Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2012 Páx. 2583

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 369/2006).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I L.M.T.S., C.T., R.B.T. Costenla.

Situación: concello de Carballo.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,216 km, con orixe no apoio existente n.º 3 da L.M.T. LAR-703, tramo entre derivación a C.T. A Imende (expediente 31914) e derivación a C.T. Monte da Mina (expediente 51821), en condutor tipo LA-56, e final no C.T. Costenla (proxectado).

Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 100 kVA e relación de transformación de 15.000/400-230 V, que se situará no lugar de Vilar de Peres-Noicela, no concello de Carballo.

Liña de baixa tensión aérea cunha lonxitude de 1,545 km, con orixe no C.T. proxectado da Costenla, con condutores tipo R.Z., e sobre apoios de formigón.

Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 0,116 km, coa orixe no apoio n.º 24 proxectado e puntos de acceso a rede de baixa tensión proxectados n.º 48, 58, 62 e 66, con condutores tipo XZ1.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 16 de decembro de 2011.

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial