No Diario Oficial de Galicia número 126, do 2 de xullo de 1999, publicábase a orde que regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
A aplicación de xeito reiterado do disposto na citada orde pon de manifesto a necesidade de modifica-lo modelo de solicitude aprobado, incorporando datos dos compradores, para unha maior axilidade na tramitación dos expedientes e en beneficio dos administrados.
Por todo isto,
DISPOÑO:
Artigo único.-Modifícase o modelo de solicitude de transmisión inter vivos recollido no anexo II da Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, que queda redactado conforme o modelo anexo a esta orde.
Disposición derradeira
Esta orde entra en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2000.
P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22 de decembro)
Juan José Álvarez Pérez
Secretario xeral da Consellería de Pesca,
Marisqueo e Acuicultura