función da súa natureza e das análises e ensaios a que se someterán.

* Utilízanse os instrumentos, material de recolleita e conservantes normalizados e recomendados polo laboratorio para cada tipo de mostra, en función dos parámetros que hai que identificar.
* As mostras son identificadas e etiquetadas univocamente de acordo coas normas e os códigos establecidos.
* Realízase a conservación e o transporte das mostras de conformidade coas normas establecidas.
* Fanse chega-las mostras ó laboratorio de control, cos volantes de solicitude correspondentes, logo do seu rexistro.

4.3.Colaborar na identificación, seguimento e avaliación dos sistemas de control de pragas instaurados, segundo protocolo normalizado de traballo e normas legais.* Compróbase a idoneidade da técnica de tratamento de pragas, en función de:-Comportamento ecolóxico das especies biolóxicas de interese.-Dinámica das poboacións.-Características etiolóxicas dos vectores nas distintas fases do seu desenvolvemento.-Tipos de praguicidas e a súa especificidade.-Técnicas de aplicación.
* Determínanse as posibles interaccións sobre a saúde da poboación (directas e indirectas) derivadas do manexo e a aplicación de productos praguicidas, previndo posibles intoxicacións (agudas ou crónicas) e realizando un diagnóstico rápido e/ou intervención en caso de producirse, tanto a nivel humano como ambiental.
* Verifícase a aplicación, segura e eficaz, da técnica de control de pragas, tendo en conta os criterios de protección persoal e do ambiente.
* Avalíase a eficacia do método empregado con técnicas de análise puntual e continuada, específicas para cada praga, praguicida utilizado e ambiente de aplicación.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Equipos para conservación e transporte de mostras e equipos manuais e automáticos de control de vec

tores. Mostradores descontinuos (frascos de vidro ó baleiro, cilindros de presión e bolsas de plástico). Mostradores que concentran o contaminante (filtros, burbulladores e tubos absorbentes). Mostradores puntuais (conímetro e tubos colorimétricos). Medidores de lectura directa. Impresos, protocolos e actas estandarizadas de inspección.

-Resultados e/ou productos obtidos:

Cronograma de traballo. Boletíns analíticos. Actas de inspección cubertas, enquisas e informes normalizados. Mostras de praguicidas, ambientais, productos químicos e vectores. Control de pragas de interese en saúde pública.

-Procesos, métodos e procedementos:

Protocolos normalizados de traballo (inspección recollida de datos e toma de mostras). Técnicas de mostraxe de praguicidas, productos químicos e vectores. Técnicas de control de vectores. Técnicas de aplicación de praguicidas. Técnicas de desratización. Técnicas de desinsectación. Técnicas de desinfección.

-Información:

Listaxes de traballo. Manuais de cobertura de protocolos e actas. Documentación técnica e lexislación sobre criterios e normas de calidade. Listaxes sobre métodos e productos para control de vectores. Vademecum de productos. Normas de seguridade persoal e ambiental na aplicación de productos químicos.

-Persoal e/ou organización destinataria:

Usuarios. Propietarios. Persoal de entidade xestora. Autoridades locais. Titulados superiores e persoal das unidades de saúde ambiental, epidemioloxía e laboratorio.

2.5.5. Unidade de competencia 5: identificar, controlar e vixia-los riscos para a saúde da poboación xeral asociados á xestión de residuos sólidos e de medio construído:

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Inspecciona-los sistemas de xestión de residuos sólidos, tóxicos e perigosos, detectando e caracterizando as deficiencias técnico-sanitarias existentes e vixiando as normas legais establecidas.* Os protocolos e as normas de inspección adoptados son os correctos para cada tipo de sistema e/ou puntos críticos seleccionados e estudiados.

* Avalíanse os sistemas de xestión de residuos determinando a incidencia que poden ter sobre a saúde e o ambiente.-Características: composición, volume e tipo (en función da súa orixe).-Criterios sanitarios de recollida e transporte.-Sistemas de tratamento: incineración, compostaxe, vertido sanitario e reciclaxe.

* Verifícase o censo e a caracterización dos vertedoiros incontrolados.
* As alteracións detectadas son comunicadas á entidade xestora e/ou autoridade competente con carácter inmediato, incluíndo as recomendacións sobre as correccións que hai que introducir no caso de risco inminente para a saúde colectiva.
* Realízase de forma obxectiva a recollida de datos e cobertura de protocolos, permitindo a caracterización hixiénico-sanitaria e o tratamento estatístico dos datos.
* Séguense as normas técnicas e legais no levantamento de actas que permiten, se procede, a incoacción de expedientes.

5.2.Inspeccionar, caracterizar e detectar deficiencias nas condicións técnico-sanitarias do medio construído, vixiando o cumprimento das normas legais establecidas.* Os protocolos e as normas de inspección adoptados son os correctos para cada tipo de sistema e/ou puntos críticos seleccionados e estudiados.

* Valóranse as condicións hixiénico-sanitarias de vivendas e establecementos públicos de uso permanente ou estacional, seguindo criterios fisiolóxicos, de protección fronte a contaxios e de medidas de seguridade.

RealizaciónsCriterios de realización

* Compróbase que os establecementos dispoñen de subministración de auga potable, recollida de augas residuais e residuos sólidos, así como sistemas permanentes de loita contra insectos e roedores.
* Caracterízanse as condicións hixiénico-sanitarias dos establecementos molestos, insalubres, nocivos e perigosos que permiten a súa posterior clasificación.
* As alteracións detectadas son comunicadas ó propietario e/ou autoridade competente con carácter inmediato, incluíndo as recomendacións sobre as correccións que hai que introducir en caso de risco inminente para a saúde colectiva.
* Realízase de forma obxectiva a recollida de datos e cobertura de protocolos, permitindo a caracterización hixiénico-sanitaria e o tratamento estatístico dos datos.
* Séguense as normas técnicas e legais no levantamento de actas que permiten, se procede, a incoación de expedientes.

5.3.Tomar mostras de residuos sólidos e elementos de medio construído, en condicións e cantidade adecuadas e cos medios e instrumental precisos.* Identifícase correctamente o punto de mostraxe, aplicando criterios técnico-legais, permitindo a avaliación do funcionamento do sistema, espacio ou instalación obxecto de estudio.

* Tómanse as mostras segundo as normas establecidas, en función da súa natureza (tóxicos, perigosos ou de medio construído) e das análises e ensaios a que se someterán.

* Utilízanse os instrumentos, material de recolleita e conservantes normalizados e recomendados polo laboratorio para cada tipo de mostra, en función dos parámetros que hai que identificar.
* As mostras son identificadas e etiquetadas univocamente de acordo coas normas e os códigos establecidos.
* Realízase a conservación e o transporte das mostras de acordo con normas establecidas.
* Fanse chega-las mostras ó laboratorio de control, cos volantes de solicitude correspondentes, logo do seu rexistro.

5.4.Realizar análises in situ para determina-las características hixiénico-sanitarias da xestión de residuos sólidos e elementos do medio construído que permitan o control e a vixilancia de uso.* Os equipos medidores e laboratorios portátiles son os idóneos para as determinacións que hai que realizar, en función do ambiente de estudio.

* Efectúanse as análises e medidas de acordo con protocolos normalizados e manuais operativos dependendo de que a análise que hai que realizar sexa de xestión de residuos sólidos (tóxicos ou perigosos) ou de medio construído.

* Os valores das medicións efectuadas e as características organolépticas, físicoquímicas, microbiolóxicas e biolóxicas analizadas quedan correctamente determinados e rexistrados nos cadernos de traballo e impresos normalizados.
* Fánselle chega-los boletíns analíticos e impresos cubertos á unidade de rexistro, tratamento e avaliación e/ou técnico de supervisión no prazo previsto.
* Elabóranse informes sinxelos a partir das observacións visuais e dos resultados das medicións analíticas in situ, segundo protocolo normalizado.
* As recomendacións efectuadas están axustadas a criterios técnicos e normas legais.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Equipos da toma, conservación e transporte de mostras. Mostradores descontinuos (frascos de vidro ó baleiro, cilindros a presión e bolsas de plástico). Mostradores que concentran o contaminante (filtros, burbulladores e tubos absorbentes). Mostradores puntuais (conímetro e tubos colorimétricos). Medidores de lectura directa. Impresos, protocolos e actas estandarizadas de inspección.

-Resultados e/ou productos obtidos:

Cronograma de traballo. Boletíns analíticos. Actas de inspección cubertas, enquisas e informes normalizados. Mostras de residuos e ambiente construído.

-Procesos, métodos e procedementos:

Protocolos normalizados de traballo (inspección, recollida de datos e toma de mostras). Técnicas de mostraxe de productos sólidos. Técnicas de mostraxe en medio construído.

-Información:

Listaxes de traballo. Manuais de cobertura de protocolos e actas. Documentación técnica e lexislación sobre criterios e normas de calidade. Vademécum de residuos sólidos (tóxicos e perigosos). Normas de seguridade persoal e ambiental na xestión de residuos sólidos (tóxicos e perigosos).

-Persoal e/ou organización destinataria:

Usuarios. Propietarios. Persoal de entidade xestora. Autoridades locais. Titulados superiores e persoal das unidades de saúde ambiental, epidemioloxía e laboratorio.

2.5.6. Unidade de competencia 6: identificar, caracterizar, controlar e vixia-los riscos para a saúde da poboación xeral asociados á contaminación dos alimentos:

RealizaciónsCriterios de realización

6.1.Inspeccionar procesos de transformación e consumo de alimentos, detectando e caracterizando as deficiencias técnico-sanitarias existentes e vixiando as normas legais establecidas.* Os protocolos e as normas de inspección adoptados son os correctos para cada fase do proceso (elaboración/fabricación, transporte, distribución e comercialización) e/ou puntos estudiados tendo en conta:-Os sistemas de hixienización dos alimentos no proceso.-Os aditivos utilizados: colorantes, potenciadores de sabor, edulcorantes e outros.-A incidencia que poden ter sobre a saúde inmediata ou futura da poboación.
* As alteracións detectadas son comunicadas á entidade xestora e/ou autoridade competente con carácter inmediato, incluíndo as recomendacións sobre as correccións que hai que introducir no caso de risco inminente para a saúde colectiva.
* Realízase de forma obxectiva a recollida de datos e cobertura de protocolos, permitindo a caracterización hixiénico-sanitaria e o tratamento estatístico dos datos.
* Séguense as normas técnicas e legais no levantamento de actas que permiten, se procede, a incoación de expedientes.

6.2.Tomar mostras de alimentos para controlar e vixia-la súa calidade, en condicións e cantidade adecuadas e cos medios e instrumental precisos.* Identifícase correctamente o punto de mostraxe, aplicando criterios técnico-legais, permitindo a avaliación do funcionamento do sistema, instalación e/ou espacio obxecto de estudio.

* Tómanse as mostras de alimentos segundo normas establecidas, en función da súa natureza e das análises e os ensaios a que se someterán.

* Utilízanse os instrumentos, material de recolleita e conservantes normalizados e recomendados polo laboratorio para cada tipo de mostra, en función dos parámetros que hai que identificar.
* As mostras son identificadas e etiquetadas univocamente de acordo coas normas e os códigos establecidos.
* Realízase a conservación e o transporte das mostras de acordo coas normas establecidas.
* Fanse chega-las mostras ó laboratorio de control, cos volantes de solicitude correspondentes, logo do seu rexistro.

6.3.Realizar análises in situ para determina-las características hixiénico-sanitarias dos alimentos que permitan o control dos sistemas de hixienización.* Os equipos medidores e laboratorios portátiles son os idóneos para as determinacións que hai que realizar, en función do obxecto de estudio: tipo de alimento, fase do proceso e posible contaminación que hai que determinar.

* Efectúanse as análises e medidas seguindo protocolos normalizados e manuais operativos, dependendo da análise que hai que realizar (cualitativa ou cuantitativa) e posibles consecuencias patolóxicas (primarias ou secundarias) para a saúde da poboación.

RealizaciónsCriterios de realización

* Os valores das medicións efectuadas e as características organolépticas, fisicoquímicas, microbiolóxicas e biolóxicas analizadas quedan correctamente determinadas e rexistradas nos cadernos de traballo e impresos normalizados.
* Fánselle chega-los boletíns analíticos e impresos cubertos á unidade de rexistro, tratamento e avaliación e/ou técnico de supervisión no prazo previsto.
* Elabóranse informes sinxelos a partir das observacións visuais e dos resultados das medicións analíticas in situ, segundo protocolo normalizado.
* As recomendacións efectuadas axústanse a criterios técnicos e normas legais.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Equipos para a toma, conservación e transporte de mostra. Equipos medidores de calidade do proceso, envases para mostra (botellas PVC, PE e vidro, bolsas, precintos), neveiras e equipos de conservación e transporte de mostras. Mostradores que concentran o contaminante (filtros, burbulladores e tubos absorbentes). Mostradores puntuais (conímetro e tubos colorimétricos). Actas, protocolos e impresos normalizados de inspección.

-Resultados e/ou productos obtidos:

Cronograma de traballo. Actas e protocolos e impresos normalizados e cubertos. Mostras de alimentos. Boletíns analíticos. Informes sinxelos estandarizados.

-Procesos, métodos e procedementos:

Protocolos normalizados de traballo (inspección, recollida de datos e toma de mostras de alimentos). Técnicas de inspección, toma de mostra e análise sinxela de control de calidade do proceso de hixienización.

-Información:

Manuais de cobertura de protocolos. Criterios e normas de calidade alimentaria (lexislación). Documentación sobre alimentos e a súa composición, información sobre técnicas, métodos e procedementos dispoñibles sobre control de calidade e inspección de alimentos, denuncias.

-Persoal e/ou organización destinataria:

Usuarios. Propietarios. Titulado superior e persoal das unidades de control de calidade alimentaria, saúde ambiental, hixiene dos alimentos, laboratorio e epidemioloxía.

2.5.7. Unidade de competencia 7: fomenta-la saúde das persoas mediante actividades de educación ambiental:

RealizaciónsCriterios de realización

7.1.Proporcionar información, adaptada a outros axentes sanitarios e á comunidade, programando e transmitindo coñecementos sobre as causas ou factores condicionantes e prevención das enfermidades asociadas a riscos ambientais.* Identifícase o nivel de comprensión das persoas receptoras e a súa capacidade de adquiri-la información.

* A información emitida é pertinente e relevante, e é transmitida na forma e cantidade adecuadas ó caso, adaptándose ó nivel de comprensión das persoas receptoras.

* A información inclúe as causas, consecuencias, evolución e formas de prevención e tratamento dos efectos sobre a saúde máis comúns asociados a riscos ambientais.

* As persoas reciben un trato dilixente, cordial e amable.

RealizaciónsCriterios de realización

* Infórmanse as entidades e grupos de poboación sobre as prestacións e servicios de saúde ambiental existentes, respondendo de forma comprensible a tódalas demandas de información, comprobándose a súa asimilación polas persoas e entidades receptoras.

7.2.Desenvolver e impulsar estratexias encamiñadas á promoción da saúde e actuar como dinamizador de actividades de educación ambiental en colectivos e grupos con diferentes niveis de formación e motivación.* Establecéronse e realizáronse as accións que permiten desenvolver e aplicar programas de actividades educativas ambientais, contando coa colaboración durante todo o proceso das persoas e grupos implicados nel.

* Utilízanse técnicas de animación e dinámica de grupos cientificamente aceptadas, nas situacións que o requiren.

* As persoas formadas adquiren coñecementos e pautas de comportamento en técnicas de conservación, mellora do ambiente e xestión de residuos, coñecendo as normas hixiénico-sanitarias necesarias para previr alteracións e mante-la súa saúde no seu uso e no seu beneficio.

* Efectúase o desenvolvemento do programa e a consecución dos obxectivos de saúde previstos.

7.3.Controla-los factores contribuíntes da saúde das persoas e a comunidade, asociados a riscos ambientais, mediante actividades de vixilancia epidemiolóxica.* Interprétanse e desenvólvense os obxectivos dun programa de seguimento epidemiolóxico de saúde ambiental adaptado ó contorno e ás características do grupo, en función de:-Os parámetros que permiten avalia-lo seguimento epidemiolóxico.-As actuacións necesarias para aplica-lo programa de seguimento epidemiolóxico.-As necesidades de recursos humanos e materiais para a actuación que hai que desenvolver.
* Identifícanse os indicadores do nivel de saúde/enfermidade, asociados a riscos ambientais, dunha comunidade previamente definidos, estandarizados e calibrados, rexistrando os datos obtidos no sistema prefixado na metodoloxía do estudio.
* Descríbense os niveis de saúde/enfermidade dunha comunidade, asociados a riscos ambientais, obtidos polo estudio e a análise dos datos obtidos que permiten a elaboración dunha hipótese sobre as causas e consecuencias das alteracións sobre a saúde na comunidade estudiada.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Manuais. Folletos. Medios audiovisuais. Enquisas e cuestionarios. Sistemas de rexistro, tratamento e cálculo de datos. Programas informáticos de tratamento de textos e representación de datos procesados (tabulación e gráficos). Enquisas. Fichas de saúde ambiental estandarizadas.

-Materiais e productos intermedios:

Datos epidemiolóxicos de saúde ambiental codificados e rexistrados. Programas educativos.

-Resultados e/ou productos obtidos:

Enquisas cubertas. Persoas formadas e motivadas na mellora, conservación e utilización do ambiente.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas de entrevista persoal. Técnicas de información e comunicación. Técnicas de orientación da conducta. Métodos de procesado e tratamento de datos. O método epidemiolóxico. O método científico.

-Información:

Criterios da OMS de saúde/enfermidade ambiental. Historias clínicas. Datos socioeconómicos da poboación. Manuais operativos de equipos e programas informáticos. Bases de datos. Manuais de usuario de calculadoras estatísticas.

-Persoal e/ou organización destinataria:

Grupos de poboación. Autoridades e administracións sanitarias e non sanitarias. Outros profesionais sanitarios. Unidades de saúde ambiental. Unidade de proceso de datos.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

Os cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos están intimamente relacionados coa preocupación crecente dos organismos locais, autonómicos, estatais e internacionais con responsabilidade en temas de saúde pública. Outra parte dos cambios previstos está orientada a cubri-los efectos en saúde da exposición a contaminantes ambientais con aparición de síntomas a medio e longo prazo, faceta complexa e que require investigacións custosas en tempo e diñeiro.

A implantación dunha filosofía ambiental, con plans integrados e coordinados por parte das administracións e empresas, independentemente dos seus tamaños, para o control, vixilancia e xestión dos factores de risco ambiental, implicará a necesidade de contratar profesionais que, ademais de teren coñecementos básicos de saúde pública, poidan traballar na avaliación da exposición de contaminantes ambientais. A Administración local (concellos) necesita profesionais formados en saúde ambiental, para cubri-los servicios que demanda o cidadán.

Maior flexibilidade entre os diversos postos de traballo e maior polivalencia de cada un deles, de forma que os profesionais poidan ser intercambiados entre os distintos postos dunha área de traballo.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

Os cambios nas actividades profesionais virán definidos polos avances tecnolóxicos, as investigacións en efectos sobre a saúde dos contaminantes e na lexislación sanitaria ó respecto.

A creación de bases de datos, nacionais e internacionais, sobre a concentración de contaminantes no ambiente, fará necesaria a modificación dos indicadores fisicoquímicos e microbiolóxicos e o manexo de redes informáticas.

A consolidación e o incremento dos controis ambientais para todo tipo de riscos físicos, químicos e biolóxicos, e a xestión de residuos con incidencia na saúde da poboación en todo tipo de empresas implicará un incremento na realización de levantamentos de acta, estudios de campo e en laboratorio de distintos tipos de mostras para identificar e resolve-los problemas ambientais.

2.6.3. Cambios na formación:

Para a correcta formación deste profesional:

* Requiriranse maiores coñecementos de informática que permitan o manexo fluído de paquetes informáticos e redes informáticas complexas tanto

para a planificación de actividades como para a realización dos controis de calidade internos e externos.

* Requirirase un maior coñecemento das prestacións dos equipos e medios que hai que utilizar, para poder obter deles tódalas súas posibles aplicacións e capacidade de traballo.

* Necesitaranse menores coñecementos de técnicas manuais de laboratorio ó se utilizar cada vez máis equipos (kits) preparados e automáticos.

* Requirirase unha actualización permanente para os avances tecnolóxicos en instrumentos de medición, control, vixilancia e corrección da contaminación e normativa autonómica, estatal e da Unión Europea relacionada con actuacións ambientais.

* Amplia-la súa formación e capacidades no campo da avaliación de efectos dos contaminantes en saúde.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

Este técnico poderá exerce-la súa actividade profesional no sector industrial e na Administración (autonómica, estatal e local), dentro da área da saúde ambiental.

Os principais subsectores nos que pode desenvolve-la súa actividade son:

* Vixilancia e control de calidade das augas potables de consumo público.

* Vixilancia e control de calidade nas plantas envasadoras de auga embotellada.

* Vixilancia e control das augas de baño (piscinas).

* Nas administracións de ámbito estatal, autonómico e local con competencias en caracterización, control, vixilancia e xestión de riscos do ambiente para a saúde:

-Augas de consumo humano.

-Augas de baño (ríos, mar, encoros e piscinas).

-Augas residuais.

-Contaminación atmosférica.

-Ruído.

-Vibracións.

-Productos químicos.

-Vectores.

-Ambientes interiores (vivenda).

-Alimentos.

* En empresas privadas que xestionen calquera das actividades antes mencionadas para a Administración.

* Este técnico poderá participar en tódalas actividades que se realicen na súa área de traballo, incluída a docencia doutros técnicos e a colaboración en labores de investigación e control epidemiolóxico.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

O técnico en saúde ambiental sitúase nas funcións/subfuncións de organización e xestión da unidade de traballo, de prestación do servicio, investigación, docencia e educación sanitaria.

As técnicas e os coñecementos tecnolóxicos abranguen:

* Administración e organización dos recursos da súa área de traballo.

* Realización de toma de mostras no laboratorio e en campo.

* Medicións analíticas in situ.

* Determinacións analíticas no laboratorio.

* Técnicas de control e corrección da contaminación, baixo supervisión facultativa.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

Esta figura profesional preténdelle dar resposta á demanda crecente que hai para desempeñar funcións relacionadas coa conservación do ambiente a partir da concienciación popular, lexislación industrial e sanitaria, e da directiva marco da Unión Europea en materia ambiental.

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase a continuación un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados, en entidades de carácter público ou privado, adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

* Técnico en saúde ambiental.

* Técnico en control de augas de consumo.

* Técnico en contaminación atmosférica.

* Técnico en xestión de residuos.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Elaborar cronogramas de traballo identificando os equipos que se van utilizar.

* Valora-las características dos sistemas de abastecemento, producción, distribución-almacenamento, tratamento, vertido e zonas de baño mediante análises in situ e obtendo mostras para a súa análise no laboratorio, de mostras de auga dos ditos sistemas.

* Valora-la contaminación do aire por partículas, gases, vapores, ruído, vibracións e radiacións, vixiando os niveis de inmisión prexudiciais para a saúde, mediante as técnicas de toma de mostras para a súa análise no laboratorio e substitución de elementos captores.

* Obter adecuadamente mostras de pragas, vectores, praguicidas e productos químicos para o seu envío e posterior análise no laboratorio.

* Interpreta-las técnicas de xestión de residuos (sólidos, tóxicos e perigosos) e características dos

establecementos MINP, identificando as deficiencias técnico-sanitarias e efectuando a toma de mostras cos medios e o instrumental preciso.

* Comprende-las características dos procesos de elaboración/transformación e comercialización dos alimentos e a súa importancia na súa calidade hixiénico-sanitaria.

* Obter adecuadamente mostras de alimentos e dispo-la súa preparación para o envío ó laboratorio, en condicións idóneas para o seu posterior procesamento e estudio.

* Interpretar, mediante técnicas de vixilancia epidemiolóxica, os efectos sobre a saúde asociados ós factores de contaminación ambientais.

* Interpretar, en diferentes fontes de información lexislativa, os puntos específicos relacionados coa saúde ambiental, que permiten a realización de inspeccións e a elaboración de informes.

* Programar e desenvolver actividades de promoción da saúde ambiental, elaborando os materiais necesarios para cubri-los obxectivos previstos nas campañas ou programas sanitarios.

* Adapta-las técnicas de almacenamento, distribución e control de existencias ós elementos consumibles relacionados co laboratorio de saúde ambiental.

* Utilizar programas informáticos de carácter xeral, adaptándoos á organización, xestión e tratamento da información e administración da unidade de saúde ambiental.

* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a prestación de servicios de saúde ambiental, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións no contorno de traballo, así como os mecanismos de inserción laboral.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: organización e xestión da unidade de saúde ambiental:

Asociado á unidade de competencia 1: organizar e xestiona-la unidade de saúde ambiental.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-los métodos e as condicións de almacenamento e de conservación dos diferentes materiais, escollendo o máis axeitado en función deles.

* Diferencia-los métodos de control de existencias, e as principais aplicacións para elaboralos, co obxecto de efectua-los inventarios dos diferentes materiais.

* Emprega-los documentos de control de existencias relacionándoos co uso que teñen no funcionamento do almacén.

* Xestionar un almacén de saúde ambiental debidamente caracterizado, realizando o inventario de

existencias, mantendo a base de datos e identificando as carencias.

* Realizar ordes de pedido, precisando o tipo de material pedido, as súas características e a entidade subministradora.

* Precisa-las condicións de conservación do material segundo as súas características.

* Elaborar un deseño de presentación de datos, para a posterior implementación nunha aplicación informática.

* Precisa-las características necesarias para que a aplicación informática sexa adecuada ás particularidades da unidade ou consulta sanitaria.

* Facer unha inspección de saúde ambiental debidamente caracterizada, codificando os datos do suposto.

* Introducir correctamente os datos nunha aplicación informática e arquiva-lo material gráfico.

* Manexa-la aplicación co obxecto de obter táboas, gráficos, informes e datos estatísticos, que mostren a evolución dos indicadores de saúde ambiental e de calidade máis importantes.

* Redactar resumos de actividade ou informes de resultados, partindo dos datos na base de datos.

* A partir de plans de seguridade e hixiene debidamente caracterizados, identificar e describi-los aspectos máis salientables en cada un, describindo neles os factores ou situacións de risco para a saúde e a seguridade.

* Describir e relaciona-las axeitadas medidas e medios de prevención que establece a normativa vixente nos plans de seguridade e hixiene.

* Describi-las normas de simboloxía e a situación física de sinais e alarmas, equipos contraincendios e equipos de primeiros auxilios.

* Explica-los medios e equipos de seguridade e protección específicos en función das diferentes unidades e/ou servicios sanitarios.

* Elabora-la documentación técnica de apoio nun plan de seguridade e hixiene.

* Explicar, sinalando fonte e rango, as diferentes lexislacións sobre os distintos sectores da saúde e ambiente.

* Explica-los requisitos técnicos necesarios para as inspeccións e elaboracións de informes, describindo os procedementos administrativos para empregar, segundo o sector.

* Identifica-la lexislación sobre saúde ambiental e elaborar resumos de referencias lexislativas sobre sectores concretos da saúde ambiental.

* Elaborar un censo de fontes de información lexislativa sobre ambiente e saúde.

* Preparar unha inspección tipo, describindo a lexislación que se empregue, os medios que se utilicen e o modelo de informe que se elabore.

* Describi-la estructura do sistema sanitario español, incidindo nas características diferenciais do sistema sanitario en Galicia.

* Explica-la organización e relación funcional do centro, servicio ou unidade no ámbito da súa actividade.

* Explica-las funcións e os resultados para lograr na unidade, servicio e postos de traballo máis relevantes.

* Describi-lo proceso de prestación do servicio relacionando as distintas fases cos recursos humanos e materiais necesarios.

* Identifica-los factores que determinan a calidade de prestación do servicio.

* Explica-los factores que interveñen e os compoñentes do custo da prestación do servicio.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Almacenamento:

* Formalización dun pedido de recursos materiais. Rexistro dos datos mediante o método axeitado.

* Formalización da documentación de compravenda.

* Validación do material recibido respecto ó material pedido.

* Clasificación dos medios materiais sanitarios.

* Elaboración de inventarios e valoración de existencias.

* Comprobación da correcta conservación e mantemento do material.

* Aplicación da normativa de mantemento do equipo, tralas revisións técnicas ou reparacións polos técnicos de mantemento.

* Calibración de equipos seguindo normas de protocolo establecidas.

Aplicacións informáticas:

* Identificación, estudio e manexo dos compoñentes dun sistema informático.

* Emprego de programas de utilidades xerais, tratamento de textos, folla de cálculo e bases de datos.

* Manexo dos anteditos tipos de programas no eido da saúde ambiental.

* Elaboración dos ítems necesarios nunha aplicación informática de saúde ambiental.

* Utilización de aplicacións informáticas de tratamento de datos en saúde ambiental.

Normativa vixente e lexislación:

* Estudio da lexislación vixente en materia de seguridade e hixiene en centros e institucións sanitarias, aplicable á unidade de saúde ambiental.

* Clasificación e aplicación das normas de seguridade.

Organización sanitaria:

* Análise da estructura do sistema sanitario español e galego.

* Análise da estructura orgánica e funcional das institucións sanitarias.

* Análise das estructuras orgánicas e funcionais dos centros, servicios e unidades do ámbito de traballo da unidade de saúde ambiental.

Proceso de prestacións do servicio:

* Análise do proceso da prestación do servicio relacionándoo coas condicións de execución e o nivel de calidade previsto.

* Rexistro de actuacións segundo criterios e protocolos establecidos.

* Emisión de informes das distintas unidades: campo, laboratorio e administración.

* Cálculo de indicadores estatísticos de cumprimento de obxectivos, actividades e programas da unidade.

* Programación do traballo, en función dos obxectivos asignados á unidade.

* Funcionamento e calibraxe dos equipos de medición e toma de mostras.

Contidos conceptuais

Almacenamento:

* Sistemas de almacenaxe: características dos distintos sistemas.

* Criterios de clasificación dos medios materiais sanitarios.

* Documentación de operacións de compravenda:

-Follas de pedido, albarás, facturas, notas de pagamento e cargo.

-Requisitos legais de formalización.

* Métodos de control de existencias: inventarios.

Aplicacións informáticas:

* Sistemas operativos máis empregados.

* Redes locais, Intranet e Internet.

* Ítems máis importantes para empregar nas aplicacións informáticas de saúde ambiental.

* Aplicacións informáticas de xestión e control de almacén.

* Aplicacións informáticas máis empregadas nas unidades de saúde ambiental.

Normativa vixente e lexislación:

* Lexislación ambiental na Unión Europea.

* Lexislación ambiental española, galega, provincial e local.

* Lexislación sanitaria española e galega.

* Lei do procedemento administrativo.

* Principais fontes de información lexislativa.

* Características das inspeccións ambientais: lexislación, medios e modelos de informes.

* Normas de seguridade e hixiene nos almacéns de unidades de saúde ambiental.

* Simboloxía dos sinais de alarma, incendios e primeiros auxilios. Normativa.

Organización sanitaria:

* Sistema sanitario público español: niveis de asistencia e prestacións.

* Saúde pública e saúde comunitaria.

* A sanidade en Galicia: principais características diferenciais.

* Funcións dos centros, unidades ou servicios de saúde ambiental.

Proceso de prestación do servicio:

* Prestacións dos servicios de saúde ambiental: obxectivos, fases, operacións e recursos.

* Calidade dos servicios: factores que os condicionan.

Contidos actitudinais

* Actitude responsable do técnico de saúde ambiental.

* Responsabilidade no manexo e custodia de datos e documentación, das inspeccións de saúde ambiental.

* Rigor no control das operacións de compravenda.

* Rigor na aplicación das normas de funcionamento, inspección e control dos datos.

* Responsabilidade no uso dos equipos informáticos e toma de conciencia da importancia do emprego de medidas que preveñan a perda de información.

* Valoración da importancia dunha axeitada posta ó día da normativa e lexislación vixente.

3.2.2. Módulo profesional 2: augas de uso e consumo:

Asociado á unidade de competencia 2: identificar, controlar e vixia-los riscos para a saúde da poboación xeral asociados ó uso da auga.

Capacidades terminais elementais

* Explica-la técnica de elaboración de cronogramas de traballo en función da zona xeográfica, os estudios que se realicen e o material de recollida, segundo o tipo de mostras que se analicen.

* Describi-los equipos e materiais necesarios para a realización do cronograma de traballo.

* Describi-los compoñentes da rede de vixilancia no sistema de abastecemento e producción de augas de consumo.

* Identificar e describi-los compoñentes dun sistema de abastecemento de auga, desde o punto de vista hixiénico-sanitario.

* Diferencia-los compoñentes e describi-los procesos unitarios e dispositivos dunha potabilizadora, valorando a súa idoneidade hixiénico-sanitaria, así como os puntos críticos e de vixilancia.

* Diferencia-los sistemas de desinfección e potabilización de augas, explicando o seu fundamento e utilidade.

* Recoñece-los reactivos e calcula-la súa dose para o tratamento e desinfección da auga.

* Identificar e describi-los compoñentes dunha planta envasadora de auga, recoñecendo os puntos críticos e de vixilancia

* Describi-los criterios sanitarios e as normas legais que deben cumpri-los sistemas de captación, conducción, distribución e o depósito regulador de augas de consumo público.

* Avalia-los datos analíticos dos libros de rexistro de control na entidade xestora, para valora-la calidade da auga.

* Analiza-las características que deben reuni-las zonas de baño naturais, desde o punto de vista hixiénico-sanitario, describindo o seu nivel de calidade e de desinfección.

* Describi-las condicións que deben reuni-las piscinas, así como os procesos de depuración e tratamento das súas augas.

* Explica-las alteracións máis frecuentes da auga das zonas de baño e das piscinas, relacionándoas coas medidas correctoras para tomar e o levantamento da acta en casos de risco para a saúde.

* Cubri-lo rexistro de piscina segundo forma e métodos establecidos.

* Identificar e describi-los compoñentes dun sistema de sumidoiros en rede, desde o punto de vista hixiénico-sanitario.

* Describi-la composición e o posible grao de contaminación das augas residuais segundo a súa orixe.

* Recoñece-los compoñentes e as técnicas de tratamento das augas residuais, en función da calidade do efluente.

* Relaciona-la calidade organoléptica das augas coas alteracións no funcionamento dos sistemas de depuración.

* Recoñece-los puntos críticos susceptibles de mostraxe para efectuar tomas neles.

* Cubrir e interpretar adecuadamente os rexistros de exploración e xestión.

* Recoñece-lo material e describi-las técnicas de toma de mostras, para as análises dos diferentes tipos de auga.

* Identificar distintos tipos de conservantes e describi-las formas de conservación e transporte dos distintos tipos de mostras de acordo coas normas establecidas.

* Aplica-las técnicas de mostraxe nos distintos tipos de augas, e identificar e etiquetar correctamente as mostras, segundo as normas e os códigos establecidos.

* Cubri-los impresos de solicitude de análises ó laboratorio de control, tralo seu rexistro.

* Diferencia-las características organolépticas, fisicoquímicas, microbiolóxicas, biolóxicas e radioactivas das augas de consumo.

* Enumera-las características estéticas, fisicoquímicas e biolóxicas das augas de baño e residuais como indicadoras de calidade.

* Explica-los parámetros para analizar e/ou medir, en relación coa calidade sanitaria da auga, en función do tipo de proceso que se avalíe e/ou conte.

* Selecciona-los equipos e o material para utilizar nos distintos tipos de determinacións analíticas.

* Realizar análises e medicións, tendo en conta a calidade hixiénico-sanitaria da mostra e empregando procedementos normalizados e/ou establecidos.

* Rexistrar nos cadernos de traballo e nos impresos normalizados os valores das determinacións efectuadas, así como as características organolépticas, fisicoquímicas, microbiolóxicas e radioactivas analizadas.

* Elaborar informes sinxelos a partir das medicións analíticas efectuadas in situ, segundo protocolo normalizado, comprobando que as recomendacións efectuadas se axustan a criterios técnicos e á normativa legal vixente.

* Analiza-la epidemioloxía das enfermidades de transmisión hídrica para extrae-las conclusións que permitan aplica-las medidas preventivas.

* Diferencia-los protocolos de investigación en procesos de enfermidades de transmisión hídrica para selecciona-los máis adecuados en cada caso.

* Valora-los efectos que sobre a saúde ten a contaminación das augas, relacionando as alteracións cos contaminantes que interveñen.

* Elabora-lo informe correspondente a partir dos datos obtidos in situ e no laboratorio, razoando o efecto sobre a saúde e describindo as medidas correctoras para aplicar.

Contidos (duración 345 horas)

Contidos procedementais

Augas de consumo público:

* Elaboración de cronogramas de traballo en función dos estudios para realizar sobre a auga.

* Identificación e selección dos equipos e materiais necesarios para a execución do cronograma de traballo.

* Relación dos compoñentes dunha rede de vixilancia no sistema de abastecemento e producción de augas de consumo.

* Análise das características dun sistema de abastecemento e producción das augas de consumo: uso dos reactivos adecuados para o tratamento e a desinfección de augas de consumo.

* Seguimento de protocolos e normas de inspección para cada tipo de sistema e/ou os seus puntos críticos.

* Selección dos métodos de desinfección de augas de consumo público, tendo en conta o obxectivo marcado, vantaxes e inconvenientes dos sistemas de desinfección que permitan clasifica-las augas en minerais, naturais, de manancial e preparadas.

* Comunicación ás autoridades competentes das alteracións detectadas, seguindo protocolos establecidos e incluíndo as recomendacións pertinentes en casos de risco para a saúde.

* Formalización de protocolos e recollida de datos que permitan a clasificación hixiénico-sanitaria e o seu posterior tratamento estatístico.

* Seguimento das normas técnicas e legais para o levantamento de actas, se procede.

* Avaliación do sistema de abastecemento e dunha planta envasadora de augas de consumo, desde o punto de vista hixiénico-sanitario. Deficiencias que se poden presentar.

Augas de baño:

* Seguimento de protocolos e normas de inspección adecuadas a cada tipo de augas de uso recreativo, seleccionando os puntos críticos nas redes de vixilancia segundo se trate de zonas de baño naturais ou de recintos pechados.

* Verificación da calidade das instalacións desde o punto de vista hixiénico-sanitario, que permiten identifica-la calidade da auga de baño, tendo o carácter estético, transparencia, cor e hixiene.

* Identificación do grao de desinfección da auga, segundo o pH e o contido en desinfectante.

* Formalización de protocolos e recollida de datos que permitan valora-la calidade hixiénico-sanitaria e o tratamento estatístico dos datos.

* Levantamento de actas segundo as normas legais vixentes e incoación de expedientes, se procede.

* Comunicación á entidade competente das alteracións detectadas, incluíndo as recomendacións para aplicar en caso de risco para a saúde.

Augas residuais:

* Seguimento de protocolos e normas de inspección adecuadas das augas residuais, seleccionando os puntos críticos na rede de vixilancia para determi

na-la capacidade contaminante, segundo se trate dun pozo negro, fosa séptica ou sistemas de recollida, evacuación e depuración.

* Comprobación da rede de sumidoiros e sistemas de depuración de augas en relación coa súa calidade sanitaria segundo a cobertura da rede e do sistema de depuración empregado: filtro verde, leito de turba, estanque de estabilización, oxidación total por turbina...

* Realización de controis nas augas residuais utilizando test de ecotoxicidade.

* Verificación do funcionamento da depuradora in situ, controlando os parámetros estéticos, fisicoquímicos e microbiolóxicos da auga bruta e depurada: pH, conductividade, turbidez, O.D., temperatura, DQS, STS, DBO5, CT, CF, salmonela e os que poidan figurar nos rexistros da entidade xestora.

* Comunicación das alteracións detectadas á entidade competente, incluíndo as recomendacións para aplicar en caso de risco para a saúde.

* Formalización de protocolos e recollida de datos que permitan valora-la calidade hixiénico-sanitaria e o tratamento estatístico dos datos.

* Levantamento de actas segundo as normas legais vixentes e incoación de expedientes, se procede.

Métodos de mostraxe de augas:

* Identificación dos puntos de mostraxe en piscinas, zonas de baño, puntos de vertido e depuradoras de augas residuais, aplicando a lexislación vixente que permita a avaliación da calidade da auga en orixe e planta envasadora.

* Toma de mostras aplicando a normativa vixente en función da natureza e das análises previstas.

* Utilización do material adecuado para a toma de mostras en función das análises que se realicen.

* Utilización dos conservantes máis adecuados, segundo a toma de mostras e parámetros que se obteñan.

* Desinfección previa do material que se utiliza para a toma de mostras.

* Identificación e etiquetaxe das mostras aplicando as normas e os códigos establecidos.

* Conservación e transporte das mostras segundo as normas establecidas.

* Rexistro das mostras e traslado ó laboratorio de control, xuntando as solicitudes correspondentes.

Métodos de análise in situ:

* Selección dos equipos medidores e laboratorios portátiles necesarios:

-Para coñece-lo grao de desinfección e potabilización da auga de consumo público en orixe (temperatura, pH, conductividade e turbidez) e da auga na rede de distribución (pH, transparencia, cor, aceites e desinfectantes).

-Para efectuar análises nas augas de baño: pH, transparencia, cor, aceites e materias orgánicas

* Obtención de valores seguindo protocolos normalizados e manuais, tendo en conta o tipo de análise que se realice.

* Rexistro, nos impresos correspondentes, de:

-Valores obtidos nas medicións.

-Características organolépticas.

-Características fisicoquímicas.

-Características microbiolóxicas.

* Elaboración de informes a partir das observacións visuais e dos resultados analíticos obtidos in situ, seguindo protocolos normalizados.

* Comprobación de que as recomendacións efectuadas se axusten a criterios técnicos e normas legais.

Contidos conceptuais

A auga:

* Características fisicoquímicas.

* Ciclo da auga.

* Ecosistemas acuáticos.

* Contaminación da auga

-Tipos.

-Fontes de contaminación.

Augas de consumo público:

* Sistemas de abastecemento: obxectivos e criterios de calidade sanitaria.

* O tratamento potabilizador das augas de consumo.

* Plantas envasadoras de augas: características técnico-sanitarias.

* O tratamento das augas envasadas: tipos e características.

* Criterios de calidade das augas de bebida.

* Programas e rede de vixilancia.

Augas de baño:

* Características hixiénico-sanitarias.

* Fontes de contaminación: métodos de avaliación rápida.

* Normas de calidade que deben reuni-las augas de baño.

* Programas e redes de vixilancia.

Augas residuais:

* Augas residuais: tipos e composición.

* Métodos de avaliación rápida das fontes de contaminación.

* Sistemas de evacuación e rede de sumidoiros.

* Sistemas de tratamento e depuración de augas residuais.

* Programas de vixilancia.

Métodos de mostraxe de augas:

* Métodos de mostraxe de augas potables, envasadas, de baño e residuais.

* A conservación e o transporte de mostras.

Métodos de análise in situ:

* A análise fisicoquímica.

* Parámetros significativos e interpretación dos resultados.

Epidemioloxía das enfermidades por inxestión e contacto coa auga:

* Enfermidades producidas pola auga: contaminación directa e indirecta.

* Procesos diarreicos asociados ó consumo e uso da auga.

Lexislación de augas:

* Lei de augas.

* Lexislación sobre augas de consumo, envasadas, de baño e residuais.

Contidos actitudinais

* Actuación responsable na elaboración de cronogramas de traballo, así como na selección dos equipos e materiais que se van empregar.

* Rigor e pulcritude á hora de valora-la idoneidade hixiénico-sanitaria das augas.

* Responsabilidade na aplicación de sistemas de desinfección e potabilización de augas, en función do seu uso.

* Consciencia da importancia do seguimento de protocolos e normas de inspección adecuadas para cada tipo de auga.

* Rigor na toma de mostras de auga necesarias para realiza-los diferentes tipos de análises, identificación, etiquetaxe, conservación e transporte.

* Responsabilidade á hora de aplicar medidas de mantemento, conservación e limpeza do material e equipos empregados para a análise dos diferentes tipos de augas.

* Rigor e pulcritude tanto na realización, análise e medidas como no rexistro dos valores obtidos, nos impresos correspondentes.

* Valora-la importancia da aplicación correcta dos criterios técnicos e a normativa legal vixente, na elaboración de informes a partir das análises realizadas.

* Recoñece-la importancia dos efectos das augas contaminadas sobre a saúde e de actuar en consecuencia.

3.2.3. Módulo profesional 3: contaminación atmosférica, ruídos e radiacións:

Asociado á unidade de competencia 3: identificar, controlar e vixia-los riscos para a saúde da poboación xeral asociados ó aire e ás distintas fontes de enerxía.

Capacidades terminais elementais

* Describi-la técnica de elaboración dun cronograma de traballo en función da zona xeográfica de actuación, os puntos para estudiar e o material de recollida segundo o tipo de mostra que se analice.

* Selecciona-los equipos e materiais necesarios para elaborar un cronograma de traballo.

* Identificar e describi-los distintos tipos de contaminantes do aire: partículas, gases e vapores.

* Describi-los compoñentes dunha rede de vixilancia de contaminación do aire.

* Recoñecer, describir e clasifica-los diferentes tipos de fontes emisoras de contaminación atmosférica.

* Identifica-los compoñentes dunha rede de vixilancia de contaminación do aire segundo a fonte emisora, aplicando as normas legais reguladoras.

* Identificar, describir e clasifica-los distintos tipos de fontes emisoras de microorganismos e aeroalérxenos.

* Recoñece-los niveis máximos de emisión permitidos dependendo das distintas fontes de emisión de contaminantes atmosféricos.

* Describir e clasificar distintos tipos de fontes emisoras de ruídos e vibracións no ambiente que supoñan un risco para a saúde.

* Identificar e clasifica-los tipos de fontes emisoras de radiacións ionizantes, electromagnéticas e corpusculares no ambiente, que supoñan risco para a saúde.

* Realizar medicións das distintas fontes emisoras de ruídos, vibracións e radiacións segundo os protocolos establecidos.

* Recoñece-los niveis máximos de emisión permitida nas distintas fontes de emisión de ruídos, vibracións e radiacións recollidos na lexislación vixente.

* Selecciona-los puntos de mostraxe nas estacións sensoras en función da fonte emisora, zona de inmisión, denuncia e normativa legal.

* Recoñecer e describi-los compoñentes dos equipos captadores de estacións sensoras de contaminación atmosférica.

* Describi-las técnicas de tomas de mostras (partículas, gases, vapores, microorganismos e aeroalérxenos), utilizadas frecuentemente nas estacións sensoras.

* Selecciona-lo material e os reactivos e prepara-los medios de cultivo necesarios para a toma de mostras tendo en conta as condicións metereolóxicas.

* Comprobar que a calibración dos equipos sexa adecuada para efectua-la toma de mostras especificada.

* Realiza-la toma de mostras e identifica-los métodos para a súa conservación, transporte e etiquetaxe, seguindo os protocolos establecidos.

* Cubrir volantes de solicitude de probas ó laboratorio de control, tralo rexistro das mostras.

* Selecciona-los indicadores de calidade de aire, en función dos parámetros para analizar e/ou medir.

* Selecciona-los equipos fixos, automáticos e manuais, e instrumentos para utilizar na medición e rexistro dos contaminantes atmosféricos, inmisión de ruídos, vibracións e de radiacións alfa, beta, gamma e Rx.

* Analizar características organolépticas, fisicoquímicas, microbiolóxicas e biolóxicas segundo protocolos normalizados, dependendo do tipo do contaminante e análise que se realice.

* Efectuar medicións e análises de contaminantes atmosféricos segundo o estudio que se realice.

* Elaborar informes sinxelos a partir das observacións visuais e dos resultados das medicións analíticas in situ, segundo protocolos normalizados, comprobando que as recomendacións efectuadas se axustan a criterios técnicos e normativa legal vixente.

* Subliña-las características epidemiolóxicas das doenzas asociadas á contaminación atmosférica, ruídos, vibracións e radiacións.

* Asocia-los distintos parámetros de exposición humana á contaminación atmosférica, ruídos, vibracións e radiacións.

* Elaborar informes a partir dos datos obtidos in situ ou no laboratorio, subliñando os efectos sobre a saúde e as medidas correctoras recomendables.

Contidos (duración 185 horas)

Contidos procedementais

Contaminación do aire:

* Realización dun cronograma de traballo en función dos estudios que se realicen sobre a contaminación do aire.

* Identificación e selección de equipos e material necesario segundo o tipo de análise que se realice.

* Determinación dos niveis dos distintos tipos de contaminación atmosférica, seleccionando os puntos críticos das fontes de emisión.

* Comunicación das alteracións detectadas á entidade e/ou autoridade competente, así como as recomendacións sobre os medios para tomar en caso de risco para a saúde.

* Recollida de datos, formalización de protocolos e tratamento estatístico dos datos.

* Levantamento de actas aplicando as normas técnicas e legais para incoación de expedientes, se procede.

Ruídos, vibracións e ultrasóns:

* Selección e manexo dos equipos e material para a toma de medidas das distintas fontes emisoras de ruídos e vibracións.

* Toma de medicións nas fontes emisoras de ruídos e vibracións.

Radiacións ionizantes e non ionizantes:

* Selección e manexo dos equipos e material para a toma de medidas das distintas fontes emisoras de emisión.

* Realización de medidas nas fontes emisoras de radiacións.

Métodos de mostraxe de aire:

* Selección e manexo de equipos captadores: calibración e substitución de elementos.

* Preparación de reactivos empregados nos equipos de captación.

* Preparación de medios de cultivo utilizados na toma de mostras de microorganismos.

* Envío das mostras ó laboratorio, trala formalización de volantes de petición.

Métodos de medida en análise baixo especificacións establecidas:

* Análise in situ de contaminantes atmosféricos.

* Interpretacións de boletíns analíticos.

* Selección de equipos medidores de contaminantes atmosféricos: calibraxe e posta a punto.

* Utilización de equipos e rexistro de radiacións.

Epidemioloxía das enfermidades asociadas a riscos físicos:

* Valoración de efectos sobre a saúde asociados á contaminación atmosférica.

* Elaboración de informes a partir de datos obtidos in situ e no laboratorio, onde se recollen os efectos sobre a saúde dos contaminantes atmosféricos e as medidas correctoras para aplicar.

Contidos conceptuais

Características fisicoquímicas do aire:

* Estructura e composición da atmosfera.

* Contaminación enerxética.

Contaminación do aire:

* Contaminación atmosférica: partículas, gases e vapores.

* A clasificación de fontes emisoras de contaminación atmosférica.

* Métodos de avaliación rápida.

* Sistemas de vixilancia.

Ruídos, vibracións e ultrasóns:

* Contaminación acústica: ruídos, vibracións e ultrasóns. Características xerais.

* Fontes de emisión.

* Sistemas de medición.

* Sistemas de vixilancia e control de fontes emisoras.

Radiacións ionizantes e non ionizantes:

* Radiacións ionizantes e non ionizantes.

* Fontes de radiacións.

* Regulamento sobre protección sanitaria ante as radiacións ionizantes.

* Equipos e unidades de medida. Límite de exposición.

* Programas de vixilancia e control.

Métodos de mostraxe do aire:

* Métodos de mostraxe de contaminantes abióticos e bióticos.

* Normas para a toma de mostras.

* Métodos de conservación e transporte dos distintos tipos de mostras.

Métodos de medida e análise baixo especificacións establecidas:

* A clasificación técnica de medida dos contaminantes atmosféricos.

* Normas técnicas para a análise e valoración dos contaminantes.

* A medición dos ruídos, vibracións e radiacións: normas, equipos e métodos.

Epidemioloxía das enfermidades asociadas a riscos físicos:

* Efectos da contaminación atmosférica sobre a saúde: aire, ruído e radiacións.

Lexislación:

* Lei de contaminación atmosférica.

* Ordenanzas municipais sobre ruídos.

* Regulamento de protección sanitaria fronte ás radiacións ionizantes.

Contidos actitudinais

* Actuación responsable na elaboración de cronogramas de traballo e na selección dos equipos e materiais que se van empregar.

* Valora-la importancia da identificación dos niveis máximos de emisión permitidos de contaminantes atmosféricos.

* Rigor á hora de selecciona-los puntos de mostraxe, na toma de mostras, así como dos reactivos e os materiais necesarios.

* Importancia do seguimento dos protocolos establecidos na conservación, transporte e etiquetaxe nas mostras.

* Rigor na realización das técnicas de medida e análise segundo o estudio que se realice.

* Valoración da importancia de aplicar correctamente os criterios técnicos e a normativa legal vixente na elaboración de informes a partir de medidas e análises realizadas.

* Recoñece-la importancia dos efectos dos contaminantes atmosféricos sobre a saúde, e de actuar en consecuencia.

3.2.4. Módulo profesional 4: productos químicos e vectores de interese en saúde pública:

Asociado á unidade de competencia 4: identificar, controlar e vixia-los riscos para a saúde da poboación xeral asociados a productos químicos e vectores de interese en saúde pública.

Capacidades terminais elementais

* Elaborar programas de traballo ambiental xustificando o ámbito do traballo, a mostra que se tome, o material para recollela e as técnicas de programación.

* Realizar un cronograma de traballo identificando os puntos de mostraxe e os equipos e o material necesario para a recollida de datos.

* Recoñecer e identifica-las características físico-estructurais dos establecementos e servicios de praguicidas.

* Identificar e selecciona-los equipos e o material que se precisan para a recollida de datos e para a toma das mostras.

* Tipificar e describi-las características dos diferentes tipos de praguicidas indicando o modo de acción e a praga que se destrúa.

* Efectua-la valoración técnico-sanitaria de establecementos e servicios de praguicidas e levanta-la acta da inspección realizada seguindo protocolos establecidos.

* Describi-las características que deben reuni-los puntos críticos para posibles mostraxes.

* Identifica-los movementos recollidos no libro de rexistro de praguicidas tóxicos e moi tóxicos, describindo as diferentes técnicas de valoración que se poden empregar.

* Describi-las principais medidas preventivas e de saúde pública ante unha intoxicación por praguicidas.

* Planifica-las medidas correctoras para a prevención dos riscos en saúde pública.

* Diferencia-los tipos de pragas vexetais, identificando e describindo o material preciso para a toma de mostras das pragas, insectos, roedores e praguicidas.

* Seleccionar e aplica-las técnicas de toma de mostras para realiza-las análises dos praguicidas e productos químicos.

* Diferencia-los vectores máis importantes nos servicios de praguicidas e explica-las súas técnicas de captura.

* Realiza-los tipos de tomas de mostras e relacionalas cos conservantes e medios de transporte que precisen.

* Seleccionar e describi-las técnicas de mostraxe en vexetais, establecementos e servicios de praguicidas.

* Selecciona-lo tipo, modelo e forma da etiqueta de identificación, dependendo da mostra e da análise que se realice.

* Cubri-los volantes para o seu envío ó laboratorio, segundo o protocolo e o formato establecidos.

* Selecciona-las claves e o instrumental óptico empregado para a identificación das pragas e vectores.

* Analiza-las características fenotípicas dos piollos, cascudas, roedores, chinchas, moscas e mosquitos, describindo os ciclos biolóxicos das especies de maior interese.

* Describi-los métodos de loita que se lles poden aplicar ós diferentes vectores para selecciona-lo máis adecuado en cada caso.

* Aplica-los métodos de identificación e control de pragas e vectores trala calibración dos equipos.

* Describi-la incidencia das enfermidades de transmisión por vectores seguindo criterios epidemiolóxicos.

* Explica-los efectos que sobre a saúde humana teñen os productos químicos e os praguicidas.

* Relaciona-los mecanismos de transmisión dos diferentes vectores coa sintomatoloxía das enfermidades que causan.

* Redacta-los informes epidemiolóxicos empregando os datos de campo e de laboratorio e describindo as medidas correctoras.

Contidos (duración 185 horas)

Contidos procedementais

Praguicidas e substancias químicas:

* Control de calidade dos praguicidas e das substancias químicas.

* Etiquetaxe de praguicidas e de substancias químicas.

* Emprego dos diferentes praguicidas en condicións de seguridade.

* Selección dos tratamentos praguicidas que se aplicarán.

* Manipulación dos praguicidas en condicións de seguridade hixiénico-sanitaria.

Establecementos e servicios de praguicidas:

* Clasificación de establecementos e servicios de praguicidas.

* Descrición das características que deben reuni-los establecementos e servicios de praguicidas.

Taxonomía, anatomía e bioloxía dos vectores:

* Identificación das diferentes especies taxonómicas de vectores máis habituais.

* Aplicación das técnicas de laboratorio para a manipulación e transporte dos vectores.

* Manipulación dos equipos para a conservación e o transporte das mostras.

Métodos de análises e identificación:

* Manipulación e transporte dos praguicidas e substancias químicas.

* Selección e aplicación dos métodos de identificación das diferentes substancias e praguicidas.

* Aplicación das técnicas de captura e identificación de insectos e roedores.

* Etiquetaxe das substancias químicas.

* Emprego de equipos manuais e automáticos para o control dos vectores.

* Utilización de mostradores descontinuos.

Loita antivectorial:

* Aplicación de técnicas de control de pragas.

* Selección das técnicas de control de pragas.

Epidemioloxía das doenzas asociadas a praguicidas e substancias químicas:

* Planificación do control dos riscos de intoxicación.

* Mostraxe de campañas praguicidas e de substancias químicas.

Epidemioloxía das doenzas transmitidas por vectores:

* Descrición da sintomatoloxía das enfermidades de transmisión vectorial.

Contidos conceptuais

Praguicidas e substancias químicas:

* Os praguicidas.

-Clasificación toxicolóxica.

-Indicación de uso e consumo.

* Programas de seguridade química: concepto e aplicación.

Establecementos e servicios praguicidas:

* Establecementos e servicios de praguicidas: concepto, clasificación e características técnico-sanitarias.

Taxonomía, anatomía e bioloxía dos vectores de interese en saúde pública:

* Grupos taxonómicos: concepto e características.

* Vectores de interese sanitario: morfoloxía, anatomía, ecoloxía e distribución.

Métodos de análise e identificación de praguicidas e vectores:

* Concepto e características dos métodos de identificación de substancias e praguicidas.

* Técnicas de identificación de insectos e roedores.

* Envases: tipos e características

Loita antivectorial:

* Praguicidas e protección do ambiente.

* Métodos de aplicación dos praguicidas

* Técnicas de desinfección e de esterilización.

* Métodos de control de pragas.

Epidemioloxía das enfermidades asociadas ós praguicidas e substancias químicas:

* Riscos para a saúde asociados ó uso dos praguicidas e substancias químicas: exposición, vías de entrada e toxicidade.

* Danos e efectos, tanto agudos coma crónicos.

* Prevención e control de riscos: concepto e tipos.

Epidemioloxía das doenzas transmitidas por vectores:

* Concepto e importancia dos vectores en saúde pública.

* Doenzas transmitidas por vectores: concepto e clasificación.

* Mecanismos de transmisión e sintomatoloxía das doenzas de transmisión vectorial.

* A profilaxe das doenzas transmitidas por vectores.

Lexislación:

* A regulamentación técnico-sanitaria para a fabricación e utilización de praguicidas: europea, española e galega.

Contidos actitudinais

* Rigor na aplicación das diferentes técnicas de transporte de mostras.

* Dilixencia e rigor na formalización dos protocolos e actas de mostras.

* Respecto polas normas de seguridade, tanto persoais como ambientais, na aplicación dos productos químicos e praguicidas.

* Rigor na formalización dos cronogramas de traballo.

* Ser coidadosos na manipulación dos equipos de recollida e toma de mostras.

* Valoración da importancia de preserva-la confidencialidade nas enquisas epidemiolóxicas e nas actas de inspección.

3.2.5. Módulo profesional 5: residuos sólidos e medio construído:

Asociado á unidade de competencia 5: identificar, controlar e vixia-los riscos para a saúde da poboación xeral asociados á xestión de residuos sólidos e de medio construído.

Capacidades terminais elementais

* Elaborar cronogramas de traballo tendo en conta o seu ámbito, puntos de estudio, tipos de establecemento e material de recollida.

* Identifica-las características dos compoñentes de censos de vertedoiros, sistemas de xestión de residuos, vivendas e establecementos públicos.

* Identificar nun cronograma de traballo os puntos para realiza-la mostraxe, ordenándoos por distancias e interpretando o censo de vertedoiros, vivendas, establecementos públicos e sistemas de xestión de residuos.

* Identifica-los equipos e materiais necesarios na recollida de datos e toma de mostras.

* Identifica-los compoñentes dun sistema de xestión de residuos sólidos urbanos (RSU) e residuos tóxicos e perigosos (RTP), e recoñece-la súa idoneidade hixiénico-sanitaria.

* Identifica-los distintos tipos de tratamento, eliminación e reciclaxe de residuos sólidos urbanos.

* Analiza-las deficiencias máis frecuentes, relacionándoas coas medidas correctoras que se introduzan.

* Identifica-los criterios sanitarios para aplicar na xestión de residuos: producción, selección, depósito, recollida, transporte e tratamento.

* Avalia-lo sistema de xestión desde unha óptica hixiénico-sanitaria de sistemas de xestión de RSU e RTP.

* Identificar e describi-los compoñentes das vivendas e establecementos públicos, recoñecendo a súa idoneidade hixiénico-sanitaria, puntos críticos e de vixilancia.

* Describi-los criterios sanitarios que deben reuni-los establecementos públicos permanentes e de uso estacional.

* Describir, desde un punto de vista hixiénico-sanitario, os sistemas de abastecemento de auga potable, evacuación de augas residuais, eliminación de residuos e sistemas de loita antivectores das vivendas e establecementos públicos.

* Explica-las deficiencias máis frecuentes, relacionándoas coas medidas correctoras para introducir.

* Realiza-la valoración técnico-sanitaria de vivendas e establecementos públicos, explica-las deficiencias técnico-sanitarias, describi-las medidas correctoras e levantar acta da inspección seguindo protocolos establecidos.

* Identificar e describi-las características que teñen os establecementos con actividades molestas, insalubres, nocivas ou perigosas (MINP).

* Identifica-lo procedemento administrativo de autorización dunha actividade MINP.

* Describi-las medidas correctoras para tomar en establecementos MINP: separación física, producción de residuos sólidos, hixiénicos e contaminantes atmosféricos.

* Clasifica-los establecementos en función das súas actividades, calculando a carga polucionante do aire, auga e solo.

* Identifica-la composición dos RSU e RTP, e calcula-la súa producción en función das características dos sistemas productores.

* Identifica-lo material para toma de mostras de RSU e RTP, e realiza-las distintas técnicas de mostraxe.

* Explica-los reactivos, técnicas de conservación e transporte que se empregarán, en función dos diferentes tipos de mostras.

* Seleccionar envases, etiquetas e precintos que se empregarán na toma de mostras de RSU e RTP, segundo a orixe da mostra.

* Cubri-los volantes de remisión de mostras ó laboratorio segundo protocolos establecidos.

* Describi-las medidas de protección persoal necesarias na toma de mostra de RSU, solos e RTP.

* Describi-las características epidemiolóxicas das enfermidades causadas por impacto dos RSU e dos RTP e por alteracións das vivendas.

* Analiza-la epidemioloxía das enfermidades e riscos de accidente e intoxicacións asociados a establecementos públicos.

* Elaborar informes a partir de datos obtidos in situ e no laboratorio, nos que se razoe o efecto sobre a saúde e se describan as medidas correctoras.

Contidos (duración 145 horas)

Contidos procedementais

Solo:

* Avaliación do impacto da xeración de RSU, RSE e RTP sobre o solo.

* Elaboración de cronogramas de traballo. Identificación dos puntos para estudiar e os equipos para empregar.

* Descrición das peculiaridades da contaminación do solo por diferentes fontes: aire, auga e actividades humanas.

Residuos sólidos urbanos (RSU):

* Identificación dos puntos de mostraxe, e ordenación por distancias. Interpretación do censo de vertedoiros.

* Emprego dos métodos de recollida selectiva.

* Avaliación das diferentes sistemas de reciclaxe.

* Emprego de programas de vixilancia e control dos RSU.

* Toma de mostras dos RSU.

Residuos tóxicos e perigosos (RTP):

* Identificación dos puntos de mostraxe, e ordenación por distancias.

* Emprego dos métodos de recollida selectiva e transporte dos RTP.

* Toma de mostras de RTP.

Métodos de análise e clasificación de RSU e RTP:

* Caracterización dos RSU e RTP.

* Análise e composición dos residuos.

* Emprego de técnicas de análise dos residuos.

Vivenda:

* Detección de puntos críticos e de vixilancia dos compoñentes dos asentamentos urbanos e das vivendas.

* Recoñecemento da idoneidade dos compoñentes das vivendas.

Establecementos públicos:

* Detección de puntos críticos e de vixilancia dos compoñentes dos establecementos públicos.

* Recoñecemento da idoneidade dos compoñentes dos establecementos públicos.

* Control e emprego dos programas de vixilancia e control.

Actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas:

* Clasificación das actividades MINP.

* Tramitación do procedemento administrativo na resolución de licencias.

* Aplicación de técnicas de afastamento e imposición de medidas correctoras.

Epidemioloxía das enfermidades con impacto sobre o ambiente, asociadas ós RSU e RTP:

* Aplicación de medidas de prevención do impacto sobre a saúde e o benestar da xestión de residuos sólidos.

* Emprego de medidas de prevención e control do impacto sobre o ambiente da xestión de residuos.

Epidemioloxía das enfermidades asociadas ás vivendas e ambientes interiores:

* Descrición dos efectos sobre a saúde e o benestar das condicións de habitabilidade das vivendas.

* Prevención de accidentes domésticos.

Contidos conceptuais

Solo:

* O impacto da xeración de residuos sólidos urbanos, residuos sólidos especiais e residuos tóxicos e perigosos sobre o solo.

* O impacto dos residuos sobre o ecosistema.

* Fontes de contaminación do solo: aire, auga e actividade humana.

Residuos sólidos urbanos (RSU):

* Clasificación, composición e das fontes de xeración.

* Métodos de recollida e transporte dos residuos: recollida selectiva.

* Sistemas de tratamento, aproveitamento e reciclaxe.

* Programas de vixilancia e control da súa emisión.

* A toma de mostras: métodos máis empregados.

* As técnicas de análise.

Residuos tóxicos e perigosos (RTP):

* Fontes de xeración: xestión dos RTP.

* Métodos de clasificación. Composición dos RTP.

* Métodos de recollida selectiva e transporte.

* Sistemas de tratamento: incineración, fisicoquímicos e depósito de seguridade.

* Métodos de toma de mostras.

* Técnicas de análise

Vivenda:

* Medio urbano: espacio, equipamento, transporte e vivenda.

* Medio rural: espacio, equipamento, vivenda, impacto agrícola e gandeiro.

* Principios de salubridade dos asentamentos urbanos e das vivendas.

* Características xerais de habitabilidade das vivendas.

Establecementos públicos:

* Requisitos hixiénico-sanitarios xerais: abastecemento e evacuación de residuos sólidos e líquidos.

* Requisitos hixiénico-sanitarios específicos.

* Normas de calidade dos establecementos públicos.

* Programas de vixilancia e control dos establecementos públicos.

Actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas:

* Instruccións e normas complementarias ó regulamento de actividades MINP.

* As actividades MINP: clasificación.

* O procedemento administrativo no RAMINP. Licencias.

* Técnicas de afastamento e imposición de medidas correctoras.

Epidemioloxía das enfermidades con impacto sobre o ambiente, asociadas ós RSU e RTP:

* O impacto epidemiolóxico sobre a saúde e o benestar da xestión de residuos sólidos.

* Efectos sobre o ambiente da xestión de residuos.

Epidemioloxía das enfermidades asociadas ás vivendas e ambientes interiores:

* Efectos sobre a saúde e o benestar das condicións de habitabilidade das vivendas.

* Accidentes domésticos: riscos e medidas preventivas.

* Axentes do medio peridoméstico: riscos principais e medidas preventivas.

Lexislación:

* Normativa sobre a xestión de RSU e RTP: comunitaria, estatal e galega.

* Regulamento sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.

* As corporacións locais e o seu papel no control e a vixilancia dos RSU e RTP.

Contidos actitudinais

* Responsabilidade no manexo de documentación, nas inspeccións de saúde ambiental, na toma de mostras e elaboración de informes.

* Rigor na valoración dos efectos que sobre a saúde poden ter tanto os RSU coma os RTP e o medio construído.

* Valoración da importancia de estar ó día das modificacións da normativa lexislativa sobre medio ambiente.

* Actitude responsable do técnico de saúde ambiental tanto na identificación de problemas como na aplicación das medidas correctoras destinadas a resolvelos ou a evitalos.

3.2.6. Módulo profesional 6: control e vixilancia da contaminación de alimentos:

Asociado á unidade de competencia 6: identificar, caracterizar, controlar e vixia-los riscos para a saúde da poboación xeral asociados á contaminación dos alimentos.

Capacidades terminais elementais

* Explica-las técnicas de elaboración dun cronograma de traballo en función da zona de actuación, os puntos para estudiar, os tipos de establecementos, o tipo de mostras e o material de recollida e transporte.

* Analiza-las características que debe reunir un programa de vixilancia de alimentos en establecementos nos que se elaboren ou transformen, distribúan ou consuman.

* Identifica-los equipos e materiais necesarios para a recollida de datos e toma de mostras alimentarias.

* Describi-los compoñentes dos establecementos de elaboración ou transformación e comercialización de alimentos, comprobando se cumpren a normativa sanitaria vixente.

* Identifica-los puntos críticos e de vixilancia que se deben controlar nos establecementos de elaboración ou transformación e de comercialización de alimentos.

* Enumera-los puntos máis significativos e os trámites de formalización dos libros de rexistro de control de calidade dos alimentos nos diferentes tipos de establecementos.

* Explica-los criterios sanitarios de manipulación e etiquetaxe dos alimentos.

* Identifica-los métodos de hixiene e relacionalos cos sistemas de control dos procesos.

* Relaciona-la calidade estética e organoléptica dos alimentos con alteracións nalgunha fase do proceso de elaboración, transformación ou comercialización.

* Propor e aplica-las medidas correctoras necesarias, se se detectan deficiencias sanitarias que impliquen risco para a saúde.

* Recoñece-lo material para utilizar na toma de mostras de alimentos, comprobando que sexa adecuado ó tipo de mostra, ó proceso e ó tipo de análise que se efectúe.

* Describi-las técnicas de toma de mostras para analizar, tendo en conta as características dos establecementos e os estudios que se realicen.

* Realizar tomas de mostras para efectuar análise microbiolóxica, química e organoléptica segundo os protocolos establecidos.

* Identificar e etiqueta-las mostras de acordo coas normas e os códigos establecidos.

* Describi-las formas de conservación das mostras en función da súa orixe, tipo e análise que se efectúe, así como o seu transporte.

* Rexistra-las mostras e trasladalas ó laboratorio de control, xuntándolle-la solicitude correspondente.

* Describi-los caracteres organolépticos, físicos e químicos dos alimentos de orixe animal e vexetal, relacionándoos coas alteracións que aparecen neles por contaminación ambiental.

* Identificar e describi-los sistemas de control nos procesos de hixienización dos alimentos.

* Explicar, en función do tipo de proceso que se avalíe, os principais parámetros que se poden obter in situ para o control e a vixilancia da contaminación de alimentos.

* Selecciona-los equipos e o material para utilizar en función do tipo de análise e medicións que se efectúen.

* Realizar análises e medicións, valorando a calidade hixiénico-sanitaria segundo protocolos establecidos en función da mostra que se realice.

* Identifica-los resultados obtidos, cubrindo os boletíns analíticos correspondentes.

* Elaborar informes sinxelos a partir das medicións analíticas in situ, segundo protocolo normalizado, comprobando que as recomendacións efectuadas se axustan a criterios técnicos e á normativa legal vixente.

* Analiza-las características epidemiolóxicas das enfermidades de transmisión alimentaria.

* Identificar e describi-las fontes de contaminación dos alimentos, así como os principais contaminantes que poidan ter incidencia na saúde.

* Elaborar informes de intoxicacións ou toxiinfeccións alimentarias a partir dos datos obtidos in situ e no laboratorio, razoando a súa incidencia sobre a saúde e describindo as medidas correctoras para aplicar.

Contidos (duración 295 horas)

Contidos procedementais

Alimentos:

* Clasificación dos alimentos segundo a súa composición e grupo alimentario ó que pertenza.

* Manipulación hixiénico-sanitaria dos alimentos.

* Descrición das técnicas de manipulación de alimentos en condicións hixiénico-sanitarias.

* Elaboración de programas de vixilancia e control dos alimentos.

Variacións das características dos alimentos:

* Descrición das principais alteracións que poden sufri-los alimentos.

* Agrupación dos diferentes aditivos alimentarios en función do seu uso.

Análise de alimentos:

* Elaboración de cronogramas de traballo, en función dos estudios que se realicen sobre a contaminación dos alimentos.

* Selección do material necesario para a toma de mostras de alimentos, en función da mostra, fase do proceso e tipo de análise que se realice.

* Toma de mostras, segundo as características do estudio que se realice.

* Identificación e etiquetaxe das mostras, aplicando as normas e os códigos establecidos.

* Aplicación de técnicas de conservación, en función da orixe, características da mostra e tipo de análise que se efectúe, seguindo a normativa vixente.

* Preparación dos medios de cultivo axeitados, para estudios microbiolóxicos de mostras de alimentos.

* Formalización dos impresos de solicitude de análise ó laboratorio, tralo rexistro de mostras no soporte adecuado

* Realización de análises in situ para o control e a vixilancia da contaminación de alimentos.

* Elaboración de informes sinxelos a partir das observacións e os resultados das análises realizadas in situ, seguindo protocolos axustados a criterios técnicos e a normativa legal.

Hixienización e conservación dos alimentos:

* Realización de técnicas de hixiene e conservación dos alimentos, aplicando criterios e normas de calidade fisicoquímica e microbiolóxica.

Contidos conceptuais

Alimentos:

* Clasificación e composición dos alimentos.

* Programas de vixilancia e control da elaboración, transformación, distribución e restauración dos alimentos.

Variacións das características dos alimentos:

* Alteracións de alimentos: concepto e tipos.

* Adulteración de alimentos: concepto e tipos.

* Contaminación de alimentos: concepto e tipos.

* Aditivos alimentarios: concepto e clasificación.

Análises dos alimentos:

* Métodos e técnicas de toma de mostras.

* Métodos e técnicas analíticas: descrición e parámetros

Hixienización e conservación dos alimentos:

* Criterios e normas de calidade fisicoquímica e microbiolóxica dos alimentos.

Establecementos alimentarios:

* Criterios de calidade dos establecementos alimentarios.

* Vixilancia dos establecementos alimentarios. Puntos críticos.

Epidemioloxía das enfermidades adquiridas por inxestión de alimentos:

* Epidemioloxía das infeccións e intoxicacións alimentarias.

* Efectos sobre a saúde da contaminación abiótica dos alimentos.

* O control das toxiinfeccións e intoxicacións alimentarias.

Lexislación:

* Lexislación de establecementos alimentarios e non alimentarios.

* Lexislación vixente sobre calidade hixiénico-sanitaria dos alimentos.

Contidos actitudinais

* Rigor na elaboración de cronograma de traballo e na selección de equipos e materiais para levalo a cabo.

* Responsabilidade na identificación dos puntos críticos e de vixilancia que deben ser controlados nos establecementos de elaboración, transformación e conservación de alimentos.

* Rigor na aplicación de criterios sanitarios na manipulación e etiquetaxe, así como nos métodos de hixiene e conservación dos alimentos.

* Valoración da importancia da correcta toma de mostras, así como da súa identificación, etiquetaxe, conservación e transporte.

* Responsabilidade na elaboración de informes a partir dos resultados, axustándose ós criterios técnicos e á normativa legal vixente.

* Valora-la importancia dos efectos que sobre a saúde poden produci-los alimentos contaminados.

3.2.7. Módulo profesional 7: educación sanitaria e promoción da saúde:

Asociado á unidade de competencia 7: fomenta-la saúde das persoas mediante actividades de educación ambiental.

Capacidades terminais elementais

* Explica-las medidas de frecuencia de enfermidade que se utilizan para avalia-lo nivel de saúde dunha poboación.

* Identifica-las características persoais, sociais, culturais e sanitarias que poidan influír no nivel de saúde dos grupos de risco, para poder establecer plans de actuación contextualizados como medidas de prevención destinadas a eles.

* Aplicárlle-la teoría da causalidade ás enfermidades para explica-lo modo en que inflúen sobre a saúde das persoas ou dos colectivos os factores de risco xerais e/ou específicos.

* Planifica-los estudios epidemiolóxicos descritivos e experimentais que sirvan para determinar hábitos dietéticos e a súa relación coa saúde das persoas.

* Enumera-los criterios de selección dunha mostra de poboación para a realización de estudios epidemiolóxicos.

* Explica-los métodos de elaboración de instrumentos de recollida de información e precisa-los criterios que marcan a súa especificidade.

* Analiza-las variables psicolóxicas que definen os grupos de risco, identificando e explicando os condicionantes que hai que traballar no desenvolvemento de programas de promoción da saúde.

* Aplicar diferentes técnicas de apoio psicolóxico para satisface-las necesidades do paciente e potencia-lo seguimento da dieta.

* Explica-las teorías existentes sobre a comunicación e os elementos que a constitúen e describi-los métodos de transmisión de información de uso común en actividades de información ou formación sanitaria.

* Especifica-la aplicación de medios audiovisuais describindo os criterios de selección e a súa aplicabilidade didáctica.

* Explica-los elementos que forman parte dunha reunión de traballo, identificando as técnicas que potencian ou regulan o seu desenvolvemento.

* Explica-la relación existente entre o contido e o grao de utilización de técnicas de motivación como elemento de reforzo en programas educativos sanitarios.

* Identifica-las técnicas de dinámica de grupo aplicables á educación para a saúde, relacionando cada unha delas coa súa indicación específica.

* Explica-los diferentes tipos de obxectivos para concretar programas que modifiquen hábitos non saudables nas persoas e/ou nos colectivos.

* Aplicar métodos e medidas específicas en educación para a saúde; elaborar, desenvolver e utilizar diferentes programas, e ter en conta as características e necesidades da poboación de Galicia.

* Elaborar accións educativas sobre diferentes situacións sanitarias, determinando o seu cronograma de aplicación en función do colectivo definido, estratexia e tempo de execución.

* Explica-los métodos de avaliación aplicables a estratexias de promoción da saúde, determinando os momentos idóneos para a súa realización.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Saúde pública:

* Descrición das fases da historia natural da enfermidade.

* Identificación dos niveis de prevención e a súa relación co sistema de atención sanitaria.

* Avaliación da influencia sobre a saúde dos distintos factores que integran a tríade ecolóxica (Comunidade Autónoma galega).

Estudio da poboación:

* Identificación e utilización das fontes de datos demográficos.

* Análise e interpretación de datos de demografía sanitaria.

* Selección de mostras de poboación para estudios epidemiolóxicos.

* Análise dos resultados de estudios epidemiolóxicos descritivos.

Ambiente social como factor influente no estado de saúde:

* Deducción da incidencia que sobre o estado de saúde dos individuos teñen as diferentes variables sociolóxicas.

* Descrición das variables sociolóxicas avaliables nos servicios sociosanitarios.

Psicoloxía:

* Análise das diferentes dinámicas de grupo e selección das técnicas máis axeitadas que permitan modifica-los hábitos alimentarios nocivos.

* Detección dos factores de risco que favorecen a formación ou enquistamento de grupos con conductas alimentarias anómalas.

Comunicación:

* Análise e selección da técnica de comunicación máis axeitada en cada situación.

* Selección e aplicación de técnicas de resolución de conflictos que faciliten a comunicación.

Tecnoloxía educativa:

* Selección da técnica de grupo máis axeitada para cada situación.

* Manexo dos diferentes medios audiovisuais en programas de educación para a saúde.

* Planificación e avaliación de actividades de formación.

Técnicas de investigación social:

* Aplicación de distintas técnicas de observación.

* Realización de sociogramas e tests sociométricos.

* Elaboración de cuestionarios.

Aplicacións informáticas:

* Aplicación de programas de cálculo e proceso de datos.

* Utilización de programas para a elaboración de gráficos e táboas de resultados.

Contidos conceptuais

Saúde pública:

* Saúde. Saúde pública. Conceptos afíns.

* Historia natural da enfermidade. Niveis de prevención.

* Modelo ecolóxico de saúde. Tríade ecolóxica.

Estudio da poboación:

* Demografía xeral.

* Demografía sanitaria: fontes de datos e factores demográficos.

* Indicadores de saúde. Tipos.

* Epidemioloxía descritiva, analítica e experimental.

* Teoría da causalidade aplicada en epidemioloxía.

* Factores de risco de enfermidade. Modelos causais.

* Medidas de frecuencia de enfermidade: incidencia, prevalencia, taxa e risco.

* Método epidemiolóxico. Etapas.

* Deseños epidemiolóxicos descritivos e experimentais.

* Validez e fiabilidade dos estudios epidemiolóxicos.

Ambiente social como factor influente no estado de saúde:

* Socioloxía: conceptos fundamentais.

* Antropoloxía da alimentación.

* Patróns culturais e alimentación. Hábitos alimentarios de Galicia.

* Patoxénese socioeconómica.

Psicoloxía:

* A dinámica dos grupos: a cohesión, influencia social e conformidade.

* As características dos grupos marxinais e de risco.

* As técnicas de modificación de conductas, hábitos e actitudes alimentarias nocivas.

Comunicación:

* O proceso de comunicación: elementos fundamentais.

* Tipos de comunicación: interpersoal e intergrupal.

* Distorsións que poden modifica-la comunicación.

Tecnoloxía educativa:

* Técnicas de grupo aplicables á educación.

* Medios audiovisuais en educación sanitaria.

Técnicas de investigación social:

* Características e aplicacións.

* Técnicas de observación e tipos.

Aplicacións informáticas:

* Programas de cálculo estatístico e proceso de datos. Características e especificacións.

* Programas para a elaboración de gráficos e táboas de resultados. Características e especificacións.

Contidos actitudinais

* Valoración da importancia da influencia sobre a saúde dos factores que integran a tríade ecolóxica.

* Valoración da importancia da medicina preventiva para mellora-lo nivel de saúde de individuos e colectivos.

* Atención á importancia dos factores de risco relacionados coa alimentación como causa dalgunhas patoloxías.

* Rigor na realización da análise e interpretación de datos de demografía e epidemioloxía.

* Actitude crítica ante os resultados de estudios epidemiolóxicos non validados adecuadamente.

* Valoración da utilidade das técnicas de dinámica de grupos para a educación para a saúde.

* Actitude dinamizadora ou participativa nas técnicas de dinámica de grupos.

* Preocupación pola axeitada utilización dos recursos didácticos.

* Rigor e confidencialidade na recollida e o manexo dos datos.

* Valoración nas técnicas de resolución de conflictos para resolver problemas de comunicación.

* Responsabilidade e respecto ó paciente ou cliente na aplicación de técnicas de aplicación de hábitos alimentarios non saudables.

3.2.8. Módulo profesional de proxecto integrado:

Duración: 90 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Obter unha visión global e coordinada das funcións que se desenvolven na unidade ou gabinete de saúde ambiental dunha empresa e/ou organismo.* Seleccionar dentro do epígrafe do contorno profesional e de traballo do DBC, o subsector no que se vai desenvolve-lo proxecto.

* Buscar información específica sobre o subsector elixido.

* Elabora-lo guión de traballo que se vai seguir para a realización do proxecto.

* A partir da idea de proxecto:-Establece-los medios de traballo, materiais e humanos.-Deseña-lo sistema de organización da unidade.-Determina-las fases de execución.

2.Clarifica-la tipoloxía, organización e función do proxecto para planifica-los recursos necesarios e analiza-la súa viabilidade.* Defini-la tipoloxía do proxecto en función do servicio, gabinete e/ou organización destinataria.

* Establece-lo organigrama do persoal necesario para desenvolve-lo proxecto.

* Deseña-la metodoloxía de traballo máis axeitada para optimiza-los resultados do proxecto.-Analiza-las características e necesidades do contexto no que se pretende aplica-la iniciativa utilizando as estratexias e instrumentos axeitados.

* Analiza-los aspectos que poden incidir no desenvolvemento da actividade: culturais, xeográficos, económicos...
* Analiza-las características específicas dos destinatarios do proxecto.

3.Organiza-los espacios, tempo e/ou materiais en función das características e sinais de identidade do proxecto.* Organizar e describi-los espacios nos que se desenvolverá a actividade.

* Selecciona-los recursos materiais máis axeitados para o desenvolvemento da actividade.

* Defini-los criterios de uso, mantemento e conservación dos medios técnicos.-Planifica-lo proceso de atención ó cliente en función das súas necesidades.

* Analiza-los compoñentes da unidade de traballo.
* Planifica-los obxectivos, fases, operacións e recursos necesarios para unha axeitada atención ó cliente.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

4.Selecciona-los pasos necesarios para a adecuación do proxecto á normativa legal establecida.* Identificar e selecciona-la normativa legal que regula o subsector elixido para o proxecto.

* Identificar e cubri-la documentación legal específica para a regulación do proxecto nas administracións pertinentes.

5.Elabora-lo estudio económico do proxecto analizando os custos e deseños estratéxicos de promoción da empresa.* Calcula-los requisitos económicos necesarios para a execución do proxecto.

* Analizar, se procede, os posibles ingresos que poida xera-la empresa.

* Deseña-los materiais estratéxicos destinados para a difusión do proxecto ante diferentes colectivos ós que pode ir dirixido.

6.Establecer criterios de avaliación que permitan introduci-las correccións que sexan necesarias para mellora-lo proceso.* Analizar e establece-los criterios de calidade na presentación do servicio ó cliente.

* Selecciona-los métodos de control de calidade e avaliación de resultados.

* Deseña-las estratexias que permitan reconduci-lo proxecto cando non se acaden os obxectivos previstos.

3.3. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración: 380 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Integrarse na empresa a partir do coñecemento dos seus aspectos organizativos, socioeconómicos e laborais.* Realización dunha ficha da empresa sobre organización socioeconómica e relacións laborais.

2.Participar na planificación e organización da unidade de saúde ambiental.* Recepción e distribución do material da unidade ou gabinete en función das necesidades das distintas áreas de traballo.
* Almacenamento do material respectando as normas de seguridade e hixiene para a súa correcta conservación.
* Control do material respectando a realización das ordes do pedido necesarias para o correcto mantemento das existencias.
* Execución do mantemento preventivo do equipo e aparellos de medida, comprobando o seu adecuado funcionamento.
* Organización dos arquivos e da documentación técnica da unidade segundo as normas e os procedementos establecidos.
* Formalización do libro oficial de movementos (LOM) e impresos normalizados.
* Obtención e actualización da información e documentación específica do sector, complementando ou modificando rexistros anteriores.

3.Realizar análises in situ para determina-la calidade hixiénico-sanitaria dos diferentes tipos de auga.* Selección da normativa para aplicar na realización de inspeccións e informes sobre os diferentes tipos de análise de auga.

* Identificación dos puntos críticos para a toma de mostras en función das análises que se leven a cabo.

* Preparación e posta a punto dos equipos portátiles para a realización das análises in situ.
* Determinación dos parámetros en función dos sistemas e as normativas que se apliquen.
* Realización, identificación e conservación adecuada da toma de mostras, en función do tipo de mostra e análises que se realicen.
* Formalización de impresos de solicitude de determinacións ó laboratorio, en función do tipo de inspección realizada e do sistema aplicado.
* Obtención e rexistro das medidas efectuadas in situ mediante o emprego de equipos portátiles.
* Elaboración dos preceptivos informes en función das inspección realizadas.

4.Identificar, controlar e vixia-los riscos para a saúde asociados ó aire e a distintas fontes de enerxía.* Determinación dos niveis de contaminación atmosférica: química, biótica, radiacións...

* Selección dos puntos críticos próximos ás posibles fontes de emisión.

* Toma de mostras e realización de análises in situ para vixia-los niveis de inmisión prexudiciais para a saúde.
* Elaboración dos informes a partir das observacións visuais e dos resultados das medicións analíticas in situ segundo os protocolos normalizados.

5.Controla-los riscos para a saúde da poboación xeral asociados a productos químicos e vectores.* Inspección dos procesos de comercialización e utilización de praguicidas, vixiando o cumprimento das normas legais establecidas.

* Identificación dos puntos de mostraxe e aplicación dos criterios hixiénico-sanitarios que permitan unha avaliación do risco de exposición.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Toma de mostras de praguicidas, vectores e productos químicos, en condicións e cantidade adecuadas e cos medios e o material precisos.
* Conservación e transporte das mostras segundo as normas e os protocolos establecidos.
* Almacenamento e control do material de recollida das mostras respectando as normas de seguridade para a súa correcta conservación.
* Identificación ou etiquetaxe das mostras segundo as normas e os códigos establecidos.
* Manexo do material e equipos necesarios para a identificación de vectores e productos químicos.
* Selección do praguicida máis idóneo para erradicar un determinado vector.
* Avaliación dos sistemas de control de pragas aplicados, tendo en conta o comportamento ecolóxico das especies, as características dos vectores nas distintas fases do seu desenvolvemento, os tipos de praguicidas...

6.Controla-los riscos para a saúde da poboación xeral asociados á xestión dos residuos sólidos e do medio construído.* Avaliación dos sistemas de xestión de residuos sólidos, tóxicos e perigosos.

* Verificación do censo de vertedoiros incontrolados.

* Inspección do medio construído (vivendas e establecementos públicos), caracterizando e detectando as deficiencias técnico-sanitarias segundo a normativa legal vixente.

* Elaboración e aplicación das medidas correctoras para aplicar nos establecementos con actividades molestas, insalubres, nocivas ou perigosas.
* Toma de mostras de residuos sólidos e elementos do medio construído, en condicións e cantidade adecuada, cos medios e o instrumental precisos.
* Supervisa-los reactivos, envases e precintos para empregar nas tomas de mostras dos residuos sólidos urbanos.
* Realización de análises e medicións in situ, de acordo con protocolos establecidos, e cos equipos portátiles necesarios.

7.Realizar análises in situ, para determina-la calidade hixiénico-sanitaria dos alimentos e controla-los sistemas de hixienización nos seus procesos de elaboración, transformación e comercialización.* Selección da normativa para aplicar na realización de inspeccións e informes sobre os distintos tipos de análise de alimentos.

* Identificacións dos puntos críticos para a toma de mostras, en función das análises que se realicen.

* Preparación e posta a punto dos equipos portátiles para a realización das análises in situ.

* Determinación dos parámetros en función dos sistemas e a normativa que se aplique.

* Realización da toma de mostras, identificación e conservación adecuada dependendo do tipo e da análise que se realice.

* Formalización dos impresos de solicitude de determinacións ó laboratorio, relacionadas co tipo de inspección e proceso aplicado.
* Obtención e rexistro das medidas efectuadas in situ, mediante o emprego de equipos portátiles.
* Elaboración dos preceptivos informes en función das inspeccións realizadas.

8.Elaborar e transmiti-la información epidemiolóxica obtida.* Manexo estatístico dos datos tanto de campo como de laboratorio, obtidos nas diversas mostraxes.
* Elaboración de informes identificando a fonte e o rango, e incluíndo as medidas correctoras para introducir en caso de riscos inminentes para a saúde.
* Transmisión con carácter inmediato, da información e documentación correspondente, ó responsable da unidade e/ou a autoridade competente, se é o caso.

9.Controla-las medidas correctoras destinadas á prevención do riscos na saúde pública.* Detección dos riscos para a saúde pública.

* Comprobación de que as medidas adoptadas son as correctas.

13Cumprir calquera actividade ou tarefa asignada e relacionada co traballo que realiza con responsabilidade profesional, amosando unha actitude de superación e respecto.* Cumprimento responsable das normas, dos procesos e procedementos establecidos ante calquera actividade ou tarefa, obxectivos, tempos de realización e niveis xerárquicos existentes na empresa.

* Responsabilidade no traballo asignado, valorando as consecuencias que o incumprimento pode causar na saúde pública.

* Coordinación da súa actividade co resto do equipo e departamentos, informando de calquera continxencia non prevista.
* Estimación das repercusións da súa actividade na prestación do servicio da empresa e na imaxe que dela proxecta.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Amosar en todo momento unha actitude de respecto cara ós procedementos e as normas da empresa.
* Colaborar no control e resolución das continxencias que se produzan na prestación dos servicios da empresa.

3.4. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e os procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica da Comunidade Autónoma de Galicia, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analiza-la organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Analiza-lo tecido empresarial de Galicia comparándoo co doutras comunidades autónomas.

* Analiza-la evolución socioeconómica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade, tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e as obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias del.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

Principios de economía:

* Lectura e interpretación de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos, sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Analiza-las causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas como nas empresas.

Economía e organización da empresa:

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto, para estudia-las características xerais, comerciais, financeiras, etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudio das necesidades específicas de cada unha.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

Principios de economía:

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa:

* A empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa:

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración positiva da actuación do traballo en equipo.

* Toma de conciencia de que as cooperativas se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición:

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo:

Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

-Ciencias da natureza e da saúde.

-Tecnoloxía.

* O expediente académico do alumno no que se valorará sucesivamente a nota media e ter cursada a seguinte materia de bacharelato:

-Ciencias da terra e do medio ambiente.

4.2. Profesorado:

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de saúde ambiental:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Organización e xestión da unidade de saúde ambientalProcesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicosProfesor de ensino secundario

2Augas de uso e consumoProcedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésicoProfesor técnico de FP

3Contaminación atmosférica, ruídos e radiaciónsProcesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos

Análise e química industrial

(1)

Profesor de ensino secundario

Profesor de ensino secundario

Profesor de ensino secundario

4Productos químicos e vectores de interese en saúde públicaProcesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos

Análise e química industrial

Profesor de ensino secundario

Profesor de ensino secundario

5Residuos sólidos e medio construídoProcesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos (1)Profesor de ensino secundario

Profesor de ensino secundario

6Control e vixilancia da contaminación de alimentosProcedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésicoProfesor técnico de FP

7Educación sanitaria e promoción da saúdeProcesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicosProfesor de ensino secundario

8Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

(1) Os profesores de ensino secundario da especialidade de física e química, co título de licenciado en química, e da especialidade de bioloxía e xeoloxía, co título de licenciado en bioloxía ou en ciencias do mar, teñen competencia docente para impartir este módulo profesional sen prexuízo da prioridade e obriga que para impartir este módulo teñen os profesores da especialidade citada na táboa.

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

BioloxíaProcesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicosProfesor de ensino secundario

QuímicaAnálise e química industrialProfesor de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesoradoTitulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Análise e química industrial-Enxeñeiro técnico industrial, especialidade en química industrial-Enxeñeiro técnico forestal, especialidade en industrias forestais

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

4.3. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de saúde ambiental require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m40%

Laboratorio de análise90 m60 m60%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante cerramentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios:

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Contaminación atmosférica, ruídos e radiacións.

* Productos químicos e vectores de interese en saúde pública.

* Residuos sólidos e medio construído.

* Control e vixilancia da contaminación de alimentos.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Organización e xestión da unidade de saúde ambiental.

* Contaminación atmosférica, ruídos e radiacións.

* Productos químicos e vectores de interese en saúde pública.

* Residuos sólidos e medio construído.

* Control e vixilancia da contaminación de alimentos.

* Formación e orientación laboral.

* Formación en centros de traballo.

4.4.3. Acceso a estudios universitarios:

* Mestre (en tódalas súas especialidades).

* Diplomado en educación social.

* Diplomado en enfermería.

* Diplomado en fisioterapia.

* Diplomado en logopedia.

* Diplomado en podoloxía.

* Diplomado en terapia ocupacional.

* Diplomado en traballo social.

4.5. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

110Organización e xestión da unidade de saúde ambiental

345Augas de uso e consumo

185Contaminación atmosférica, ruídos e radiacións

185Productos químicos e vectores de interese na saúde pública

55Formación e orientación laboral

4º, 5º e 6º trimestre

145Residuos sólidos e medio construído

295Control e vixilancia da contaminación da alimentación

130Educación sanitaria e promoción da saúde

90Proxecto integrado

380Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 80, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.