Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3900

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión de tres postos de condutor de instalacións para o Hospital Teresa Herrera.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG n.º 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG n.º 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG n.º 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG n.º 119, do 19 de xuño), modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso de méritos, tres postos de condutor de instalacións para o Hospital Teresa Herrera, segundo se especifica no anexo desta resolución.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica vixente.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse, no Rexistro do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, As Xubias de Arriba, n.º 84, 15006 A Coruña ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

A Coruña, 17 de xuño de 2011.

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: condutor de instalacións do Hospital Teresa Herrera.

Grupo de clasificación: C2.

N.º de vacantes: 3.