Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 22 de novembro de 2011 Páx. 34308

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 8 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións nos corpos de profesores de ensino secundario de diversas especialidades.

Primeiro. Comunícase que está aberto o prazo para posibles interinidades ou substitucións para os corpos e para as seguintes especialidades:

1. Corpo de profesores de ensino secundario:

Disciplina

Titulacións requiridas

Navegación e instalacións mariñas (590109)

– Diplomado en:

• Máquinas navais.

• Navegación marítima.

• Radioelectrónica naval.

– Enxeñeiro técnico naval.

– As titulacións superiores das anteriormente mencionadas.

– Titulacións equivalentes.

2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional:

Disciplina

Titulacións requiridas

Máquinas, servizos e produción (591210)

– Diplomado en:

• Máquinas navais.

• Navegación marítima.

• Radioelectrónica naval.

– Enxeñeiro técnico naval.

– As titulacións superiores das anteriormente mencionadas.

– Titulacións equivalentes.

3. Corpo de profesores de música e artes escénicas:

Os titulados superiores (título de profesor superior ou título superior de música na especialidade de pedagoxía) terán preferencia sobre os que teñan o título de profesor do plan do ano 1966 aínda que o baremo sexa inferior.

Harpa (594402)

1.º – Título de profesor superior nesta especialidade.

– Título superior de música na especialidade de pedagoxía, opción pedagoxía da harpa.

2.º Título de profesor do plan do ano 1966 nesta especialidade ou de acordo coas equivalencias establecidas no Real decreto 1542/1994, do 8 de xullo (BOE do 9 de agosto).

Frauta de bico (594411)

1.º – Título de profesor superior nesta especialidade.

– Título superior de música na especialidade de pedagoxía, opción pedagoxía da frauta de bico.

2.º Título de profesor do plan do ano 1966 nesta especialidade ou de acordo coas equivalencias establecidas no Real decreto 1542/1994, do 8 de xullo (BOE do 9 de agosto).

Percusión (594422)

1.º – Título de profesor superior nesta especialidade.

– Título superior de música na especialidade de pedagoxía, opción pedagoxía da percusión.

2.º Título de profesor do plan do ano 1966 nesta especialidade ou de acordo coas equivalencias establecidas no Real decreto 1542/1994, do 8 de xullo (BOE do 9 de agosto).

Viola da gamba (594432)

1.º – Título de profesor superior nesta especialidade.

– Título superior de música na especialidade de pedagoxía, opción pedagoxía de viola da gamba.

2.º Título de profesor do plan do ano 1966 nesta especialidade ou de acordo coas equivalencias establecidas no Real decreto 1542/1994, do 8 de xullo (BOE do 9 de agosto).

Linguaxe musical (594460)

1.º – Título de profesor superior nesta especialidade.

– Título superior de música na especialidade de pedagoxía, opción linguaxe e educación musical.

2.º Título de profesor do plan do ano 1966 nesta especialidade ou de acordo coas equivalencias establecidas no Real decreto 1542/1994, do 8 de xullo (BOE do 9 de agosto).

Segundo. Prazo de solicitude.

O prazo para presentar a instancia de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e poderanse presentar en calquera rexistro oficial ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que se opte por presentar a solicitude nunha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser certificada.

Terceiro. Modelo de solicitude.

O modelo de solicitude está á disposición dos interesados na páxina web da consellería, no enderezo http://www.edu.xunta.es/profesorado (xestión de profesorado; interinos e substitutos).

Cuarto. Comisión baremadora.

A asignación da puntuación que corresponde aos concursantes será levada a cabo por unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para os efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Poderá asistir ás reunións da comisión, con voz e sen voto, un representante por cada unha das organizacións sindicais con presenza na mesa sectorial docente non universitaria.

Quinto. Requisitos dos candidatos e candidatas.

a) Estar en posesión da titulación que se sinala no punto primeiro deste anuncio.

b) Ter superado o curso Celga 4 de lingua galega ou validación equivalente.

Non obstante o anterior, poderán presentar solicitudes aquelas persoas que, posuíndo as titulacións sinaladas no punto primeiro, non posúan o curso de Celga 4 de lingua galega ou equivalente. Estes candidatos poderán ser seleccionados en defecto de candidatos que si o acrediten. Neste caso, de ser seleccionados, os candidatos deberán superar, no prazo máximo de dous anos desde que sexan nomeados, o curso de Celga 4 de lingua galega ou equivalente. A superación do devandito curso deberá ser comunicada á Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) Para o corpo de profesores de ensino secundario, especialidade 590109, deberá acreditar a formación pedagóxica e didáctica establecida no artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e polo tanto, estar en posesión do correspondente título de máster regulado pola Orde ECI/3858/2007, do 27 de decembro, polo que se establecen os requisitos de verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas.

Non será necesaria a posesión do citado título oficial de máster antes mencionado para o persoal solicitante de habilitación que acredite estar en posesión, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, dalgún dos seguintes requisitos:

Estar en posesión do título profesional de especialización didáctica, do certificado de cualificación pedagóxica ou do certificado de aptitude pedagóxica.

Estar en posesión dun título universitario oficial que habilite para o exercicio da profesión de mestre, ou dun título de licenciado en pedagoxía ou psicopedagoxía, así como calquera outro título de licenciado ou outra titulación declarada equivalente que inclúa formación pedagóxica e didáctica.

Ter impartido docencia durante un mínimo de 12 meses en centros públicos ou privados de ensino regrado, debidamente autorizados, nos niveis e ensinanzas cuxas especialidades docentes se regulan no Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro. Esta experiencia docente acreditarase mediante certificación da dirección do centro, co visto e prace da inspección educativa.

Sexto. O baremo, de acordo coa addenda asinada cos sindicatos da mesa sectorial docente o 11 de xullo de 2006 (texto refundido publicado na Resolución de 10 de maio de 2010, DOG do 19 de maio), será o publicado na fase de concurso do último concurso-oposición convocado no DOG .

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2011.

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos