Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 24 de setembro de 2001 Páx. 12.634

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, dos acordos acadados entre os representantes da empresa e os representantes dos traballadores de Antonio Gallego Cid, S.L.

Vista a acta única da comisión negociadora do convenio colectivo de ámbito autonómico da empresa Antonio Gallego Cid, S.L., que se asinou con data do 6 de xuño de 2001 entre os representantes da empresa e os representantes dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refunido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, a Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDOU:

Primeiro.-Ordena-la inscrición dos acordos recollidos na mencionada acta, consistentes na prórroga do texto do convenio con efectos do 1-7-2001 ó 30-6-2001, aplicándose os mesmos salarios, é dicir, tódolos aspectos económicos que lle correspondan ó persoal laboral da Xunta de Galicia en cada momento, así como engadir no punto número 2º do artigo 25 o seguinte texto: «Esta gratificación terá dereito a percibila aínda no caso de que o traba

llador/a estea percibindo no dito momento as prestacións por desemprego.».

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

Táboa salarial do 1-6-2001 ó 31-12-2002

CategoríaGrupoSalario mesSalario anualValor trienio

Ptas.EurosPtas.EurosPtas.Euros

Encargado/a

xeral (xerente)

Grupo I266.1481.599,583.726.07222.364,144.25225,56

Encargado/a

establecemento

Grupo III

categoría V

186.6881.122,022.613.63215.708,244.25225,56

Cociñeiro/aGrupo IV

categoría V

151.180908,612.116.52012.720,544.25225,56

Axudante

cociña

Grupo V

categoría I

135.510814,431.897.14011.402,044.25225,56

Os salarios existentes nesta táboa serán incrementadas na mesma contía e na mesma data que os do convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia.