Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9156

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2012 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xullo) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria no terceiro cuadrimestre do ano 2011, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2012.

Alejandra Álvarez de Mon Rego
Directora do Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Achega total do Ingacal

Instituto Galego da Calidade Alimentaria e Delagro, S. Coop.

Colaboración para o desenvolvemento do proxecto Profer-Proxecto para a obtención de fórmulas fertilizantes racionais e sustentables destinadas aos cultivos de millo e pradeira en Galicia

14.11.2011

Sen obriga económica