Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37316

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de decembro de 2011 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, pola Orde da Consellería de Facenda do 27 de xullo de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia número 144, do 28 de xullo, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2011.

Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda

ANEXO
Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2,
escala de arquitectos técnicos

Tribunal titular:

Presidencia: Juan José Castro Dapena, funcionario pertencente ao corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de arquitectos.

Secretaría: Montserrat Conde López, funcionaria pertencente ao corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

Remigio Julio Rodríguez Mantiñán, funcionario pertencente ao corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de arquitectos.

Pablo Díaz Vázquez, funcionario pertencente ao corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de subinspección urbanística.

Emilio Costa Ferrer, funcionario pertencente á subescala técnica da Administración especial do concello de Pontevedra, arquitecto técnico-aparellador.

Tribunal suplente:

Presidencia: Ismael García Legide, funcionario pertencente ao corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de arquitectos.

Secretaría: Beatriz García de Francisco, funcionaria pertencente ao corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

María Victoria de Dios Vieitez, funcionaria do corpo de profesores titulares de Universidade, dereito administrativo.

María Consuelo López Núñez, funcionaria pertencente ao corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de subinspección urbanística.

Luis Costa Ferrer, funcionario pertencente á subescala técnica da Administración especial do concello de Pontevedra, arquitecto técnico-aparellador.