Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 24 de setembro de 2001 Páx. 12.636

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 20 de setembro de 2001 pola que se declaran como solo contaminado os terreos afectados do polígono de Torneiros, no concello do Porriño (Pontevedra) (fase II).

Visto o expediente de declaración como solo contaminado dos terreos afectados do polígono de Torneiros, no concello do Porriño (Pontevedra), (fase II).

Antecedentes.

Pola Orde do 26 de xuño de 2001(DOG nº 132, de 9 de xullo), á vista da investigación de detalle realizada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, consistente nos estudios realizados e dirixida a avalia-la contaminación existente nos terreos do polígono de Torneiros no Concello do Porriño (Pontevedra), e dado que dos resultados da devandita investigación se determinaron niveis de concentración de HCH considerados como de risco de contaminación, acordouse inicia-lo procedemento para declarar como solo contaminado os indicados terreos e determina-las persoas ou entidades obrigadas a realiza-las actuacións necesarias para proceder á súa limpeza e recuperación na forma e prazos que se fixen, así como abrir un período de información pública por un prazo de vinte días, para que calquera persoa física ou xurídica poida examina-lo expediente e formula-las alegacións que considere oportunas.

Con data do 6 de xullo de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental procedeu a notifica-la devandita orde e deuse traslado do expediente ás empresas posuidoras de determinados terreos ós que se refire a dita orde para que puidesen formular como interesados as alegacións que coidasen pertinentes.

Dentro do prazo conferido para o efecto as devanditas empresas presentaron alegacións xa contestadas oportunamente.

Fundamentos xurídicos.

A competencia para a resolución deste procedemento correspóndelle ó conselleiro de Medio

Ambiente en virtude do disposto no artigo 27 da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, e 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, en relación co Decreto 482/1997, do 26 de decembro.

O artigo 27 da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, establece que as comunidades autónomas declararán como solos contaminados aqueles nos que se dea a presencia de compoñentes de carácter perigoso de orixe humana, polo que, neste caso, onde está acreditada polos estudios que constan nesta Administración a existencia de contaminación por HCH dos terreos delimitados no expediente, cómpre ineludiblemente declaralos como contaminados para realiza-las obrigadas actuacións necesarias para proceder á súa limpeza e recuperación, sen prexuízo de que se prosigan os trámites precisos para determina-las persoas ou entidades obrigadas a realiza-las ditas actuacións na forma e nos prazos que se fixen. As alegacións presentadas polos interesados fronte ó acordo de inicio do expediente deron lugar á modificación do plano que delimita a contaminación. Esta declaración é, ademais, orzamento para que se poidan levar a cabo as ditas actuacións de limpeza e recuperación destes solos mediante acordos

voluntarios subscritos entre os obrigados a realizar estas operacións, tal como se establece no artigo 28 da citada Lei básica de residuos.

Vistos os preceptos citados e demais de pertinente aplicación,

RESOLVO:

Declarar como solo contaminado os terreos afectados do polígono de Torneiros no concello do Porriño (Pontevedra), (fase II) que se delimitan no anexo desta orde, por presentar concentracións de HCH que supoñen un risco para o ambiente, e que se prosigan as actuacións para determina-las persoas ou entidades obrigadas a proceder á súa limpeza e recuperación, e fixa-la súa forma e prazo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, ou exercer calquera outro que coide pertinente.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2001.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

Coordenadas UTM dos límites da zona potencialmente contaminada por HCH como resultado da investiación en Torneiros. Fase II.

ÍndiceXY

1530454,924667464,42

2530451,344667353,98

3530457,124667328,58

4530422,704667441,09

5530367,934667448,40

6530397,514667408,30

7530384,614667421,32

8530377,664667432,27

9530444,874667410,84

10530410,844667408,25

11530410,414667398,44

12530446,354667377,94

13530445,984667396,32

14530417,964667417,63

15530353,404667547,94

16530361,194667520,49

17530354,974667533,87

18530354,024667497,77

ÍndiceXY

19530337,624667499,48

20530312,834667573,23

21530309,554667542,64

22530292,744667556,45

23530290,814667563,91

24530352,944667548,71

25530323,224667525,70

26530326,174667575,66

27530370,514667515,68

28530409,604667480,32

29530377,414667478,11

30530367,614667463,71

31530367,594667474,63

32530385,374667503,19

33530388,714667494,31

34530433,724667462,95

35530447,534667493,03

36530630,224667441,66

37530619,704667445,18

38530647,374667415,69

39530608,514667296,84

ÍndiceXY

40530486,754667299,47

41530558,764667300,65

42530547,404667290,96

43530548,814667240,79

44530504,344667285,66

45530539,414667259,60

46530537,084667250,26

47530513,024667291,75

48530532,134667282,72

49530532,014667271,01

50530583,304667260,91

51530568,034667253,59

52530559,364667246,57

53530549,624667362,56

54530514,064667367,82

55530510,954667374,90

56530468,074667319,11

57530537,414667338,74

58530522,434667309,84

59530535,964667365,31

60530472,344667412,28

61530458,194667408,43

62530489,944667414,10

63530526,734667407,73

64530515,284667390,90

65530521,314667423,32

66530506,054667417,56

67530532,234667422,54

68530570,234667321,27

69530564,404667320,18

70530578,374667313,84

71530584,284667304,07

72530634,874667429,09

73530658,614667400,40

74530673,064667385,82

75530675,704667386,82

76530645,274667535,59

77530553,294667497,99

78530549,724667472,57

79530476,924667483,88

80530476,464667469,36

81530473,054667497,24

82530556,534667519,16

83530599,734667452,72

84530571,564667462,35

85530556,634667453,76

86530564,574667561,37

87530557,374667532,37

88530586,764667551,46

89530624,764667537,56

90530611,414667536,05

91530671,714667502,58

92530645,124667501,81

93530646,084667468,68

94530672,674667469,44

95530671,354667516,70