Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37196

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 15 de decembro de 2011 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, pola Orde da Consellería de Facenda do 21 de xullo de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia número 142, do 26 de xullo, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2011.

Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda

ANEXO
Corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2

Tribunal titular:

Presidencia: María del Mar Pousa Cobas, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Secretaría: María Isabel da Riba Casaux, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

José Barreiro Piñeiro, funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Marta Villanueva Rodríguez, funcionaria do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia.

Miguel García Cabreros, funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Tribunal suplente:

Presidencia: María Belén Liste Lázara, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Secretaría: Alba Paz Boubeta, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

Marta Ramos Lage, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Pilar Pena Casas, funcionaria do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia.

María Baleato González, funcionaria do corpo de funcionarios da Administración local con habilitación de carácter estatal.