Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 18 de maio de 2000 Páx. 7.816

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 14 de abril de 2000, conxunta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e de bolsas correspondentes ó Programa de Investigación Agraria do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e se procede á súa convocatoria.

Advertidos erros na Orde do 14 de abril de 2000, publicada no DOG nº 79, do martes 25 de abril de 2000, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 6.648, no artigo 2, na táboa relativa á distribución orzamentaria das axudas do anexo II e na columna aplicación, onde di: «Aplicación 04.07.432A.740.0», debe dicir: «Aplicación 04.07.432A.770.0».

Na páxina 6.661, artigo 6. Tramitación, onde di:«Esta lista estará exposta desde o 15 de abril de 2000...», debe dicir: «Esta lista estará exposta desde o 22 de maio ó 1 de xuño de 2000...».