Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37318

IV. Oposicións e concursos

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2011 pola que se resolve concurso de traslados 011/02 para cubrir tres prazas.

Ao abeiro do disposto na disposición adicional segunda do Decreto 360/1998, do 4 de decembro, anúnciase que o director xeral do CIXTEC ditou Resolución do 1 de decembro de 2011 pola que se resolve definitivamente a convocatoria do concurso de traslados 011/02, para a provisión de postos de traballo neste centro. A asignación das prazas da dita convocatoria está á disposición dos interesados nas dependencias do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), sito na rúa Domingo Fontán, n.º 9, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2011.

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable