Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2012 Páx. 2546

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se lles dá publicidade ás bolsas concedidas ao abeiro da Orde do 24 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os titulados en ciclos formativos de acuicultura, que se tramita como gasto financiable para levar a cabo unha actividade elixible dentro do Programa operativo Fondo Social Europeo Galicia 2007-2013.

De conformidade co establecido nos artigos 6 e 7.2 d) do Regulamento (CE) n.º 1828/2006, do 8 de decembro, da Comisión, no artigo 15.2 c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13, punto 4, da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a disposición adicional primeira da orde reguladora dispón: «A Consellería do Mar publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con suxeición a esta orde, indicando o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, a cantidade concedida e a finalidade da subvención».

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das axudas concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.422K 480.0 para a concesión de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os titulados en ciclos formativos de acuicultura.

Beneficiarios das axudas, importe concedido e finalidade: ver anexo.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2011.

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Bolseira/o

NIF

Finalidade

Importe total

Ana Lutres Balboa

76930175-M

Bolsa tutelada

17.160,00 €

Guillermo Montero Vázquez

35474234-T

Bolsa tutelada

17.160,00 €

Iria Fernández Yáñez

34882447-A

Bolsa tutelada

17.160,00 €

Verónica Pérez Souto

53611135-K

Bolsa tutelada

16.802,50 €