Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2012 Páx. 2547

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Radiocomunicación e Enxeñaría Electromagnética.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros de 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Radiocomunicación e Enxeñaría Electromagnética pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Radiocomunicación e Enxeñaría Electromagnética

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

30

Optativas

12

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

18

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Introdución á Investigación e Xestión de Proxectos I+D+i

3

Obrigatorio

Materias obrigatorias

Fundamentos de Enxeñaría Electromagnética

9

Obrigatorio

Técnicas de Análise Electromagnética

6

Obrigatorio

Radiocomunicación: Modelado Estatístico da Canle e Subsistemas de Radio

6

Obrigatorio

Tecnoloxía Óptica Aplicada a Radiocomunicacións

6

Obrigatorio

Deseño Avanzado de Antenas

3

Optativo

Materias optativas

Tecnoloxía en THz para Aplicacións de Obtención de Información Mediante Sensores Electromagnéticos

3

Optativo

Deseño de Sistemas Vía Satélite (Picosatélite)

3

Optativo

Tecnoloxía Cuántica en Redes de Comunicacións

3

Optativo

Planificación e Realización de Campaña de Medidas en Interior e Exterior

3

Optativo

Sistemas de Radiocomunicacións

3

Optativo

Efectos Biolóxicos da Radiación Electromagnética

3

Optativo

Traballo fin de máster

18

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Radiocomunicación e Enxeñaría Electromagnética o alumnado deberá superar 48 ECTS obrigatorios e 12 ECTS optativos.