Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2012 Páx. 2549

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Tecnoloxía Ambiental.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 12 de novembro de 2010 (publicado no BOE do 16 de decembro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 22 de novembro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Tecnoloxía Ambiental pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Tecnoloxía Ambiental

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

0

Optativas

42

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

18

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Metodoloxías de Avaliación de Impacto Ambiental

6

Optativa

I.Transversal: Tecnoloxías Xerais

Fotogrametría e Láser Terrestre: Aplicacións Ambientais

6

Optativa

Deseño e Análise de Experimentos

6

Optativa

Técnicas GPS Aplicadas ao Ambiente

6

Optativa

Aplicación dos Sistemas de Información Xeográfica a Problemas Ambientais

6

Optativa

Teledetección Ambiental

6

Optativa

Aproveitamento Sustentable dos Recursos Minerais

6

Optativa

II. Especialización: Tecnoloxías Específicas para Recursos non Renovables

Explotación e Xestión do Espazo Subterráneo e o seu Impacto Ambiental

6

Optativa

Contaminación de Solos e Remediación

6

Optativa

Técnicas Xeomáticas Avanzadas para o Control de Recursos non Renovables

6

Optativa

Estabilidade de Noiros de Rocha e Integración na Contorna

6

Optativa

Técnicas de Concentración de Minerais Pesados

6

Optativa

Avaliación do Estado de Conservación do Bosque a través de Bioindicadores Vexetais

6.0

Optativa

III. Especialización: Tecnoloxías Específicas para Recursos Renovables

Produtividade en Ecosistemas Forestais

6.0

Optativa

Impacto Ambiental de Incendios Forestais

6.0

Optativa


Xestión Integral dos Recursos Hídricos

6

Optativa

Enerxías Renovables e Ambiente

6

Optativa

Avaliación do Estado de Conservación dos Bosques de Galicia

6

Optativa

Traballo fin de máster

18

Obrigatoria

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Tecnoloxía Ambiental o alumnado deberá superar 18 ECTS obrigatorios e 42 ECTS optativos (18 ECTS para escoller entre os ofertados no módulo I e 24 ECTS para escoller entre os módulos II ou III).