Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3481

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 27 de outubro de 2011, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2012, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 214, do 9 de novembro de 2011, é necesario facer as seguintes correccións:

No anexo II, provincia de Lugo, na páxina 32723, onde di: «47. Pontenova, A: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de outubro, As Feiras da Pontenova», debe dicir: «47. Pontenova, A: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 15 de outubro, luns das festas da Pontenova».

No anexo II, provincia de Lugo, na páxina 32724, onde di: «55. Samos: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de xullo, Luns de San Bieito», debe dicir: «55. Samos: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de xullo, Luns de San Bieito».