Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6180

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 13 de febreiro de 2012 pola que se nomean os membros da Comisión Técnica de Valoración da proba do galego no concurso unitario de traslados de funcionarios con habilitación de carácter estatal, se convocan os concursantes para a realización da proba e se fai pública a data, a hora e o lugar de realización.

Por Resolución do 27 de outubro de 2011, da Dirección Xeral de Cooperación Local do Ministerio de Política Territorial e Administración Pública, convocouse concurso unitario de traslados para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal (BOE n.º 276, do 16 de novembro).

De acordo co disposto na base quinta da antedita resolución, en aplicación do artigo 3 do Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, os concursantes que non acrediten coa solicitude de participación no concurso estar en posesión do Celga 4 ou equivalente, participarán nunha proba de galego eliminatoria.

No citado precepto establécese que a valoración da dita proba será realizada por unha comisión tećnica composta por tres persoas expertas na materia, nomeando cada membro titular un suplente.

Na súa virtude, vista a proposta realizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, esta Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear as persoas que a continuación se relacionan membros da Comisión Técnica de Valoración da proba do galego no concurso unitario de traslados para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal:

– Titulares:

María Cuquejo Enríquez.

Xoán Rivas Cid.

Noemí Álvarez Villar.

– Suplentes:

Beatriz García Turnes.

Xaime Varela Sieiro.

Pura Galán Boutureira.

Esta comisión terá a categoría primeira das previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

Segundo. Convocar os concursantes que non acreditaron xunto coa solicitude de participación no concurso unitario de traslados convocado por Resolución do 27 de outubro de 2011 estar en posesión do Celga 4 ou equivalente para a realización dunha proba eliminatoria de galego.

A relación de concursantes que deberá realizar a devandita proba exporase no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Administración Local e na páxina web (http://www.eidolocal.es).

Terceiro. A proba terá lugar o vindeiro día 20 de febreiro de 2012, ás 9.00 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid n.º 2-4 en Santiago de Compostela.

Os concursantes deberán ir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo da Comisión.

Non se permitirá o acceso ao lugar da proba con teléfono móbil, axendas ou demais dispositivos de carácter electrónico.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2012.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza