Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2012 Páx. 5736

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (17/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 17/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Alexandre Pacheco dos Santos contra a empresa Revoco de Baos, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sinálase nova comparecencia, en que se citan as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fíxase o próximo día 20 de febreiro de 2012 ás 9.50 horas para a comparecencia. De non asistir o traballador ou persoa que o represente terase por desistido na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante realizarase o acto sen a súa presenza.

Cítase a empresa executada por medio de edictos que se publicarán no taboleiro de anuncios do xulgado e no DOG.

Prevencións legais.

1. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, continuando este sen necesidade de declarar a súa rebeldía (art. 83.3 LPL).

2. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que intente valerse (art. 82.2 LPL).

Poderán, así mesmo, solicitar, polo menos con dez días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, debendo practicarse nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (art. 90.2 LPL).

3. Debe comunicar a esta oficina xudicial calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso (art. 155.5, parágrafo 1.º, da LAC).

4. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que se convoca (art. 183 LAC).

E para que sirva de notificación en legal forma a Revoco de Baos, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 24 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial