Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10832

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabana de Bergantiños

ANUNCIO de licenza de actividade de cemiterio.

Antonio Méndez Farto, en nome e representación do Arcebispado de Santiago de Compostela, solicitou licenza municipal de actividade pola ampliación do cemiterio parroquial de Canduas (Cabana de Bergantiños), e cumprindo co disposto no artigo 51 do Decreto 134/1998, do 23 de abril, de policía sanitaria mortuoria, sométese a información pública, por período de 15 días, co fin de que durante este (que comezará a contarse desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG), poida examinarse o expediente na Secretaría deste concello polas persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Cabana de Bergantiños, 10 de febreiro de 2012.

José Muíño Domínguez
Alcalde