Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3899

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal licenciado sanitario (xefatura de unidade de Atención Primaria).

De conformidade co establecido no artigo 7.j) da Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, dun posto de persoal licenciado sanitario (xefatura de unidade de Atención Primaria para a unidade de Atención Primaria de Monteporreiro).

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica vixente.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no rexistro sito na avenida de Vigo n.º 16 de Pontevedra, ou no rexistro do Hospital Provincial de Pontevedra. Poderán, así mesmo, presentarse a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia da Xestión Integrada de Pontevedra, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Pontevedra, 28 de novembro de 2011.

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés