Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 27 de maio de 2011 Páx. 12026

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 12 de maio de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo, e se convocan para o exercicio 2011.

A Constitución española no seu artigo 9.2 establece que lles corresponde aos poderes públicos promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integra sexan reais e efectivas, remover os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os cidadáns na vida política, económica e social.

Así mesmo, no seu artigo 14 a Constitución española recoñece que os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

No que atinxe á Comunidade Autónoma de Galicia, o artigo 4 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia, sinala que lles corresponde aos poderes públicos galegos promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integra sexan reais e efectivas, remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación dos galegos na vida política, económica, cultural e social.

Atendendo a estes mandatos, elaborouse a Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes e a Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia e, en desenvolvemento do título II desta última lei, publicouse o Decreto 33/2009, do 21 de xaneiro, polo que se regula a promoción da igualdade nas empresas e a integración do principio de igualdade nas políticas de emprego no que se pretende, en desenvolvemento das competencias asumidas pola Xunta de Galicia conforme o Estatuto e a Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, ir un paso máis aló.

Así, a consecución da inserción laboral en clave de igualdade laboral convértese nunha das claves para facer efectivo o principio de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, xa que este é un dos ámbitos onde, ata o de agora, foi máis visible a desigualdade.

Por outra banda, o Decreto 335/2009, do 11 de xuño (DOG n.º 123, do 25 de xuño), establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar. Este decreto, pola súa vez, foi modificado polo Decreto 9/2011, do 20 de xaneiro.

Por todo o exposto, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, en uso das facultades que teño atribuídas e para a debida aplicación dos créditos orzamentarios ao fin para o que foron establecidos,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Obxecto, ámbito de aplicación e financiamento

Artigo 1. Obxecto.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas dirixidas ao fomento da implantación de plans de igualdade, para a eliminación da infrarrepresentación feminina e para a garantía e mellora do dereito á conciliación da vida familiar e laboral en pequenas e medianas empresas (pemes).

Para os efectos desta orde, considérase peme a empresa que empregue menos de 250 traballadores e traballadoras e que non supere os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.

Non se inclúen, neste ámbito de aplicación, as entidades sen ánimo de lucro.

Artigo 2. Actuacións e gastos subvencionables.

As actuacións subvencionables desagréganse nas seguintes liñas de actuación:

Liña I: axudas para a implantación de plans de igualdade nos termos e nos ámbitos definidos na Lei 2/2007, de traballo en igualdade das mulleres de Galicia, tanto de forma voluntaria como en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa. Polo tanto, non será de aplicación ás empresas coa obriga legal de implantar plans de igualdade, segundo o establecido no artigo 45.2 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo.

Liña II: axudas para actuacións tendentes á eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos laborais ocupados predominantemente por homes.

Liña III: axudas para os investimentos realizados polas empresas co fin de habilitar servizos de comedor, gardaría, lugares axeitados para o repouso das traballadoras embarazadas, salas de lactación e instalacións análogas para garantir e mellorar o dereito áconciliación da vida familiar e laboral.

Artigo 3. Beneficiarias.

Serán beneficiarias das axudas desta orde as pequenas e medianas empresas que teñan domicilio social en Galicia ou empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia sempre que, pola súa vez, teñan contratado un mínimo dun 10% do seu persoal en Galicia e, cando menos, catro persoas.

Artigo 4 . Financiamento.

A concesión das axudas previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario e realizarase con cargo ás aplicacións que deseguido se citan:

Liña I, aplicación 12.03.324A.474.1 código de proxecto, 2011/00606 da Dirección Xeral de Relacións Laborais, por importe total de douscentos setenta e nove mil oitocentos sesenta e oito euros (279.868 €).

Estas axudas, relativas á liña I, están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nunha porcentaxe do 80 por cento, a través do Programa operativo do FSE de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 051 PO 004, aprobado pola decisión da Comisión Europea do 18 de setembro de 2007, no eixo 2 e tema prioritario 65; este cofinanciamento farase constar nas resolucións de concesión.

Liña II, aplicación 12.03.324A.771.0, código de proxecto 2011/00621 da Dirección Xeral de Relacións Laborais, por importe total de cincuenta e oito mil seiscentos noventa e nove con cincuenta euros (58.699,50 €).

Liña III, aplicación 12.03.324A.771.1, código de proxecto 2011/00629 da Dirección Xeral de Relacións Laborais, por importe total de sesenta e sete mil douscentos noventa e oito euros (67.298 €).

Se non se presenta ningunha solicitude relativa á liña II ou á liña III, ou o número das efectuadas for escaso a criterio desta consellería, e unha vez atendidas estas, a consellería reserva para si a facultade de incrementar o crédito dunha destas dúas liñas co crédito sobrante da outra.

CAPÍTULO II
Axudas para a implantación de plans de igualdade (liña I)

Artigo 5. Beneficiarias.

1. Serán beneficiarias das axudas da liña I desta orde as empresas que, ademais dos requisitos do artigo 3, estean nalgún dos supostos seguintes:

a) Empresas que implanten dunha maneira voluntaria un plan de igualdade nos termos exixidos nos artigos 9 e 10 da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, para os plans legalmente obrigatorios.

Para estes efectos, enténdese voluntaria a implantación do plan aínda que sexa obrigatoria para a empresa por ter acordado ou asinado un compromiso coa representación legal dos traballadores e traballadoras.

Por outra banda, os plans de igualdade elaborados deberán ser acordados coa representación legal do seu persoal e prever a participación desta representación no seu desenvolvemento.

b) Empresas que implanten, en cumprimento de obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa, un plan de igualdade nos termos exixidos nos artigos 9 e 10 da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, para os plans legalmente obrigatorios.

2. Para ser beneficiarias destas axudas, as empresas deberán contar cun mínimo de oito persoas traballadoras. Para os efectos de determinar o número de traballadores na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras no momento da presentación da solicitude. O número mínimo de persoas traballadoras deberá quedar acreditado tamén no momento da xustificación da realización da actividade e dos gastos satisfeitos.

3. As entidades beneficiarias non poderán ter a consideración de empresa en crise conforme o disposto no artigo 1, alínea h) do Regulamento (CE) 1998/2006, do 15 de decembro, relativo a aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (ás axudas de minimis).

Artigo 6. Actividades subvencionables.

1. Para os efectos desta orde, e polo que respecta á liña I, terán a consideración de gastos subvencionables os que deseguido se citan:

a) Realización dunha diagnose da realidade da empresa desde a perspectiva de xénero para a elaboración dun plan de igualdade e que incluirán necesariamente os seguintes aspectos: avaliación dos postos de traballo, categorías profesionais, xornada laboral e estrutura salarial e extrasalarial.

b) Asistencia a cursos de formación en materia de igualdade convocados ou impartidos por entidades públicas ou privadas con experiencia e prestixio nesta materia, do persoal directivo e/ou mandos intermedios da empresa, así como daquel persoal que forme parte dos órganos de igualdade que se cren para o desenvolvemento do plan.

c) A contratación de persoal con experiencia e/ou coñecementos en materia de igualdade, co obxecto de asesorar na elaboración e na implantación do plan de igualdade.

d) Os gastos derivados da contratación de empresa ou entidade externa especializada en materia de igualdade para o asesoramento na elaboración e na implantación do plan de igualdade.

As axudas para os conceptos sinalados nas alíneas b), c) e d) deste artigo poderán solicitarse tamén para o mantemento do plan de igualdade durante a súa implantación, sempre que se cumpran os requisitos exixidos nesta orde e en función da concorrencia competitiva co resto das solicitudes presentadas. O número máximo de convocatorias en que se poderán solicitar estas axudas será de oito, aínda que o prazo de aplicación do plan de igualdade superase os oito anos.

No caso da alínea b), realizarase un control exhaustivo da formación que se vai impartir que deberá ser progresiva nos seus contidos e para o persoal antes citado. Se non coinciden as persoas ás cales se imparte a formación coas doutros exercicios, deberase xustificar o seu cambio.

En todo caso, nas axudas respectaranse as condicións da Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE, modificada pola Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo.

2. O plan de igualdade que se elabore fixará uns contidos mínimos:

–Un diagnóstico previo.

–Obxectivos de mellora.

–Medidas e accións concretas.

–Indicadores e delimitación temporal das actuacións para poder efectuar o seu seguimento e control periódico.

3. Unha vez finalizada a elaboración do plan de igualdade, os beneficiarios destas axudas terán que solicitar a certificación da implantación do plan ante a Unidade Administrativa de Igualdade da Consellería de Traballo e Benestar, feito que será comunicado á Dirección Xeral de Relacións Laborais.

4. A Dirección Xeral de Relacións Laborais poderá recabar informe á Unidade Administrativa de igualdade da Consellería de Traballo e Benestar para os efectos de determinar si as actividades que se van realizar poden ser subvencionables, de acordo cos requisitos exixidos nesta orde de convocatoria.

Artigo 7. Contía das axudas.

Liña I, alínea a):

A contía da axuda acadará ata o 100% do gasto necesario para a realización da actividade, entendendo por tal o importe que acredite a empresa solicitante da axuda mediante certificación, se é esta a que realiza a diagnose con persoal propio, ou ben o importe facturado pola consultora privada que realice o asesoramento. Das contías acreditadas excluirase o IVE e o IRPF.

A contía máxima da axuda será de 5.000 euros por entidade beneficiaria, ou de 6.000 euros por entidade beneficiaria no caso de que as empresas teñan menos de 50 traballadores/as.

Liña I, alínea b):

A contía destas axudas acadará ata o 100% dos gastos necesarios para a realización da actividade cun máximo de 600 euros por persoa para cursos de ata 50 horas e cun máximo de 1.200 euros por persoa para cursos de 50 horas ou máis.

En ningún caso o importe total por empresa beneficiaria poderá superar os 3.600 euros.

Liña I, alínea c):

A axuda será de 300 euros/mes por persoa contratada e unicamente mentres persista este asesoramento.

Cando a empresa teña menos de 50 traballadores/as a contía será de 450 euros/mes por persoa contratada.

Para as empresas con domicilio social en Galicia que conten con varios centros de traballo, e nas cales o plan de igualdade comprenda a totalidade dos centros da empresa, os importes serán de 600 euros/mes se teñen máis de 50 traballadores/as, e de 900 euros/mes se teñen menos de 50 traballadores/as.

Se as persoas contratadas son mulleres con especiais dificultades de inserción laboral ou en situación marcada pola desvantaxe social a que se refire a disposición adicional sexta da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, incrementarase a axuda prevista nos parágrafos anteriores nun 100%. Neste caso só se poderá subvencionar unha contratación por empresa.

Os importes así calculados non poderán superar os salarios netos mensuais das persoas contratadas.

Liña I, alínea d):

A contía da axuda acadará ata o 10% do importe efectivamente satisfeito pola contratación, sen IVE, dunha empresa ou entidade a que se refire este suposto, cun máximo de 3.000 euros.

Cando a empresa beneficiaria desta axuda teña menos de 50 traballadores/as, a cantidade anterior incrementarase nun 20% cun máximo de 3.600 euros.

Para as empresas con domicilio social en Galicia que conten con varios centros de traballo, e nas cales o plan de igualdade comprenda a totalidade dos centros da empresa, estas contías incrementaranse no 50% cun máximo de 4.500 euros se teñen máis de 50 traballadores/as ou 5.400 euros se teñen menos de 50 traballadores/as.

CAPÍTULO III
Axudas para actuacións tendentes á eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos laborais ocupados predominantemente por homes (liña II)

Artigo 8. Beneficiarias.

Serán beneficiarias das axudas da liña II desta orde as empresas que, ademais dos requisitos do artigo 3, no momento da solicitude conten cun máximo do 20% de mulleres no seu cadro de persoal e sempre que concorran os requisitos seguintes:

Que se trate dun sector de actividade no que sexa habitual a infrarrepresentación laboral feminina. Para estes efectos, a Orde do 25 de novembro de 2010, da Consellería de Traballo e Benestar, publicou unha relación das profesións con subrepresentación feminina no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 234, do 7 de decembro).

Que a empresa se comprometa a incrementar a porcentaxe de representación feminina, xa ben por incluílo no seu plan de igualdade xa ben por propia iniciativa.

Artigo 9. Actividades subvencionables.

1. Para os efectos desta orde, e polo que respecta á liña II, terán a consideración de gastos subvencionables os gastos efectivamente satisfeitos, sen IVE, para a adaptación das instalacións ou o investimento noutros medios materiais da empresa para adecuala ás novas necesidades resultantes da contratación de mulleres.

Non se poderá volver solicitar a axuda económica establecida neste suposto salvo se, de xeito excepcional e por motivos xustificados, se acredita a necesidade de realizar novas adaptacións nas instalacións ou outros medios materiais da empresa.

2. As empresas beneficiarias destas axudas deberán destinar os bens ao fin concreto para o que se concedeu a subvención, durante un período mínimo de dous anos.

O incumprimento desta obriga de destino será causa de reintegro das axudas concedidas, de acordo co disposto no artigo 29.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 10. Contía das axudas.

A contía das axudas previstas na liña II acadará ata o 100% dos gastos efectivamente satisfeitos, sen incluír o IVE, necesarios para a realización das actuacións consideradas como subvencionables, cun máximo de 20.000 euros por entidade beneficiaria no suposto de que o compromiso de contratación supoña un incremento de entre un 10% e un 15% da representación feminina da empresa, cun mínimo de dúas traballadoras se se trata de empresas de menos de 50 traballadores/as, ou cun mínimo de seis traballadoras no caso de empresas de máis de 50 traballadores/as.

O importe máximo acadará os 22.000 euros por entidade beneficiaria no suposto de queo compromiso de contratación supoña un incremento de máis do 15% da representación feminina da empresa, cun mínimo de dúas traballadoras se se trata de empresas de menos de 50 traballadores/as, ou cun mínimo de seis traballadoras no caso de empresas de máis de 50 traballadores/as.

CAPÍTULO IV
Axudas para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral (liña III)

Artigo 11. Beneficiarias.

Serán beneficiarias das axudas da liña III desta orde as empresas que reúnan os requisitos exixidos no artigo 3 e que, de xeito individual ou mancomunado, poñan en marcha medidas de conciliación.

Artigo 12. Actividades subvencionables.

1. Para os efectos desta orde, e polo que respecta á liña III, terán a consideración de gastos subvencionables os gastos efectivamente satisfeitos, sen incluír o IVE, derivados dos investimentos realizados polas empresas de forma individual ou mancomunadamente,para habilitar servizos de comedor, gardaría, lugares axeitados para o repouso das traballadoras embarazadas, salas de lactación ou instalacións análogas co fin de garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.

Nestas instalacións teránse en conta as necesidades das mulleres traballadoras con discapacidade, e deberase especificar tal circunstancia na memoria das actuacións.

Non se poderá volver solicitar esta axuda económica salvo se, de xeito excepcional e por motivos xustificados, se acredita a necesidade de realizar novas adaptacións nas instalacións.

2. As empresas beneficiarias destas axudas deberán destinar os bens ao fin concreto para o que se concedeu a subvención, durante un período mínimo de cinco anos.

O incumprimento desta obriga de destino será causa de reintegro das axudas concedidas, de acordo co disposto no artigo 29.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Se é necesario, as empresas beneficiarias destas axudas xustificarán o cumprimento dos requisitos exixidos para a creación, construción ou modificación substancial dos centros de atención á infancia regulados nos decretos 243/1995, do 28 de xullo, e 329/2005, do 28 de xullo. Isto é unha condición indispensable para permitir o seu posterior funcionamento.

Artigo 13. Contía das axudas.

A contía das axudas previstas na liña III acadará ata o 100% dos gastos necesarios para a realización das actuacións consideradas como subvencionables, excluído o IVE, cun máximo de 15.000 euros por entidade beneficiaria para o caso de habilitar lugares adecuados para repouso de traballadoras embarazadas, salas de lactación ou instalacións análogas e un máximo de 50.000 euros cando se trate de habilitar servizos de comedor e gardaría.

CAPÍTULO V
Competencia e procedemento

Artigo 14. Competencia.

A competencia para coñecer e resolver as solicitudes de subvencións previstas nesta orde, por delegación da conselleira de Traballo e Benestar, corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Artigo 15. Solicitudes e documentación.

1. Solicitudes.

As solicitudes de axudas e subvencións recollidas nas distintas liñas desta orde deberán formalizarse por separado para cada unha destas liñas, e deberán dirixirse ao órgano competente para resolver (Dirección Xeral de Relacións Laborais, Consellería de Traballo e Benestar, edificio administrativo San Lázaro, s/n. planta 0, 15781 Santiago de Compostela), directamente ou a través de calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A presentación da solicitude de subvención comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3.º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Non obstante, a persoa ou entidade solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, neste caso deberá presentar a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

De conformidade cos puntos 3 e 4 do artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, e no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará as subvencións concedidas ao abeiro desta orde, segundo o establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, no Diario Oficial de Galicia, na súa páxina web oficial e nos rexistros públicos referidos, con expresión da entidade beneficiaria, a contía e a súa finalidade, na forma que determine o órgano competente, polo que as entidades solicitantes destas axudas, xunto coa presentación da documentación necesaria, na continuación do anexo I, incluirán unha declaración pola que autorizan expresamente o tratamento necesario dos referidos datos, sempre con respecto ao establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Así mesmo, segundo o establecido no artigo 14.2.º da Lei 9/2007, as persoas interesadas poderán consultar esta orde e obter os impresos necesarios desde a páxina web da Consellería de Traballo e Benestar.

Por estar as axudas da liña I cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, na resolución da súa concesión, informaráselle á empresa beneficiaria que a aceptación da axuda comunitaria implicará a súa aparición na lista pública cos nomes dos beneficiarios, das operacións e a cantidade de fondos públicos asignada a cada operación e que a autoridade de xestión do programa operativo publicará conforme o previsto no artigo 7.2.º d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006 (DOUE L/45, do 15.2.2007).

2. As solicitudes presentaranse no modelo que figura como anexo I desta orde, e deberán ir acompañadas da documentación xenérica e específica que de seguido se relaciona:

2.1. Documentación xenérica.

Impreso de solicitude, anexo I desta orde.

Modelo de declaración responsable do anexo I desta orde.

Fotocopia compulsada da tarxeta acreditativa do número de identificación fiscal da entidade solicitante.

Poder suficiente que acredite a representación legal da persoa ou persoas que actúen no nome da empresa así como a fotocopia compulsada do documento nacional de identidade do solicitante, no caso de que o interesado/a non autorice expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao Sistema de Verificación de Datos de Identidade segundo o establecido no Decreto 255/2008, do 23 de outubro.

Documentación acreditativa (escritura de constitución, estatutos ou análogos) do domicilio social da empresa.

Relación dos centros de traballo aos cales afecta a medida solicitada.

Orzamento detallado dos gastos para que se solicita a subvención, cuantificado economicamente en todas as súas epígrafes e indicando o IVE.

Declaración da empresa, refirida ao momento da solicitude, de ter contratados traballadores/as na Comunidade Autónoma de Galicia coas porcentaxes e condicións requiridas nesta orde e indicando o número total de traballadores/as da empresa e cantos deles teñen o centro de traballo en Galicia.

Copia compulsada do documento TC2 da empresa solicitante, referido ao mes inmediatamente anterior á presentación da solicitude e documento xustificativo do seu pagamento. No caso de non poder presentar o TC2 do dito mes, achegarán o relativo ao último mes que teñan pagado.

Relación do número total de homes e mulleres que traballan na empresa, por grupos ou categorías profesionais, incluíndo o persoal de alta dirección.

Balance e conta de resultados da entidade solicitante do último exercicio pechado anterior á data da solicitude.

Ficha de solicitude de transferencia bancaria segundo o anexo III desta orde.

Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para un mesmo proxecto ou actividade, perante outras administracións ou outros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, segundo o anexo IV desta orde.

Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, sometidas ao réxime de minimis durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso, segundo o anexo V desta orde.

2.2. Documentación específica.

Liña I:

Para todos os supostos desta liña:

–Certificado do máximo órgano de representación da empresa en que conste a vontade de adoptar un plan de igualdade acordado coa representación legal das persoas traballadoras ou, de ser o caso, onde se faga referencia ao convenio colectivo en que se marca para a empresa a obrigatoriedade de establecelo. No dito certificado especificarán a duración da execución do plan.

–Proxecto do plan de igualdade en que consten as liñas xerais deste e o resto das actividades previstas para a súa posta en funcionamento, con expresión dos medios persoais e materiais e de se inclúe ou non todos os centros de traballo da empresa.

Unha vez confeccionado o plan de igualdade, cos contidos mínimos exixidos no artigo 6.2 desta orde, será remitido á Dirección Xeral de Relacións Laborais.

–Declaración de non ter a consideración de empresa en crise conforme o disposto no artigo 1, alínea h), do Regulamento (CE) n.º 1998/2006, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (ás axudas de minimis).

Para as actividades da alínea a) do artigo 6:

Se a diagnose a realiza a empresa solicitante da axuda, con persoal propio, certificación en que se acrediten os recursos materiais e humanos empregados, así como a cualificación destes para a realización da diagnose a que se refire esta alínea. Por outra banda, se a diagnose a realiza unha consultora privada, ademais do requirido no caso anterior, relación dos traballos semellantes realizados nos tres últimos anos.

Para as actividades da alínea b) do artigo 6:

–Programación dos cursos a que se vaia asistir ou, de telos xa realizados, diplomas ou certificacións destes, con indicación do seu contido e duración.

–Relación das persoas que asistisen ou vaian asistir a cada curso, sinalando o número de horas que cada persoa dedicou ou vai dedicar a estes.

–Documentación acreditativa (escrituras, estatutos, certificacións) onde conste a condición de persoal directivo e/ou mando intermedio dos asistentes aos cursos ou de ser persoal que forme parte dos órganos de igualdade que se creen para o desenvolvemento do plan.

–En períodos sucesivos, no caso de haber cambios no persoal ao cal se vai impartir a formación (directivo e/ou mando intermedio ou persoal que forme parte dos órganos de igualdade que se creen para o desenvolvemento do plan), achegarán a documentación xustificativa dos ditos cambios.

–Acreditación da experiencia e prestixio das entidades impartidoras dos cursos en materia de igualdade. Para isto, presentarase unha certificación das ditas entidades en que conste unha relación dos traballos semellantes realizados nos tres últimos anos e, pola súa vez, o currículo do seu persoal docente que xustifique a súa cualificación en materia de igualdade.

Para o suposto c) do artigo 6:

–Copia compulsada do contrato de traballo da persoa ou persoas contratadas así como o currículo da dita persoa que acredite a súa experiencia e/ou coñecemento en materia de igualdade.

–Solicitude de certificación de implantación do plan de igualdade, acreditando a súa presentación ante a Unidade Administrativa de Igualdade da Consellería de Traballo e Benestar ou, de ser o caso (cando a axuda que se solicita sexa para a elaboración do plan), compromiso da empresa de solicitar a dita certificación no momento de iniciar a implantación do plan.

Neste suposto se a persoa contratada é unha muller con especiais dificultades de inserción laboral ou en situación marcada pola desvantaxe social a que se refire a disposición adicional sexta da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, terán que presentar:

–Certificación expedida polo organismo público competente que acredite a concreta condición da muller incluída nalgún dos supostos da dita disposición adicional.

–Copia compulsada do contrato de traballo da dita muller contratada.

Para o suposto d) do artigo 6:

–Memoria descritiva e acreditativa da empresa ou entidade externa contratada, indicando os recursos materiais e humanos de que dispón, así como a cualificación destes, para a realización do asesoramento a que se refire este suposto.

–Relación dos traballos semellantes realizados pola dita empresa nos tres anos anteriores.

–Solicitude de certificación de implantación do plan de igualdade, acreditando a súa presentación ante a Unidade Administrativa de Igualdade da Consellería de Traballo e Benestar ou, se for o caso (cando a axuda que se solicita sexa para a elaboración do plan), compromiso da empresa de solicitar a dita certificación no momento de iniciar a implantación do plan.

Liña II:

–Memoria das actuacións materiais que se van realizar xustificando a súa oportunidade en virtude das novas necesidades derivadas da contratación de persoal feminino.

–Compromiso do máximo órgano de representación da empresa en que conste a vontade de contratar traballadoras no número ou porcentaxes requiridas con indicación do prazo máximo de execución dese compromiso.

Liña III:

–Memoria explicativa e descritiva das actuacións materiais que se vaian realizar.

–Se é necesario, solicitude de autorización para a creación das instalacións obxecto do investimento, acreditando a súa presentación ante o organismo competente da Consellería de Traballo e Benestar.

As entidades que soliciten máis dunha liña das previstas nesta orde, unicamente deberán remitir un exemplar da documentación xenérica coa primeira das solicitudes presentadas, e farán constar tal circunstancia nas posteriores. En todo caso, todas as solicitudes deberán presentarse xunto coa documentación específica para a liña de axuda respectiva.

Artigo 16. Prazo.

1. O prazo para a presentación de solicitudes de axudas será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

2. Esta orde cobre as accións que se realizaran entre o remate do prazo de solicitude da Orde do 9 de xuño de 2010, o 30 de xullo de 2010, ata o remate do prazo de solicitude sinalado no número 1 deste artigo.

Os prazos previstos nesta orde por meses, computaranse de data a data, comezando a contar desde o día seguinte ao da publicación ou ao do remate do prazo de presentación de solicitudes e entendendo como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación ou de remate do prazo de presentación. Se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes e, se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Artigo 17. Instrución.

1. O órgano instrutor dos expedientes será o Servizo de Relacións Laborais da Subdirección Xeral de Traballo, que realizará as actuacións necesarias para a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.

2. Se a solicitude non estiver debidamente cuberta ou non se achegar a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común requirirá a entidade interesada para que, nun prazo máximo e improrrogable de 10 días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos coa advertencia de que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da antedita lei.

3. O procedemento de concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, nos termos establecidos no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Avaliación das solicitudes.

Unha vez instruídos os expedientes pasarán para o seu exame á comisión de avaliación que informará o órgano instrutor. Este órgano elevará a proposta á persoa titular da Dirección Xeral de Relacións Laborais, quen, por delegación da conselleira de Traballo e Benestar, será quen resolverá poñendo fin á vía administrativa.

Para os efectos do disposto no parágrafo anterior, a comisión de avaliación estará formada polos seguintes membros: a persoa titular da Subdirección Xeral de Traballo, quen presidirá, o/a xefe/a do Servizo de Relacións Laborais e un/unha xefe/a de sección do Servizo de Relacións Laborais, que actuarán como vogais, e un/unha funcionario/a designado/a pola presidencia, que actuará como secretario/a. Poderá solicitarse o asesoramento dun/dunha funcionario/a da Unidade Administrativa de Igualdade que actuará con voz e sen voto.

Esta comisión poderá adoptar validamente os seus acordos, sempre que asistan a ela o/a presidente/a, ou persoa en que delegue, un/unha vogal e o/a secretario/a. Se por calquera causa, no momento en que a comisión de valoración teña que examinar as solicitudes, algunha das persoas que a compoñen non pode asistir, será substituída polo/a funcionario/a que para o efecto designe a persoa titular da Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Artigo 19. Criterios de avaliación.

A valoración das solicitudes presentadas, dentro de cada liña, efectuarase de acordo cos criterios e a ponderación que a seguir se relacionan:

1. Polo número de novas contratacións que se produzan ou que se comprometan como consecuencia destas accións, ata 30 puntos. A puntuación máxima outorgarase para as contratacións indefinidas.

2. Polo número total de persoas traballadoras da empresa beneficiaria destas subvencións, ata 10 puntos.

3. Pola existencia de representación de mulleres na totalidade dos grupos e categorías profesionais, incluíndo o persoal de alta dirección, correspondendo o máximo de 10 puntos á existencia dun 50% de mulleres na totalidade do persoal da empresa; o resto calcularase na proporción correspondente.

4. Polo número de mulleres beneficiarias destas accións, entendendo por tales o número de mulleres ás cales lles afecten, ben porque xa formen parte do cadro de persoal ou polas contratacións comprometidas, ata 10 puntos.

5. Pola incorporación nos plans de igualdade de medidas de apoio á inserción, permanencia e promoción laboral das mulleres en xeral e das que sofren violencia de xénero en particular, ou pola contratación de mulleres que sofren violencia de xénero, en cumprimento do establecido no artigo 36.2 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, ata 10 puntos.

6. Pola aplicación destas medidas en materia de igualdade en empresas de menos de 50 traballadores/as, 10 puntos.

7. Pola contratación de persoas expertas para elaborar o plan de igualdade durante o tempo que dure a elaboración e posta en marcha dese plan, ata 10 puntos.

8.Pola utilización da lingua galega, ata 10 puntos.

9. Valorarase, ata 10 puntos, a proposta formativa concertada pola empresa, para o seu persoal e en materia de igualdade, de acordo coa documentación exixida no artigo 15.2.2 para a liña I e relativa ás actividades sinaladas na alínea b) do artigo 6.1 da orde.

A concesión destas subvencións realízase mediante a comparación de todas as solicitudes presentadas, establecerase unha prelación entre elas de acordo cos criterios de valoración fixados no parágrafo anterior, e adxudicarase a aquelas propostas que obteñan maior puntuación, co límite máximo do crédito orzamentario existente para cada liña de subvencións.

Artigo 20. Resolución e recursos.

1. A competencia para coñecer e resolver as solicitudes previstas nesta orde corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar por delegación da conselleira de Traballo e Benestar.

Logo da fiscalización da proposta polo órgano interventor da consellería, o órgano concedente ditará a correspondente resolución, que se lles notificará ás entidades interesadas.

2. O prazo máximo para resolver e notificar será de tres meses contados desde o peche do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o antedito prazo sen que se dite resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido no artigo 1 e no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia, á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, e poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. As empresas comunicarán a resolución administrativa sobre as axudas solicitadas aos representantes dos traballadores ou aos traballadores mesmos se non houber esa representación.

Artigo 21. Forma de pagamento e xustificación.

1. Unha vez notificada a resolución definitiva, as entidades interesadas disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada, segundo o artigo 21.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

2. No momento da xustificación, a Dirección Xeral de Relacións Laborais poderá solicitar informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social relativo á existencia dunha sinatura do plan.

3. O pagamento efectuarase de xeito nominativo e pagamento único, pola súa totalidade, a favor das beneficiarias e logo da acreditación dos gastos e pagamentos realizados ata o tope máximo da contía inicialmente concedida como subvención.

En todo caso, a forma de xustificación deberá axustarse ao previsto nos artigos 28 e 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Segundo esta normativa, e entre outros aspectos, considérase que en ningún caso serán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

De non achegarse con anterioridade, o pagamento das axudas quedará condicionado á presentación, na data límite do 31 de outubro (agás que na resolución de concesión se estableza unha data posterior), da documentación que corresponda, relacionada nos puntos seguintes:

a) Documentación xenérica:

–Documentación xustificativa para acreditar o cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención segundo o tipo de axuda, no prazo, nos termos e na forma que estableza a resolución de concesión.

–No momento da xustificación total da actividade subvencionada, deberase presentar declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para a mesma actividade, tanto as aprobadas e/ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, segundo o anexo IV desta orde.

–Documento acreditativo da comunicaciónpola empresa da resolución administrativa sobre as axudas solicitadas aos representantes dos traballadores se os houber ou aos propios traballadores en defecto de aqueles.

b) Documentación específica:

Liña I:

Para todos os supostos desta liña:

–Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, sometidas ao réxime de minimis durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso, segundo o anexo V desta orde.

–Certificación do órgano de representación da empresa en que se acredite que esta segue a ter o mínimo exixido de 8 persoas traballadoras.

Para as actividades da alínea a) do artigo 6:

–Certificación da empresa solicitante da axuda xunto cos xustificantes bancarios ou xustificantes dos asentos contables polo importe dos gastos realizados, se esta realiza o estudo con persoal propio, ou ben factura polo importe do asesoramento realizado pola consultora privada e xustificante do seu pagamento.

–Copia da diagnose da realidade da empresa desde a perspectiva de xénero elaborada segundo os requisitos exixidos nesta orde, que foi obxecto de subvención.

Para as actividades da alínea b) do artigo 6:

–Certificación acreditativa da asistencia e superación dos cursos obxecto de subvención así como facturas xustificativas do gasto realizado.

Para o suposto c) do artigo 6:

–Copia compulsada do contrato de traballo e alta na Seguridade Social e nóminas dos meses para os cales se lle concedeu a subvención, así como xustificantes de pagamento destas.

–O plan de igualdade, xa elaborado, segundo os requisitos exixidos nesta orde.

–Xustificante de ter solicitada a acreditación da implantación do plan de igualdade á Unidade Administrativa de Igualdade.

Para o suposto d), do artigo 6:

–Factura do asesoramento e xustificante do seu pagamento.

–O plan de igualdade, xa elaborado, segundo os requisitos exixidos nesta orde.

–Xustificante de ter solicitada a acreditación da implantación do plan de igualdade á Unidade Administrativa de Igualdade.

Liña II:

–Facturas dos investimentos e xustificantes do seu pagamento.

Liña III:

–Facturas dos investimentos e xustificantes do seu pagamento.

–Se é necesario, resolución do organismo competente da Consellería de Traballo e Benestar sobre a autorización de creación dasinstalacións obxecto do investimento.

Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen ter presentado esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de 10 días a presente. Así mesmo, cando o órgano competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables na xustificación presentada polo beneficiario, porao no seu coñecemento e concederalle un prazo de 10 días para a súa corrección. A falta de presentación da xustificación ou a non corrección no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención, (artigos 45 e 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia).

Non se poderá realizar en ningún caso o pagamento da subvención mentres a beneficiaria non figure ao día do cumprimento das súas obrigas tributarias –estatais e autonómicas– e da Seguridade Social, sexa debedora en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración da comunidade autónoma.

CAPÍTULO VI
Obrigas, compatibilidade, seguimento e control

Artigo 22. Prohibicións, incompatibilidades e concorrencia.

1. A entidade solicitante non poderá estar incursa nas prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, circunstancia que se xustificará mediante a declaración contida no anexo I desta orde.

2. As axudas recollidas nesta orde son compatibles coas concedidas por outros entes públicos ou privados, tendo en conta que, en ningún caso, o importe das subvencións ou axudas concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolver a persoa ou entidade beneficiaria. Non se poderán imputar os mesmos gastos aos distintos tipos de axudas previstos nesta orde.

Artigo 23. Obrigas das beneficiarias.

Son obrigas das entidades beneficiarias das axudas e subvencións as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, en especial as seguintes:

a) Acreditar con anterioridade á proposta de resolución, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que se está ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma.

b) Realizar a actividade que fundamente a concesión da axuda ou subvención.

c) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polos/as beneficiarios/as e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

d) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. En especial, e dado que as subvencións concedidas ao abeiro da liña I desta orde están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, as persoas ou entidades beneficiarias garantirán, durante un período de tres anos a partir do peche do programa operativo ou ben durante un período de tres anos a partir do ano en que tivese lugar o peche parcial deste, a dispoñibilidade dos documentos xustificativos. Os gastos subvencionados deberán poder identificarse na súa documentación contable de forma separada.

e) O sometemento ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Traballo e Benestar, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da comunidade autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea e achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

f) Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Traballo e Benestar, así como cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nos termos establecidos no Regulamento (CE) n.º 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) n.º 1803/2006, do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión.

Artigo 24. Modificación da resolución de concesión.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, á súa revogación segundo o establecido no artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 25. Revogación e reintegro.

No caso de que a beneficiaria da axuda incumpra algunha das condicións ou obrigas estipuladas nesta orde a Consellería de Traballo e Benestar procederá ao reintegro total ou parcial da subvención concedida, e solicitará a devolución das cantidades percibidas e os correspondentes xuros de demora xerados desde o momento do seu pagamento, nos casos e nos termos previstos nos artigos 32, 33, 37 e 38 da citada Lei 9/2007 e no seu regulamento, aprobado mediante Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

A obriga do reintegro establecida no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Artigo 26. Seguimento e control.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración, a Consellería de Traballo e Benestar levará a cabo funcións de control, avaliación e seguimento das liñas de actuación.

Para realizar as ditas funcións poderanse utilizar cantos medios estean á súa disposición para comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados e o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación. Para estes efectos, as beneficiarias deberán cumprir as obrigas de comprobación que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.

As empresas que reciban unha axuda pública para a elaboración e aplicación do plan de igualdade, é dicir, para todos os supostos da liña I, estarán obrigadas a elaborar, dentro do mes de xaneiro seguinte á finalización do ano natural en que se solicitou a axuda económica, un informe no que, pola súa vez, se inclúa un informe da representación dos/as traballadores/as, e se poña de manifesto a evolución da súa aplicación durante ese período.

Para levar a cabo un correcto control anual do desenvolvemento do plan de igualdade, as empresas achegarán a certificación da implantación do plan expedida, logo de solicitude e unha vez rematada a súa elaboración, pola Unidade Administrativa de Igualdade da Consellería de Traballo e Benestar.

No caso de ser empresas beneficiarias das axudas da liña III, achegarán resolución do organismo competente da Consellería de Traballo e Benestar sobre a concesiónda autorización de apertura das instalacións obxecto do investimento, sempre que for necesario o dito requisito.

De solicitarse a renovación das axudas económicas para a implantación do plan de igualdade, deberá presentarse o dito informe coa solicitude e demais documentación sinalada na orde de convocatoria.

Se o informe non se presenta no prazo sinalado, poderáselle conceder unha prórroga non superior a un mes. A falta de presentación do citado informe ou o incumprimento dos fins para os que foron concedidas as axudas dará lugar ao inicio do procedemento de reintegro total ou parcial das axudas establecidas nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

Artigo 27. Axudas baixo condicións de minimis.

Os incentivos establecidos nesta orde para a liña I quedan sometidos ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder dos límites cuantitativos establecidos no Regulamento (CE) n.º 1998/2006, da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE, ás axudas de minimis (DOUE L 379, do 28 de decembro). Nos termos desta normativa, a axuda total de minimis concedida a unha empresa determinada non será superior a 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, ou a 100.000 euros cando se trate dunha empresa que opere no sector de transporte por estrada.

A axuda de minimis non se acumulará con ningunha axuda pública correspondente aos mesmos gastos subvencionables se a dita acumulación dá lugar a unha intensidade de axuda superior á establecida para as circunstancias concretas de cada caso nun regulamento de exención por categorías ou nunha decisión adoptada pola Comisión Europea (artigo 2, apartado 5 do Regulamento 1998/2006, do 15 de decembro).

Disposición adicional primeira.

A Consellería de Traballo e Benestar poderá requirir en todo momento a documentación orixinal que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións exixidas nos diferentes programas desta orde, agás aquelas que de acordo co artigo 35 f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, xa estean en poder da administración actuante.

Disposición adicional segunda.

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar na persoa titular da Dirección Xeral de Relacións Laborais, para resolver a concesión ou denegación das subvencións previstas nesta orde, para autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, así como para resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polos seus beneficiarios, respecto das resolucións de concesión destas ditadas por delegación do/aconselleiro/a.

Disposición derradeira primeira.

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Relacións Laborais para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela,12 de maio de 2011.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file