Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 24 de setembro de 2001 Páx. 12.634

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector do comercio de materiais de construcción e saneamento.

Vista a acta da revisión salarial do convenio colectivo do sector do comercio de materiais de cons

trucción e saneamento, con nº de código 3600345, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-7-2001, subscrita pola comisión paritaria en data 4-7-2001. De conformidade co disposto nos artigos 7 e 8 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Tercero.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 24 de xullo de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial para o sector de comercio de materiais para a construcción e saneamento de Pontevedra

Acta:

Asistentes:

Por UGT: Begoña Bastos Garea.

Pola CIG: Carmen Veiga Liboreiro.

Por CC.OO.: Guillermo García Costas.

Por ASEMACO (Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción):

Gonzalo Vila García.

Andrés Sande Rodríguez.

En Vigo, nos locais da Confederación de Empresarios de Pontevedra, ás 19 horas do 4 de xullo de 2001, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo de comercio de materiais para a construcción e saneamento da provincia de Pontevedra, co obxecto de proceder á elaboración da táboa salarial para o segundo ano de vixencia do convenio (1-1-2001 ó 31-12-2001), en aplicación do disposto nos artigos 7 e 8 do texto do convenio.

Constatado o feito de que, segundo o INE, o IPC do ano 2000 resultou un 4%, actualízase a táboa do ano 2000 na desviación producida, é dicir, no 1% calculado sobre a táboa que serviu de base para os incrementos do dito ano. Unha vez actualizada

esta táboa, increméntase no 3,5%, resultando así a táboa do segundo ano de vixencia do convenio.

Unha vez confeccionada esta táboa dase lectura dela e asínana as partes en proba de conformidade, acordando a súa remisión á autoridade laboral para os efectos do seu posterior publicación no BOP.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 19.30 horas do día arriba indicado, de todo o cal as partes dan fe.

Convenio colectivo provincial para o sector do

comercio de materiais para a construcción e

saneamento de Pontevedra

Táboa salarial 2001

Grupo I
Persoal técnico titulado:
Titulado de grao superior140.997
Titulado de grao medio117.236
Axudante técnico sanitario101.390

Grupo II
Persoal mercantil técnico:
Director156.836
Xefe de división136.246
Xefe de persoal, compras, vendas e encargado133.076
Encargado xeral117.236
Xefe de sucursal e supermercado117.236
Xefe almacén109.316
Xefe de sección mercantil104.558
Encargado de establecem., vendedor, comprador, poxador104.558
Intérprete99.810
Persoal mercantil propiamente dito:
Viaxante101.390
Corredor de praza99.810
Dependente98.224
Axudante90.298

Grupo III:
Persoal técnico non titulado:
Director155.256
Xefe de división136.246
Xefe de administración125.156
Secretario98.089
Contable107.730
Xefe de sección administrativa114.065
Persoal administrativo:
Contable-caixeiro, taquimecanógrafo en idioma estranxeiro107.730
Oficial administrativo e operador de máquinas contables104.558
Auxiliar administrativo e perforista98.224
Auxiliar de caixa90.298

Grupo IV:
Persoal de servicios e actividades auxiliares:
Xefe de sección do servicio120.407
Debuxante118.821
Escaparatista110.901
Axudante de montaxe90.298
Delineante, visitador, rotulista, cortador91.896
Axudante de cortador, xefe de taller91.896
Profesional de oficio de 1ª98.224
Profesional de oficio de 2ª91.896
Profesional de oficio de 3ª91.896

Axudante91.896
Capataz95.054
Mozo especializado91.889
Ascensoristas, telefonistas, mozo empaquetador90.298

Grupo V:
Persoal subalterno:
Conserxe90.298
Cobrador90.298
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro90.298
Persoal de limpeza (por hora)477