Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3902

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión dun posto de condutor de instalacións para o Servizo de Electromedicina no Hospital A Coruña.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG n.º 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG n.º 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG n.º 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG n.º 119, do 19 de xuño), modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso de méritos, un posto de condutor de instalacións para o Servizo de Electromedicina do Hospital A Coruña da Estrutura de Xestión Integrada da Coruña, segundo se especifica no anexo desta resolución.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica vixente.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, no Rexistro do Hospital A Coruña, sito nas Xubias de Arriba n.º 84, 15006 A Coruña ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Estrutura de Xestión Integrada da Coruña, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

A Coruña, 20 de decembro de 2011.

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: condutor de instalacións para o Servizo de Electromedicina no Hospital A Coruña da Xestión Integrada da Coruña.

Grupo de clasificación: C2.

N.º de vacantes: 1.