Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Mércores, 14 de setembro de 2011 Páx. 26875

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

ORDE do 22 de agosto de 2011 pola que se crea o Consello Asesor de Pacientes.

A participación dos cidadáns na xestión do Sistema Público de Saúde de Galicia constitúe, ademais dun valor social, un instrumento de cooperación e información para a mellora da saúde e do benestar da cidadanía.

Tanto a Lei xeral de sanidade como a Lei de saúde de Galicia sinalan a necesidade de contar coa visión e percepción dos pacientes nos distintos programas da actividade sanitaria.

A Estratexia Sergas 2014 recolle como un dos obxectivos do Servizo Galego de Saúde impulsar os programas de prevención e promoción da saúde, desenvolvendo actuacións que melloren os resultados en saúde dos pacientes e da cidadanía en xeral.

Para acceder a este obxectivo considérase adecuado pór en funcionamento programas de formación, desde a Escola Galega de Saúde, para os cidadáns, e o fomento da participación no sistema sanitario dos pacientes como unha forma de entender as súas necesidades e lograr a implicación e responsabilidade no coidado da súa saúde. Deste xeito, a través da voz dos pacientes, a organización sanitaria vai dispor das súas suxestións, inquedanzas e necesidades, e, en definitiva, do seu asesoramento, o que vai resultar especialmente significativo para a planificación da actividade e dos servizos do Servizo Galego de Saúde e das entidades públicas instrumentais adscritas a el.

O Consello Asesor de Pacientes nace coa intención de constituírse en foro de participación das entidades e asociacións de pacientes que desexen traballar, xunto cos profesionais sanitarios, na mellora da calidade da asistencia sanitaria, achegando a percepción da actividade sanitaria desde a óptica dos pacientes.

Na súa virtude, por proposta da Xerencia do Servizo Galego de Saúde e tendo en conta o disposto no artigo 38 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto.

1. Créase o Consello Asesor de Pacientes como órgano de asesoramento do Servizo Galego de Saúde.

2. O Consello Asesor de Pacientes adscríbese á Xerencia do Servizo Galego de Saúde.

Artigo 2. Finalidade.

O Consello Asesor de Pacientes ten como finalidade avanzar na mellora da seguridade dos pacientes, familiares e coidadores, actuando como unha estrutura que sirva para incrementar a calidade dos servizos sanitarios, fomentando os niveis de participación e facilitando aos pacientes a información necesaria para a toma de decisións e calquera outra do seu interese.

Artigo 3. Funcións.

Son funcións do Consello Asesor de Pacientes:

  1. Asesorar sobre as necesidades de formación das asociacións de pacientes.
  2. Asesorar sobre os programas da Escola Galega de Saúde para os cidadáns e propor novas actividades para incorporar a estes.
  3. Participar nos programas de formación da Escola Galega de Saúde para os cidadáns e nos foros que se creen.
  4. Revisar e asesorar sobre os materiais, documentos e instrumentos audiovisuais, realizados pola Escola Galega de Saúde para os cidadáns e orientados aos pacientes.
  5. Revisar e asesorar o Servizo Galego de Saúde sobre as guías de información dirixidas a pacientes.
  6. Asesorar sobre a información escrita de mellora da seguridade dirixida aos pacientes.
  7. Participar nos programas, grupos de discusión e de traballo para a mellora das guías de atención a pacientes crónicos.
  8. Participar nos programas de acollida do persoal de novo ingreso para difundir entre os profesionais sanitarios as expectativas e necesidades dos pacientes.
  9. Asesorar sobre o deseño dos espazos dos novos hospitais e centros de saúde para a mellora da súa accesibilidade.
  10. Formar parte dos equipos de mellora, como os de hixiene de mans, atención de enfermidades crónicas e outros.

Artigo 4. Composición.

1. O Consello Asesor de Pacientes estará composto polo presidente, vogais e secretario.

2. A presidencia do Consello Asesor de Pacientes corresponderalle á persoa titular da Xerencia do Servizo Galego de Saúde.

3. Serán membros do Consello Asesor de Pacientes en condición de vogais:

a) Por parte da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde:

– A persoa titular do centro directivo con competencia en materia de saúde pública.

– A persoa titular do centro directivo do Servizo Galego de Saúde encargado da asistencia sanitaria.

– A persoa titular da dirección da Escola Galega de Saúde para os Cidadáns.

– A persoa titular da dirección da Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria.

b) Por parte das asociacións de pacientes:

– Unha persoa en representación da Asociación de Bulímicos y Anoréxicos de A Coruña.

– Unha persoa en representación da Asociación de Crohn y Colitis Ulcerosa de A Coruña.

– Unha persoa en representación da Asociación Coruñesa de Persoas con Diabete.

– Unha persoa en representación da Asociación Coruñesa de Fibromialgia y Síndrome de Fatiga Crónica.

– Unha persoa en representación da Asociación Coruñesa de Promoción del Sordo.

– Unha persoa en representación da Asociación Española Contra el Cáncer – Xunta Provincial da Coruña.

– Unha persoa en representación da Asociación Española Contra el Cáncer – Xunta Provincial de Lugo.

– Unha persoa en representación da Asociación Española de Enfermos de Glucogenosis.

– Unha persoa en representación da Asociación Española de Linfangioleiomiomatosis.

– Unha persoa en representación da Asociación Española de Síndrome de Piernas Inquietas.

– Unha persoa en representación da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer da Coruña.

– Unha persoa en representación da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias de Ferrolterra.

– Unha persoa en representación da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias de Lugo.

– Unha persoa en representación da Asociación de Familiares y Enfermos de Fibrosis Pulmonar Idiopática y Fibrosis Pulmonar Familiar.

– Unha persoa en representación da Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica do Noroeste.

– Unha persoa en representación da Asociación de Fibromialxia e Síndrome de Fatiga Crónica de Ourense.

– Unha persoa en representación da Asociación Galega de Axuda a Enfermos Tipo Alzheimer.

– Unha persoa en representación da Asociación Galega de Hemofilia.

– Unha persoa en representación da Asociación Galega de Síndrome de X-Fráxil.

– Unha persoa en representación da Asociación Galega de Espiña Bífida e Lesionados Medulares.

– Unha persoa en representación da Asociación de Implantados Cocleares de Galicia.

– Unha persoa en representación da Asociación de Loita Contra as Enfermidades de Ril (A Coruña).

– Unha persoa en representación da Asociación de Loita Contra as Enfermidades de Ril (Lugo).

– Unha persoa en representación da Asociación de Loita Contra as Enfermidades de Ril (Ourense).

– Unha persoa en representación da Asociación Lucense de Apnea.

– Unha persoa en representación da Asociación de Fibromialxia de Lugo.

– Unha persoa en representación da Asociación de Niños con Déficit de Atención y/o Hiperactividad.

– Unha persoa en representación da Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, E.L.A., Parkinson e Outras Enfermidades Neurodexenerativas.

– Unha persoa en representación da Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral.

– Unha persoa en representación da Asociación de Persoas con Trastorno Bipolar de Galicia.

– Unha persoa en representación da Asociación Gallega contra las Enfermedades Neuromusculares.

– Unha persoa en representación da Asociación PKU e OTM de Galicia.

– Unha persoa en representación da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña.

– Unha persoa en representación da Asociación de Artrite de Santiago.

– Unha persoa en representación da Asociación de Diabéticos de Ferrolterra.

– Unha persoa en representación da Asociación de Diabéticos de Vigo.

– Unha persoa en representación da Asociación de Diabéticos Lucenses.

– Unha persoa en representación da Asociación de Familiares de Alzheimer de Ourense.

– Unha persoa en representación da Asociación de Personas Sordas de Santiago de Compostela.

– Unha persoa en representación da Asociación Diabético Auria.

– Unha persoa en representación da Asociación Ex-alcohólicos de Ferrolterra.

– Unha persoa en representación da Asociación Fonte da Virxe de Enfermos Mentais.

– Unha persoa en representación da Asociación Gallega para la Prevención del Glaucoma.

– Unha persoa en representación da Asociación Parkinson Ferrol.

– Unha persoa en representación da Asociación Parkinson Galicia – Bueu.

– Unha persoa en representación da Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista da Coruña e Federación Autismo Galicia.

– Unha persoa en representación da Asociación de Pais de Nenos con Minusvalidez.

– Unha persoa en representación da Asociación e Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual.

– Unha persoa en representación da Asociación Galega de Familias de Persoas Afectadas pola Síndrome de Asperger.

– Unha persoa en representación da Asociación Pro-Persoas con Discapacidade de Galicia.

– Unha persoa en representación da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (A Mariña).

– Unha persoa en representación da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Lugo).

– Unha persoa en representación da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Santiago).

– Unha persoa en representación da Cruz Vermella Española de Galicia.

– Unha persoa en representación da Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down.

– Unha persoa en representación da Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras.

– Unha persoa en representación da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.

– Unha persoa en representación da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia.

– Unha persoa en representación da Federación Galega de Dano Cerebral.

– Unha persoa en representación da Federación Gallega de Enfermedades Raras y Crónicas.

– Unha persoa en representación da Fundación Irene Megías contra la Meningitis.

– Unha persoa en representación da Fundación Menela.

– Unha persoa en representación do Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña.

– Unha persoa en representación da Liga Reumatolóxica Galega.

– Unha persoa en representación da Asociación Galega de Mulleres Afectadas por Cancro de Mama.

– Unha persoa en representación da Asociación de Pais/Nais ou Titores de Persoas con Trastornos do Espectro Autista.

– Unha persoa en representación de Redmadre.

– Unha persoa en representación da Asociación de Dano Cerebral de Compostela.

– Unha persoa en representación da Sociedad Gallega Interdisciplinaria de Sida.

– Unha persoa en representación da Unión Galega de Epilepsia.

4. A secretaría corresponderalle a un empregado público ou traballador dependente da Xerencia ou Dirección do Servizo Galego de Saúde, designado por esta.

5. Na composición do Consello Asesor de Pacientes procurarase a participación paritaria de mulleres e homes.

Artigo 5. Funcións da Presidencia.

Correspóndelle á Presidencia do Consello Asesor de Pacientes:

a) Exercer a súa representación.

b) Coordinar as actividades do Consello e levar adiante a execución dos acordos adoptados.

c) Acordar a convocatoria das reunións ordinarias e extraordinarias do Consello.

Artigo 6. Funcións da Secretaría.

Corresponderalle á Secretaría a realización das seguintes funcións:

a) Efectuar a convocatoria das reunións por orde da presidencia, así como a citación aos membros do Consello Asesor de Pacientes.

b) Recibir e custodiar as propostas dos membros do Consello Asesor de Pacientes.

c) Preparar o despacho dos asuntos que deban ser tratados en cada reunión do Consello Asesor de Pacientes.

d) Redactar a autorizar as actas das reunións, e, se é o caso, expedir as certificacións dos acordos adoptados.

e) Dar traslado dos acordos adoptados aos órganos ou entidades que correspondan.

f) Aqueloutras que sexan inherentes ou que resulten da condición da secretaría de órgano colexiado.

Artigo 7. Réxime de suplencias.

1. A persoa titular da presidencia e os vogais poderán ser substituídos polas persoas que designen. No caso das entidades e/ou asociacións a suplencia corresponderá á persoa que designe o órgano que corresponda segundo o establecido nos seus estatutos. A designación deberá constar expresamente acreditada para cada reunión.

2. A persoa titular da secretaría poderá ser substituída por outro empregado ou traballador público da mesma unidade por designación da Xerencia ou Dirección do Servizo Galego de Saúde.

Artigo 8. Funcionamento.

1. O Consello Asesor de Pacientes reunirase, con carácter ordinario, cada seis meses. Con carácter extraordinario poderá reunirse cantas veces o considere necesario a persoa titular da presidencia, por iniciativa propia ou da terceira parte dos membros do Consello Asesor de Pacientes.

2. A convocatoria de cada reunión e a documentación que se una remitiranse ao enderezo de correo electrónico que deberá indicar previamente cada membro do Consello. A Secretaría adoptara todas as medidas necesarias para a protección de datos persoais de acordo coa normativa vixente na materia.

3. De cada reunión que se realice levantarase unha acta en que se recollerán, de forma breve, as persoas asistentes e os acordos adoptados.

4. Os acordo do Consello aprobaranse por maioría simple do membros presentes.

Artigo 9. Participación externa.

1. Poderán participar nas reunións, con voz pero sen voto, aquelas persoas que polas súas actividades, coñecemento ou experiencia, a presidencia considere oportuno que estean presentes por razón dos asuntos que se vaian tratar.

2. Igualmente poderán participar nas reunións con voz pero sen voto, os representantes das asociacións de pacientes non incluídas no anexo desta orde que soliciten a súa presencia nela e sexan autorizadas pola presidencia do Consello.

Disposición adicional única. Réxime supletorio.

En todo o non previsto nesta orde, aplicarase o disposto nos artigos 14 a 21 da Lei 16/2010, do 27 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2011.

María del Pilar Farjas Abadía
Conselleira de Sanidade