Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2012 Páx. 5735

IV. Oposicións e concursos

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2012 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo neste centro.

Ao abeiro do disposto na disposición adicional segunda do Decreto 360/1998, do 4 de decembro, anúnciase a convocatoria, para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo no CIXTEC. As bases da convocatoria están á disposición dos interesados (persoal do CIXTEC) no taboleiro de anuncios das dependencias do referido centro (rúa Domingo Fontán, 9, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2012.

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable