Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2012 Páx. 2585

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Camariñas (expediente IN407A 145/2011).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. Camariñas-centro.

Situación: concello de Camariñas.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (L.M.T.S.), cunha lonxitude de 0,342 km, con condutor R.H.Z.-2OL-12/20 kV Al 3(1×240) mm² Al, con orixe na L.M.T.S. DVL-806 no tramo ao C.T. estrada Faro Castelo (expediente IN407A 2000/141) e final na mesma liña unha vez que entre e saia do C.T. proxectado.

– Centro de transformación (C.T.) prefabricado subterráneo, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V, que se instalará na praza do mercado municipal, no concello de Camariñas.

– Rede de baixa tensión (R.B.T.) subterránea, composta de 4 circuítos, cunha lonxitude total de 0,780 km, con orixe no C.T. proxectado e final na rede aérea existente, con condutor tipo X.Z.1-0,6/1 kV 4(1×240) mm² Al.

– Rede de baixa tensión aérea, de lonxitude 68 metros, en condutor R.Z. 3×95/54,6 Al.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 19 de decembro de 2011.

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial