Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3897

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, pola que se fan públicos diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 17 de xaneiro de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de novembro de 2011 (DOG número 224, do 23 de novembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG número 142, do 26 de xullo), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Modificar no modelo de respostas publicado as contestacións ás preguntas número 1, 25, 91 e 95 do primeiro exercicio, de maneira que as respostas correctas son as letras c), a), d) e c) respectivamente.

Segundo. Anular, con base nas alegacións presentadas, as preguntas número 9, 17, 47, 52, 79, 104, 109, 112, 119 e 128, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva números 151, 152 e 153.

Terceiro. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Cuarto. Que, de acordo co establecido na base II.1.1.1 da orde da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos, fixándose en setenta e oito (78) o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na mesma base.

Quinto. Para a quenda específica da base I.1.1, acceso reservado a persoas con discapacidade, e de acordo co establecido nas bases II.1.1.1 e II.1.2.7 da orde de convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos, fixándose en cincuenta e nove (59) o número de respostas correctas e unha vez feitas as deducións previstas na citada base II.1.1.1.

Sexto. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polos/polas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Sétimo. Que, de acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2012.

María Antonia Arias Bouzas
Presidenta do tribunal