Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 328

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na comunidade autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai a realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

3. Data: do 13 ao 16 de febreiro de 2012.

4. Lugar de realización: instalacións de Biocontrol, avda. Primo de Rivera n.º 4, 2.º local 6-7,15006 A Coruña.

5. Número de prazas: máximo 20 alumnos.

6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscrición.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo modelo anexo.

9. Programa.

Día 13.2.2012

16.00-21.15 h.

Biocidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación I.

Riscos para o home derivados do uso dos biocidas. Lexislación II.

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de biocidas.

Exercicios prácticos: fichas de datos de seguridade.

Exercicios prácticos: interpretación de pictogramas e etiquetas de biocidas.

Día 14.2.2012

16.00-21.15 h.

Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas. Pragas de interese en saúde pública.

Día 15.2.2012

16.00-21.15 h.

Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación.

Exercicios prácticos: preparación e cálculo de disolucións. Uso adecuado dos medios de protección persoal.

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios na intoxicación por biocidas.

Prácticas de primeiros auxilios.

Día 16.2.2012

16.00-21.15 h.

Biocidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases.

Residuos de biocidas e contaminación.

Medidas preventivas da contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico. Xestión de residuos.

21.15-22.15 h.

Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso: é obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente con que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2011.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Biocontrol e Calidade Alimentaria. S.L.U.

Datas: do 13 ao 16 de febreiro de 2012.

Lugar de realización do curso: instalacións de Biocontrol, avda. Primo de Rivera n.º 4, 2.º local 6-7, 15006 A Coruña.

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: do 13 ao 15 de febreiro de 16.00-21.15 horas, o día 16 de febreiro de 16.00-22.15 horas.

N.º de prazas: 20 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., avda. Primo de Rivera n.º 4, 2.º local 6-7, 15006 (A Coruña). Tel.: 981 24 54 18-fax: 981 16 81 59, correo electrónico: biocontrol@biocontrolbcl.com

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude

Empresa: CIF:

Enderezo: CP:

Localidade: Provincia:

Teléfono: Fax:

Correo electrónico:

Apelidos, nome

NIF