Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de servizos de catalogación de impresos anteriores a 1958 procedentes de bibliotecas de Galicia e con destino á base de datos do Catálogo colectivo do patrimonio bibliográfico de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural. Secretaría Xeral Técnica.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: catalogación de impresos anteriores a 1958 procedentes de bibliotecas de Galicia e con destino á base de datos do Catálogo colectivo do patrimonio bibliográfico de Galicia.

c) Prazo de execución: o contrato terá un prazo máximo de execución de dous (2) meses, que empezará a contar desde o día seguinte á sinatura do contrato, sen posibilidade de prórroga.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 162.147,46 €.

IVE (18%): 29.186,54 €.

Importe total: 191.334,00 €, IVE incluído.

Anualidades: 2012: 191.334,00 € c/IVE.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación de Bens e Servizos Culturais da Secretaría Xeral Técnica.

b) Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17292

Información de índole administrativa 981 54 48 71.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación requirida: grupo M, subgrupo 5, categoría B.

b) Solvencia técnica específica: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 12.1.i) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: antes do décimo quinto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, edificio administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 11.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Secretaría Xeral de Cultura na data e na hora que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é 10,82 €.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2012.

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria