Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2012 Páx. 2551

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Tecnoloxías Avanzadas de Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Tecnoloxías Avanzadas de Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Tecnoloxías Avanzadas de Procesos
de Deseño e Fabricación Mecánica

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorios

42

Optativas

0

Prácticas externas

9

Traballo fin de máster

9

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Máster

Planificación, Xestión e Desenvolvemento de Proxectos

3

Obrigatorio

Ferramentas para a Xestión de Procesos de Deseño e Fabricación

Produto e Proceso. Industrialización

3

Obrigatorio

Sustentabilidade no Deseño de Produtos e Sistemas de Fabricación

3

Obrigatorio

Xestión de Recursos Humanos

3

Obrigatorio

Inglés Técnico

3

Obrigatorio

Procesos Avanzados de Fabricación

9

Obrigatorio

Tecnoloxías Avanzadas de Deseño e Fabricación

Ferramentas CAD para Deseño Mecánico

3

Obrigatorio

Ferramentas CAD/CAM para Procesos de Fabricación

3

Obrigatorio

Ferramentas CAE para Procesos de Fabricación. Desenvolvemento de Moldes, Matrices e Troqueis

3

Obrigatorio

Sistemas de Medición e Control

3

Obrigatorio

Novas Estratexias de Fabricación

3

Obrigatorio

Simulación de Procesos e Sistemas de Fabricación

3

Obrigatorio

Prácticas en Empresas

9

Obrigatorio

Prácticas en Empresa

Traballo fin de máster

9

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Tecnoloxías Avanzadas de Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica o alumnado deberá superar 60 ECTS obrigatorios.