Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9157

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2012 pola que se procede á convocatoria pública das subvencións en réxime de concorrencia non competitiva dirixidas ás persoas titulares das vivendas arrendadas no marco do Programa Aluga, no exercicio 2012.

O Decreto 84/2010, do 27 de maio, polo que se regula o Programa Aluga, para o fomento do aluguer de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG n.º 103, do 2 de xuño, corrección de erros DOG n.º 114, do 17 de xuño) establece dúas modalidades de subvención dirixidas aos titulares das vivendas arrendadas no marco do citado programa: subvención para o financiamento parcial das obras e actuacións de reformas que precisen as vivendas para a súa incorporación ao Programa Aluga (artigo 38 a 41) e a subvención de gastos derivados do aluguer en contía equivalente a unha porcentaxe do recibo do imposto de bens inmobles (IBI) da última anualidade vencida e proporcional ao tempo que a vivenda estivese arrendada no ano 2011 (artigo 38 e 42).

Esta convocatoria suxéitase ao disposto na Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no seu regulamento, así como ao establecido no Decreto 84/2010, do 27 de maio.

De conformidade co establecido no artigo 7 da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia, en relación co artigo 36 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, e co artigo 4 do Decreto 317/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), a competencia corresponde ao presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

En uso da referida autorización,

RESOLVO:

I. Disposicións xerais.

Primeiro. Bases reguladoras das subvencións dirixidas ás persoas titulares das vivendas incorporadas ao Programa Aluga.

As bases reguladoras das subvencións previstas nesta convocatoria están establecidas no título IV e, cando sexa de aplicación, no previsto no réxime transitorio do Decreto 84/2010, do 27 de maio, polo que se regula o Programa Aluga, para o fomento do aluguer de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG n.º 103, do 2 de xuño; corrección de erros DOG n.º 114, do 17 de xuño).

Segundo. Obxecto.

1. Esta resolución ten por obxecto proceder á convocatoria no exercicio 2012, en réxime de concorrencia non competitiva, das seguintes liñas de axuda:

a) Subvención de obras e actuacións de reforma nas vivendas, regulada nos artigos 38 a 41 do Decreto 84/2010, do 27 de maio.

b) Subvención de gastos derivados do aluguer, regulada nos artigos 38 e 42 do Decreto 84/2010, do 27 de maio.

2. Esta convocatoria tamén será de aplicación ás solicitudes de axuda presentadas ao abeiro do establecido nas disposicións transitorias segunda e terceira do Decreto 84/2010, do 27 de maio, así como na disposición adicional quinta do citado decreto.

Terceiro. Orzamento.

1. A aplicación do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2012 onde figuran os créditos con cargo aos cales serán atendidas as solicitudes da subvención para obras e actuacións de reforma nas vivendas, así como o importe ou contía máxima das subvencións que se poderán outorgar no exercicio 2012, é a seguinte:

Aplicación orzamentaria

Importe máximo. Exercicio 2012

07.83.451A.780.3

250.000,00 €

2. A aplicación do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2012 onde figuran os créditos con cargo aos cales serán atendidas as solicitudes da subvención de gastos derivados do aluguer, así como o importe máximo das subvencións que se poderán outorgar no exercicio 2012, é a seguinte:

Aplicación orzamentaria

Importe máximo. Exercicio 2012

07.83.451B.480.1

250.000,00 €

3. O importe máximo das subvencións obxecto desta convocatoria poderá incrementarse en función das solicitudes e das dispoñibilidades orzamentarias nas citadas aplicacións, sempre que concorra algún dos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. De producirse un incremento do crédito destinado á concesión destas subvencións publicarase no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, a concesión das subvencións previstas nesta resolución quedará condicionada á existencia de dispoñibilidade orzamentaria no momento de se ditar a resolución de concesión.

II. Subvención de obras e actuacións de reforma.

Cuarto. Beneficiarias.

Serán beneficiarias da subvención de obras e actuacións de reforma as persoas físicas titulares dunha vivenda arrendada no marco do Programa Aluga, sempre que se cumpran os requisitos e condicións establecidos no artigo 38 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, e se trate de obras subvencionables de acordo co establecido no seu artigo 39. Tamén poderán optar a esta modalidade de axuda as persoas xurídicas nos supostos previstos nas disposicións transitorias segunda e terceira do citado decreto.

Quinto. Contía da subvención.

A contía desta subvención determinarase de acordo cos criterios e límites establecidos no artigo 40 do Decreto 84/2010, do 27 de maio. Nos supostos previstos nas disposicións transitorias segunda e terceira do antedito decreto será aplicable a contía, ata o seu importe máximo, da subvención para a rehabilitación de vivendas prevista no Decreto 48/2006, do 23 de febreiro.

Sexto. Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes poderán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo I desta resolución nas oficinas do Rexistro do Instituto Galego da Vivenda e Solo, das súas áreas provinciais ou dos seus servizos centrais ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Así mesmo, poderán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es

2. Xunto coa solicitude deberá achegarse, en orixinal ou copia compulsada, a seguinte documentación:

a) Para o caso de que non conste no expediente e de non autorizar a consulta telemática da Administración, DNI ou NIE de todos os titulares da vivenda.

b) Facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil e os comprobantes do seu pagamento, xunto cunha relación delas (no modelo anexo IB).

c) Declaración responsable do cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 38.1 do Decreto 84/2010, do 27 de maio (no modelo anexo IC).

d) Declaración responsable das subvencións, axudas, recursos ou ingresos solicitadas e/ou concedidas para a mesma finalidade polas administracións públicas competentes, entes públicos ou privados, ou, de ser o caso, unha declaración de que non se solicitaron nin percibiron outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade (no modelo do anexo IC).

e) Para o caso de que se denegue expresamente a autorización ao IGVS para solicitar as certificacións que deben emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e a Consellería de Facenda, deberá presentarse a documentación acreditativa de estar ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter débedas por ningún concepto coa Administración pública da comunidade autónoma.

Sétimo. Prazo de presentación.

As solicitudes deberán presentarse entre a data de formalización do primeiro contrato de arrendamento e o día 15 do mes seguinte.

III. Subvención de gastos derivados do aluguer.

Oitavo. Beneficiarias.

Serán beneficiarias da subvención de gastos derivados do aluguer as persoas físicas que sexan titulares dunha vivenda arrendada no marco do Programa Aluga no ano 2011, sempre que se cumpran os requisitos e condicións establecidos no artigo 38 do Decreto 84/2010, do 27 de maio.

Noveno. Contía da subvención.

De acordo co establecido no artigo 42 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, a contía desta subvención poderá acadar unha contía equivalente ao 50% do importe do recibo do imposto de bens inmobles (IBI) da última anualidade vencida (2011), correspondente á vivenda e, se for o caso, ao garaxe obxecto do contrato de arrendamento formalizado ao abeiro do Programa Aluga, co límite máximo de 100 € por vivenda e anualidade, e concederase en contía proporcional ao tempo en que a vivenda estivese arrendada na anualidade de referencia do recibo do IBI.

Décimo. Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes poderán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo II desta resolución nas oficinas do Rexistro do Instituto Galego da Vivenda e Solo, das súas áreas provinciais ou dos seus servizos centrais, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Así mesmo, poderán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es

2. Xunto coa solicitude deberá achegarse, en orixinal ou copia compulsada, a seguinte documentación:

a) A documentación sinalada nas alíneas a), c), d) e e) do punto sexto, número 2 da presente resolución.

b) Recibo do imposto de bens inmobles (IBI) da última anualidade vencida previamente liquidado, correspondente ao exercicio contributivo 2011, pertencente á vivenda e, se for o caso, o referente ao garaxe obxecto do contrato de arrendamento.

Décimo primeiro. Prazo de presentación.

O prazo de presentación das solicitudes desta subvención estenderase desde o día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de abril de 2012.

IV. Normas comúns.

Décimo segundo. Órganos competentes para a instrucción e resolución.

De conformidade co establecido no artigo 48.5 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, a tramitación, instrución e formulación da proposta de resolución das subvencións dirixidas aos titulares das vivendas corresponde á dirección técnica de actuacións en aluguer e a competencia para resolver corresponde ao director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Décimo terceiro. Prazo de resolución e notificación.

1. De acordo co establecido no artigo 48.4 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, o prazo para ditar resolución será de seis meses desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para resolver.

2. As resolucións que se diten nestes procedementos serán notificadas aos interesados dentro do prazo de dez días a partir da data en que foran ditadas, de acordo co previsto nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Décimo cuarto. Recursos.

As resolucións que se diten nos procedementos de concesión de subvencións previstas nesta convocatoria porán fin á vía administrativa, e, contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da dita xurisdición, nos prazos sinalados no artigo 48.6 do Decreto 84/2010.

Décimo quinto. Autorizacións.

Ademais das autorizacións para a obtención de datos previstas no artigo 53 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, coa presentación da solicitude ao abeiro desta convocatoria:

a) A persoa interesada autoriza expresamente o IGVS para incluír e facer públicos os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, nos rexistros públicos previstos no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006. Poderanse exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición respecto do contido destes rexistros, de conformidade co establecido no artigo 10 do Decreto 132/2006.

b) E comportará a autorización ao IGVS para que, de acordo co establecido no artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e no artigo 15 da Lei de subvencións de Galicia, publique as subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web.

Décimo sexto. Obrigas dos beneficiarios e reintegro das subvencións.

Os beneficiarios das axudas previstas nesta resolución están suxeitos ás obrigas previstas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como ao reintegro das cantidades percibidas en concepto de subvención nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, e seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da citada lei, tal como se recolle nos artigos 49 e 52 do Decreto 84/2010, do 27 de maio.

Décimo sétimo. Solicitudes non atendidas no exercicio anterior.

As solicitudes de subvención non atendidas por falta de dispoñibilidade orzamentaria no exercicio 2011 poderán solicitarse de novo neste exercicio económico, dentro do prazo dun mes desde a entrada en vigor da presente resolución.

Décimo oitavo. Entrada en vigor.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2012.

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file