Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.370

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 9/2001, do 11 de xaneiro, polo que se regulan os criterios sanitarios para a prevención da contaminación por legionella nas instalacións térmicas.

Advertidos erros no citado decreto, publicado na versión galega do Diario Oficial de Galicia nº 10, do luns 15 de xaneiro de 2001, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 517, parágrafo 9, onde di: «O Real decreto 1571/1998, do 31 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións términas nos edificios (RITE) e as súas instruccións térmicas complementarias (ITE) ...», debe dicir: «O Real decreto 1751/1998, do 31 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE) e as súas instruccións técnicas complementarias (ITE) ...».

Na páxina 519, no capítulo IV, artigo 5º, punto 1, onde di: «Ademais serán de probada eficacia fronte á lexionelose, ...», debe dicir «Ademais serán de probada eficacia fronte á legionella, ...».

Na páxina 521, no anexo I, onde di: «... notifica á Dirección Xeral de Saúde Pública que posúe o certificado da instalación segundo o Real decreto 1751/1998, do 31 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE) e que se atopa debidamente rexistrado na delegación correspondente da Consellería de Industria e Comercio», debe dicir: «... notifica á Dirección Xeral de Saúde Pública que posúe o certificado da instalación segundo o Real decreto 1751/1998, do 31 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE) ou regulamentos anteriores e que se atopa debidamente rexistrado na delegación correspondente da Consellería de Industria e Comercio».